Sergio Caamaño

Sergio Caamaño

O mércores 20 realizouse no Concello de Camariñas organizada pola Axencia de desenvolvemento Local unha xornada de prevención de riscos laborais denominada Aula permanente impartida por Mónica López, docente da Fundación Laboral de la Construcción. Esta xornada, de oito horas de duración corresponde ó 1ª ciclo de formación que se establece no V Convenio General de la Construcción é a mínima imprescindible para tramita-la Tarxeta Profesional da Construción (TPC).

 


Á dita xornada asistiron 20 persoas desempregadas que previamente se apuntaran ca orientadora laboral. Eran 15 veciños do Concello e 5 de fóra, con experiencia no sector da construción ou interesadas en traballar nese sector. Tódolos asistentes recibiron un diiploma acreditativo da realización da acción formativa.

Ó mesmo tempo recolleuse a documentación para que as persoas interesadas en solicita-la TPC (tarxeta profesional da construción) puideran tramitala no caso de cumprir os requisitos necesarios.

Estas xornadas forman parte do plan formativo en materia de emprego que levamos realizando dende principios de ano. Foron cursos de informática, de orientación laboral e este último. Estas actividades formativas realizámolas con persoal propio e entidades colaboradoras mentres agardamos as aprobacións das solicitudes que fixemos para AFD e escolas-obradoiro.

 

Hoxe sale na prensa a noticia de que os fondos para políticas activas de emprego se reducen un 56%. Ao mesmo tempo a Xunta di que manterá os programas pese aos axustes aplicados por Madrid.Quero explicar que significa que se fagan estos axustes e que quere dicir a Xunta cando di que manterá os programas.


En primeiro lugar reducir as políticas activas de emprego significa menos cursos e menos traballo público.

Tódolos anos pedimos cursos á Xunta (escolas-obradoiros, cursos de carpintería, de axuda a persoas dependentes) e dende que Feijoo entrou na Xunta Camariñas non recibíu ningún. Está claro que Feijoo manterá o seu "compromiso" de non traer formación ao noso concello.

Tódolos anos pedimos axudas de cooperación para contratar a veciños do municipio. Antes da entrada do PP na Xunta o concello contrataba aproximadamente 30 persoas. Desde que entrou Feijoo os números fóronse reducindo ata os 11 que contratamos o ano pasado. Está claro que Feijoo manterá o seu "compromiso" de non traer traballo para o noso concello.

Cando leades a frase "A Xunta manterá os programas" e vexades que este ano non hai nada, dicídeo ben alto: Feijoo minte! Aínda que non sería a primeira vez, xa cansa ler na prensa que a autovía vai adiante,

xa se ve...

 

 

Onte a páxina oficial da empresa SEAGA publicou as bases específicas das ofertas de emprego para este verán.

 


SEAGA é a sociedade pública creada pola Xunta de Galicia que se encarga da prevención e loita contra incendios forestais. Esta sociedade saca tódolos anos ofertas de emprego para contratar peóns, capataces, enxeñeiros…

Dende a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas estamos a axudar cada ano a preparar a documentación necesaria a tódolos veciños interesados. O ano pasado 15 veciños foron admitidos por SEAGA.

Todas aquelas persoas que están xa admitidas nas listas de SEAGA deberán estar atentos estes días, xa que axiña se publicará a resolución e partir dese momento haberá 3 días para presentar documentación. Nas bases pódense consultar os contidos e baremos das probas físicas e os méritos de formación.

Este ano non admitirán enviar a documentación por correo, así que haberá que ir en persoa ás oficinas de SEAGA.

Quero advertir que este ano a cousa pinta mal. Hai recortes. Das 76 prazas de peóns e peóns especialistas que a Xunta ofertaba o ano pasado para o noso distrito forestal mantéñense este ano só 24.

O noso distrito é un dos distritos cualificados de máis alto risco de incendios. A experiencia lamentablemente avala esta cualificación.

Quero manifestar a nosa preocupación por este gran recorte que afecta aos postos de traballo que se prevían crear este verán e ao aumento do perigo de incendios para este ano. Hai cousas que non se deberían recortar.

 

Xornada de Prevención de Riscos Laborais do Sector da Construcción e Tramitación da TPC (Tarxeta Profesional da Construcción)

A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas colabora coa Fundación Laboral de la Construcción na organización dunha xornada de prevención de riscos laborais. Esta xornada, denominada, aula permanente corresponde ó 1ª ciclo de formación que se establece no V Convenio General de la Construcción e é a mínima imprescindible para tramita-la Tarxeta Profesional da Construción (TPC).


A xornada será impartida por persoal técnico da Fundación Laboral de laConstrucción.

Destinatarios: traballadores / as do sector da construción, autónomos/as do sector da construción, persoas desempregadas (preferentemente con experiencia no sector da construción ou interesadas en traballar no sector).

Prazas limitadas.

Duración: 8 horas

Data: 20 xuño de 2012

Horario: 9:00 – 17:00

Lugar: Centro de Iniciativas empresariais

É imprescindible preinscribirse e achegar a seguinte documentación orixinal na Casa de Pedra

Traballadores / as do sector da construción:

-       Ficha de alumno aula permanente debidamente cuberta

-       Ficha de solicitude de empresa

-       DNI ou NIE

-       Tarxeta sanitaria

-       Última nómina ou contrato


Autónomos / as do sector da construción:

-       Ficha de alumno aula permanente debidamente cuberta

-       DNI ou NIE

-       Tarxeta sanitaria

-       Último recibo de pago de autónomos

Persoas desempregadas:

-       Ficha de alumno aula permanente debidamente cuberta

-       DNI ou NIE

-       Tarxeta sanitaria

-       Tarxeta de demanda de emprego



A tódolos asistentes se lles entregará un diploma de realización da acción formativa.

Con esta xornada si se cumpren o resto de requisitos pódese tramita-la Tarxeta profesional da construción (TPC).

 

O Concello de Camariñas, entidade colaboradora do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia) da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo desenvolverá nos meses de abril e maio diferentes cursos sobre busca de emprego co fin de facilitarlle ás persoas interesadas neste tema información e ferramentas que posibiliten o seu acceso ó mercado laboral.

 


Os distintos obradoiros serán impartidos pola orientadora laboral, agás o de busca de emprego por Internet que será titorizado polo axente TIC da aula CeMIT  e o de c.v. e cartas de presentación que será impartido por ambos profesionais.

 

En total ofértanse 5 cursos:

25 de abril. C.V. e cartas de presentación. Nesta xornada veranse os distintos tipos de c.v. así como os seus apartados, cartas de presentación e a súa estrutura. As persoas asistentes poderán elabora-lo seu c.v. así como modelos de cartas na aula informática do concello.

25 de abril. Busca de emprego por Internet. Este curso desenvolverase tamén na aula informática. Enviarase o c.v. mediante a páxina web de empresa, crearase o perfil en páxinas de busca de emprego e buscaranse ofertas nas ditas páxinas.

2 de maio. Busco traballo, por onde empezo?
. Nesta sesión informarase sobre as principais fontes de información para o emprego, así como dos recursos de emprego e formación existentes na zona e a forma de acceder ós ditos recursos. Traballarase tamén na selección do obxectivo profesional

16 de maio. Procesos de selección de persoal e entrevista de traballo. Nesta ocasión veranse as distintas fases que compoñen un proceso de selección de persoal, con especial énfase nas probas de selección (tests psicotécnicos, dinámicas de grupo...) e nas entrevistas de traballo. Darase información tamén sobre como presentarse nunha empresa por teléfono ou de xeito presencial para buscar traballo.

25 de maio. Información laboral útil. Nesta xornada informarase sobre o contrato de traballo, o salario, a nómina, o “Estatuto de los trabajadores”, convenio colectivo, prestacións dependentes do SPEE (Servicio Público de empleo estatal) e o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria para persoas en situación de desemprego.

Os cursos terán lugar os mércores entre o 25 de abril e o 16 de maio de 10:00 a 13:30 horas, agás o de busca de emprego que se desenvolverá de 17:00 a 19:00 horas.
Para poder participar nos cursos é obrigatorio inscribirse con anterioridade nas instalacións municipais da Casa de Pedra coa orientadora laboral ou chamando ó teléfono 981737004. Hai posibilidade de realizar tódolos cursos ou anotarse de xeito independente.

Ós cursos poden anotarse todas aquelas persoas que estean interesadas aínda que terán prioridade as persoas desempregadas

Encontro en Finlandia de mozos de Camariñas e de outros cinco concellos europeos.
Unha delegación do Concello de Camariñas ven de realizar unha viaxe á cidade finesa de Masku no que participaron Ferrol, dous concellos italianos , un sueco e o municipio anfitrión.
O venres 16 de marzo estiven en SOGAMA nun curso de formación dirixido ós concellos adscritos ás plantas de transferencia de Cee, Santa Comba, Boiro e Santiago. O curso consistía na orientación a representantes municipais á unha xestión máis sostible dos residuos.
O Concello de Camariñas está a preparar un programa de mellora da recollida selectiva. Xa o ano pasado se puxera en marcha o programa Minimización de Residuos. Con este programa leváronse a cabo diversas charlas cos empresarios e veciños en xeral nos que se repartiu caldeiros domiciliaros con dous apartados, un para a bolsa negra e outro para os envases lixeiros. Tamén se fixeron concursos cos rapaces das escolas onde se premiou o traballo dos rapaces a hora de separar. E creouse o servizo de recollida de aceites domésticos en colaboración cos supermercados.
Non hai moito anunciábamos, ou máis ben alertábamos, da decisión da Xunta de Galicia de ampliar a Rede Natura.
Dentro deste proxecto da Xunta puidemos observar que o Concello de Camariñas iba ser un dos máis afectados. Como pode observarse no mapa do Concello, a franxa de cor verde é a Rede Natura que temos actualmente e a franxa cor vermella a que se pretende alertar.

 

Hai uns días contábamosvos o anuncio da Xunta de Galicia da ampliación da Rede Natura e como esta afectaba enormemente ó noso Concello.
Páxina 6 de 10