Sergio Caamaño

Sergio Caamaño

Hoxe venres 14 de outubro constituímos o grupo local do proxecto YPAD "Xuventude e Desenvolvemento". Nel van participar dez mozos e mozas do Concello de Camariñas.

 

O Concello de Camariñas participa no Proxecto “Xuventude e Desenvolvemento” do programa Europa dos Cidadáns da UE, ”, YPAD . Participarán mozos e mozas de 18 a 25 anos de seis concellos de España, Italia, Suecia e Finlandia.
No proxecto traballarase coñecendo as experiencias dos municipios socios en desemprego, formación, autoemprego, proxectos emprendedores e mellora da comunicación entre os concello e a xuventude. 
A empresa SEAGA abríu o prazo para as ofertas de emprego. Todos aqueles veciños que estiveran anotados o ano pasado poderán comprobar por internet na páxina www.epseaga.com a súa situación e mirar de actualizar os méritos.

 

Unha das prioridades nestes momentos é o emprego. A escasez del no noso concello enmarcado no panorama mundial fai que non cesemos no empeño de atraer ó máximo número de postos de traballo a Camariñas. Así, a parte doutras intervencións máis encamiñadas a empresas, o Alcalde de Camariñas solicita todas aquelas subvencións e adscríbese a todo aquel programa que signifique emprego. Un claro exemplo son as escolas obradoiro, os obradoiros de emprego, as actuacións de formación para desempregados, etc., que se solicitan á Xunta de Galicia e que esta sen reparos decide non conceder.

 

O pasado martes 26 de setembro estivo Agustín Hernández, Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, en Camariñas. A razón da súa visita: inaugurar a posta en funcionamento oficial da depuradora de Camelle e de Arou que foi aprobada polo anterior Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño. Básicamente isto foi o que fixo.
Na área de Desenvolvemento estamos a preparar un programa de actividades e formación para empresas, desempregados e emprendedores. Dentro dunhas semanas o Concello de Camariñas sacará o seu programa anual de actividades. O Alcalde e os concelleiros do grupo municipal socialista levamos varias semanas traballando nunha programación que sexa o máis adecuada posible ós intereses de tódolos cidadáns.

 

O Concello de Camariñas acaba de comprar unha cisterna contra incendios transportable. Esta foi unha aposta decidida do Alcalde de Camariñas para mellorar os medios municipais no caso dun incendio forestal.
O ano pasado levamos adiante un plan especial de emprego para contratar o maior número de traballadores posible que nos permitira o noso presuposto. O traballo previo consistíu na solicitude de axudas en materia de contratación. Se ben é certo que os concellos non teñen competencias en emprego, o Concello de Camariñas distínguese por acercar estes servizos ós nosos veciños. Somos dos poucos concellos que contan cun servizo de orientación laboral. Na Casa de Pedra dispoñemos dunha máquina para selar o paro ca huella dixital. E temos o despacho sempre aberto para atender as demandas de tódolos veciños.

 

O compromiso co medio ambiente é un feito no Concello de Camariñas. Xa na anterior lexislatura o Alcalde de Camariñas fixo fincapé en temas ambientais, sobre todo na recollida selectiva e na xestión de residuos.
O Concello de Camariñas vai participar no proxecto europeo “Xuventude e Desenvolvemento”, YPAD nas súas siglas en inglés. O proxecto vai ser financiado polo programa “Europa dos cidadáns” da Unión Europea. Este programa ten como obxectivos xerais desenvolver o sentimento de pertinencia e de identidade europea, mellorar o coñecemento mutuo e a tolerancia entre os cidadáns europeos, fomentar o diálogo intercultural e acercar a Unión Europea aos cidadáns. Estes obxectivos preténdense conseguir ao través da cooperación e do intercambio entre os cidadáns e entre os municipios da unión. Por este motivo, este programa financia tamén os encontros de irmandamentos entre municipios.

 

Páxina 8 de 10