Sergio Caamaño

Sergio Caamaño

Hai uns días o Diario Oficial de Galicia anunciaba que se ampliaba a Rede Natura. Cando escoitas ese anuncio non sabes que pensar. Será bo ou malo que amplien a Rede Natura?
Aí atrás anunciábamos as axudas do plan renove para fiestras, axudas da renta de emancipación e renovación de vehículos. Agora queremos darlle publicidade o plan renove de calefacción e iluminación interior.
O sábado pola mañá, día de noiteboa, o alcalde de Camariñas tivo unha reunión ca directiva de Montes e de Veciños de Xaviña. Os veciños de Xaviña pasáronlle unha carta a Pichurri na que se lle agradecía parte das peticións que se fixeron a raíz da última asemblea ordinaria de veciños: cambiouse a portería que había estropeada no polideportivo, limpouse con máis regularidade o parque infantil, arranxouse a fonte de Tasaraño e estase a rematar as beirarrúas da igrexa.

 

Estes días están saíndo publicadas varias axudas que vos poda ser de interese.
Coma sempre poñemos a disposición a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas para axudar a tramitar todas elas.

Do 6 ao 8 de decembro a sede móbil do Centro de Coñecemento da Costa da Morte estará en Camariñas.

 

Dende hai unhas semanas continúan abrindo categorías para as listas de persoal temporal do Servizo Galego de Saúde. As listas irán abrindo en distintos prazos segundo as categorías.
Encontro en Suecia de mozos de Camariñas de outros catro municipios europeos
Unha delegación do Concello de Camariñas ven de realizar unha viaxe á cidade sueca de Pitea, lideres do proxecto no que participa xunto con Ferrol e dous concellos italianos  e outro finés.
O sábado realizamos o Seminario de Motivación Emprendedora no Concello de Camariñas.
Doce veciños e veciñas asistiron a este primeiro seminario que forma parte dun itinerario formativo de BIC Galicia.
Rematado xa o curso de "Correo electrónico" comezamos novembro cunha nova tandada de cursos. O primeiro será o próximo 8 de novembro. Trátase do curso de "Uso seguro da internet". O curso será meramente práctico e nel aprenderemos ferramentas para que os nosos fillos e fillas poidan navegar con seguridade por internet.A duración do curso será de 4 horas, remata o 10 de novembro e farémolo na aula de informática do Centro de Iniciativas. Podemos apuntarnos na propia aula e por teléfono no 981736506.
Seguindo a traxectoria que xa teñen como dogma os populares de Feijoo continuan os recortes. Esta vez tócalle a área de Traballo.
Páxina 7 de 10