Sergio Caamaño

Sergio Caamaño

O venres tivemos o pleno ordinario de novembro e que será un dos últimos plenos que celebraremos este ano 2012. Os acordos adoptados pola corporación municipal foron os seguintes que lles comunicamos ós nosos concidadáns neste artigo.
En setembro a aula de informática do Concello de Camariñas comezou a impartir a última oleada de cursos de informática deste último trimestre do ano. Máis de 80 diplomas foron entregados nos cursos de iniciación a informática, seguridade informática, redes sociais, google apps, copias de seguridade do negocio, folla de cálculo para empresarios, vender por internet, promociona o negocio nas redes sociais e retoque fotográfico.
O domingo saía unha nova na Voz de Galicia na que comparaba os impostos dos concellos da Costa da Morte. Moi interesante un gráfico no que se indicaba a posición que se atopaba cada concello a hora de responder a pregunta onde é máis caro vivir. O noso concello é o sexto máis barato dos 16 concellos estudiados.
Quixera falar un pouquiño sobre o tema do velatorio de Xaviña. Na última asamblea xeral da Asociación de Veciños explicouse en que situación se atopaba a construción do velatorio de Xaviña. A solicitude de velatorio fíxose en agosto deste ano. A arquitecta estudiou o proxecto e como na maioría dos proxectos atopou deficiencias facilmente subsanables. San Vicente presentou o proxecto corrixido recentemente. Agora a arquitecta terá que conprobar que esté todo corrixido e de ser así emitir un informe para que a Xunta de Goberno Local para que aprobe o velatorio. É equivocado dicir que o alcalde non quere aprobar o velatorio xa que aínda non se lle presentou o proxecto nin o informe a Xunta de Goberno Local. Espero que esté todo aclarado.Un saúdo.
Durante os meses de setembro a decembro o Concello de Camariñas xunto ca rede CeMIT organizarán varios cursos de informática no Centro de Iniciativas (ao lado do centro de saúde).

O primeiro curso será de iniciación a informática e realizarase do 25 de setembro ao 27 de 17:00 a 19:00.
Ata finais de outubro os cursos que impartiremos son básicos e dirixidos a aquelas persoas que queiran aprender a andar cun ordenador de forma segura e a manexar o correo electrónico e as redes sociais (facebook, tuenti,…)
A continuación impartiremos cursos máis avanzados e moitos deles dirixidos á autónomos e pequenas empresas. Ensinaremos a realizar e gardar copias de seguridade da información do negocio, a utilizar a folla de cálculo para levar as contas da empresa, a comprar ou vender por internet, retoque de fotografías, buscar emprego por internet e a manexar un procesador de textos.
Ademais deste cursos tódolos días, de luns a venres, na aula de informática temos o servizo de aula aberta na que poderás dispor dun ordenador con conexión a internet e participar na teleformación da rede CeMIT.
As prazas para os cursos son limitadas polo que é necesario preinscribirse ata 2 días antes do inicio de cada curso. A preinscrición e máis información farase na aula de informática do Centro de Iniciativas de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 de luns a venres, ou no teléfono 981 73 65 06, ou no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

O ano pasado o Alcalde de Camariñas logrou que o Concello entrara nun programa europeo chamado YPAD. O obxectivo do programa consistiría intercambiar boas prácticas entre os municipios socios en temas tan importantes para a xuventude como o desemprego, a formación e o autoemprego.

 


O Concello fixo unha chamada a tódolos xoves do municipio que estiveran interesados e souberan falar inglés. Foi así como naceu o grupo formado por catro rapaces (Cristina, Silvia, Isabel e Jose) organizados técnicamente polo ADL Emilio González e políticamente por min.
O xoves 6 de setembro o grupo volvemos a reunirnos para falar do próximo evento que terá lugar en Forlí (Italia) e tratará sobre como as administracións poden apoiar aos xoves con boas ideas.
Financiado por Europa, o grupo formado por Silvia, Jose, Isabel, Emilio e eu viaxaremos do 24 de setembro ao 27. Nesas datas en Forlí ademais haberá unha feira sobre cooperativismo, pois o municipio italiano está orgulloso de ser o centro do cooperativismo en Italia.
O evento consistirá en visitas de estudio, traballos en grupo e conferencias.
O luns 24 teremos recibimento e un tour polo concello.
O seguinte día versará sobre a educación e o emprendemento. Visitaremos unha cooperativa de xente xove, veremos un exemplo da cultura de innovación e teremos unha reunión de coordinación.
O mércores 26 veremos unha fábrica, un centro para a innovación e desenvolvemento económico, un viveiro de empresas e falaremos sobre as diferentes maneiras que temos para axudar á xente xove.
E finalmente o último día falaremos sobre outros proxectos europeos e despedirémonos.
Despois de Forlí a próxima reunión será en xaneiro e en Ferrol. Finalmente a última reunión serán en Maio en Camariñas onde se expoñerán os resultados deste programa de mans de tódolos xoves que participaron.

 

O 6 de setembro o Concello de Camariñas organizou un curso de manipulador de alimentos que é obrigatorio para desenvolver ocupacións que requiran a manipulación de produtos alimentarios.

O 27 de agosto o Concello de Camariñas anunciou as ofertas de emprego para 4 peóns e un técnico de Medio Ambiente. Este grupo foi solicitado polo Concello, entre outros máis que non foron concedidos, á Xunta de Galicia dentro dos programas de Cooperación.

 



Hoxe (03/09/2012) publícase no taboleiro da Casa do Concello de Camariñas o anuncio, as bases e os candidatos preseleccionados polo Servizo Público de Emprego de Galicia para as 4 prazas de peón e a praza de técnico de Medio Ambiente.

Os candidatos preseleccionados recibirán unha carta do Servizo Público de Emprego de Galicia no seu domicilio. Todos aqueles candidatos que reciban esta carta deberán entregala na Ofcina de Orientación Laboral do Concello antes do día 10 ás 14:00.

Os candidatos interesados poderán presentar as solicitudes ata o día 10 ás 14:00 na Casa do Concello.

Nas bases da convocatoria indícanse os méritos que puntuan dentro do sistema de selección.

Entre eles, aquelas persoas que leven como demandantes de emprego máis de 6 meses poderán acreditar esta circunstancia co certificado de períodos de inscrición que só emitirá o persoal da Xunta de Galicia na Oficina de Emprego de Cee, no horario de luns a venres e de 9:00 a 14:00.

Aquelas persoas que non estén a percibir na actualidade ningunha prestación ou subsidio por desemprego poderán acreditar esta circunstancia co certificado expedido polo persoal do Ministerio de Empleo y Seguridad Social da Oficina de Emprego de Cee para o que é necesario solicitar cita previa por teléfono no 901010210 ou en www.sepe.es. No caso de desempregados do réxime especial do Mar este último certificado solicitarase no ISM de Camariñas.

Se necesita axuda para preparar a documentación de solicitude poñemos a disposición a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas de luns a venres de 8:00 a 14:00.

 

O Concello de Camariñas tramitará a partir do 30 de agosto e a través da oficina de emprego de Cee ofertas de emprego pertencentes ó programa de cooperación subvencionado pola Xunta de Galicia. Os socialistas de Camariñas sumámonos a esta iniciativa pioneira e publicaremos na nosa web todas as ofertas de traballo que sexan do interese dos nosos cidadáns. Estas son as primeiras ofertas de emprego que facemos públicas.

 

Dende xuño do 2007 son concelleiro por Xaviña do Concello de Camariñas. Hoxe traio aquí un balance do primeiro ano desta lexislatura na miña parroquia. En Xaviña estamos a acometer unha obra de gran importancia como é a construción das beirarrúas pola marxe dereita da pista á igrexa. Digo de gran importancia xa que antes tíñamos unha pista pola que pasaban bastante xustos dous coches e agora imos ter unha pista por onde van pasar dous coches, se vai poder aparcar por unha banda e imos poder camiñar seguros por unha acera. Foi unha obra que comezamos na lexislatura anterior e que, despois de tódolos atrancos que tivemos, veremos rematada neste mes.
Páxina 5 de 10