Sergio Caamaño

Sergio Caamaño

Falta 1 mes para a celebración da XXI Mostra do Encaixe de Camariñas. O Concello está a pleno rendemento ultimando os preparativos para este evento. De momento xa temos confirmados a ocupación de 26 stands para tendas de encaixe, 6 máis ca o ano pasado.

 

O pasado martes 22 de febreiro celebrouse un pleno extraordinario no Concello de Camariñas onde un dos puntos da Orde do Día era a modificación dos prezos da XXI Mostra do Encaixe de Camariñas.
A XXI Mostra do Encaixe de Camariñas xa conta co seu habitual cartel. No deseño deste ano podemos ver unha bonita montaxe dunha rapaza cun vestido de Encaixe de Camariñas. O que se quixo pretender con este cartel foi representar a beleza do Encaixe de Camariñas a traves dunha peza única.
Este luns na Casa do Concello reunímonos cos lindantes da pista da igrexa de Xaviña. O obxecto da reunión foi realiza-la acta previa á ocupación dos terreos afectados pola expropiación necesaria para a construción das beirarrúas na marxe dereita da pista á Igrexa de Xaviña.
Sucedeu entre os días 8-9 de novembro do 2010. Todos recordamos esa data como os días que un temporal chamado Becky visitaba o noso concello para arrasar con gran parte da nosa costa.
Debería chamarnos a atención o estraño apoio que anda a prestar ultimamente o PP ós “propietarios lexítimos” duns terreos no Alto da Vela. Ou máis ben debería preocuparnos que un partido e uns concelleiros estean dedicados á defensa dos intereses privados que van directamente en contra dos intereses públicos que teñen a obriga de defender.
Unha inmensa maioría do programa electoral da actual lexislatura foi executado. Agora toca o momento de elaborar o próximo programa electoral acorde cas novas necesidades do noso concello e dos nosos cidadáns e cidadanas.
O Alcalde de Camariñas vai solicitar un programa de compostaxe e máis contenedores para o Concello co fin de seguir mellorando a xestión de residuos.
O Concello está a preparar un programa para facer un irmandamento con dous concellos europeos. Camariñas, Novedrate e Peniche serán os primeiros concellos español, italiano e portugués que creen unha irmandade do encaixe.
O Concello de Camariñas xa ten a declaración da Xunta de Galicia para a urxente ocupación necesaria para rematar as obras de construción de beirarrúas na marxe dereita da pista á igrexa de Xaviña.
Páxina 9 de 10