Sergio Caamaño

Sergio Caamaño

Durante os meses de maio e xuño o Concello de Camariñas xunto ca rede CeMIT da Xunta de Galicia organizarán varios cursos de informática básicos no Centro de Iniciativas (ao lado do centro de saúde).

 


O primeiro curso será de iniciación a informática e realizarase o 2, 3 e 6 de maio de 17:00 a 19:00.

As prazas para os cursos son limitadas polo que é necesario preinscribirse ata 2 días antes do inicio de cada curso. A preinscrición e máis información farase na aula de informática do Centro de Iniciativas de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 de luns a venres, ou no teléfono 981 73 65 06, ou no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ademais deste cursos tódolos días, de luns a venres, na aula de informática temos o servizo de aula aberta na que poderás dispor dun ordenador con conexión a internet, o asesoramento dun axente TIC e participar na teleformación da rede CeMIT.

Ata finais de xuño os cursos que impartiremos son básicos e dirixidos a aquelas persoas que queiran aprender a andar cun ordenador de forma segura e a manexar o correo electrónico, os procesadores de texto e as redes sociais (facebook, tuenti,…)

Nos vindeiros meses impartiremos cursos máis avanzados, algúns dirixidos a autónomos e pequenas empresas e outros a público en xeral, polo que convidamos aos futuros interesados a que veñan pola aula de informática para consultar que cursos impartiremos e incluso a propoñer algún en concreto.

 

O venres 5 de abril o eurodiputado socialista Antolín Sánchez Presedo e o Alcalde de Camariñas Manuel V. Alonso de León visitaron o instituto IES Pedra da Aguia. O fin da visita era felicitar aos 20 alumnos que o ano pasado gañaron o concurso Euroscola e que obtiveron como premio visitar o Parlamento Europeo esta semana. O instituto tivo o gran mérito de ganar a versión inglesa deste concurso a nivel nacional e competindo con centros privados e concertados. O Alcalde de Camariñas doulle a noraboa e ofreceu a colaboración do Concello ao instituto neste proxecto. Instou aos estudantes a traballar duro e doulle ánimos na cita de Estrasburgo. "O Concello de Camariñas está orgulloso de todos vos. Noraboa" rematou Pichurri.

 

O Concello de Camariñas, entidade colaboradora do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia), servizo da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo, realizará o vindeiro 20 de marzo outra edición do curso sobre curriculum e cartas de presentación dado que o número de persoas demandantes deste curso o pasado 27 de febreiro superou a oferta de prazas quedando algunhas persoas en lista de agarda.
Nos Concellos de Camariñas, Muxía e Zas desenvolveranse proximamente accións formativas dirixidas a persoas desempregadas da Costa da Morte.
A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola Deputación da Coruña e o Fondo Social Europeo.
A axencia de desenvolvemento local do Concello de Camariñas ven colaborando coa Federacion Galega de Redeiras “ O Peirao” nestes anos.

 


 

Máis de 60 mulleres de Camariñas mostraron o seu interese por formarse nesta profesión e o Concello de Camariñas na busca de apoiar aos intereses destas mulleres e xerar emprego no sector vinculado ao mar,  colabora coa federación en actividades de divulgación e formación do colectivo de redeiras.

Nestes anos Camariñas foi sede para a realización da formación solicitada para desempregados e desempregadas dos cursos subvencionados pola Consellería de Traballo pola federación galega de redeiras, pero ata o de agora non foron aprovados. Esta solicitude de formación volverá a realizarse por parte de Federacion “O Peirao” neste exercicio 2013 á Xunta de Galicia.

Na colaboracion coa Federación de Redeiras enmarcase esta mesa de traballo que terá lugar o 14 de febreiro ás 11:00 horas no Centro de Iniciativas de Camariñas. O programa previsto é:

Programa:

  • A Federación Galega de Redeiras Artesas “ O Peirao”.
  • Asociacionismo no sector do Mar.
  • Profesionalización do sector. Acreditacións Profesionais e Formación (cualificación profesional)
  • Programas realizados pola Federación. Diversificación do traballo das Redeiras Galegas.


Coloquio

Ponentes:

  • Rosa Isabel Rodríguez Vidal. Presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesas “ O Peirao”.
  • Ángeles Millé Rodríguez. Secretaría da Federación Galega de Redeiras Artesas “ O Peirao”.

 

O Concello de Camariñas, coma en anos anteriores, volverá a impartir cursos sobre busca de emprego. O fin é facilitarlle ás persoas interesadas neste tema información e ferramentas que posibiliten o seu acceso ao mercado laboral.

 


Recomendamos encarecidamente estes cursos e non somos os únicos. Marineda está a organizar tamén obradoiros de emprego, patrocinados por ADECCO. A entidade PROADE tamén prepara cursos de emprego, sendo neste caso non gratuítos.
Os distintos obradoiros que se celebrarán en Camariñas son de carácter gratuíto e serán impartidos pola orientadora laboral. En total ofértanse 4 cursos:

20 de febreiro. Busco traballo, por onde empezo?. Nesta sesión informarase sobre as principais fontes de información para o emprego, así como dos recursos de emprego e formación existentes na zona e a forma de acceder ós ditos recursos. Traballarase tamén a selección do obxectivo profesional.

27 de febreiro. Curriculum e cartas de presentación. Nesta xornada veranse os distintos tipos de c.v. así como os seus apartados, cartas de presentación e a súa estrutura. As persoas asistentes poderán elaborar o seu c.v. así como modelos de cartas na aula informática do concello.

6 de marzo. Procesos de selección de persoal e entrevista de traballo. Nesta ocasión veranse as distintas fases que compoñen un proceso de selección de persoal, con especial énfase nas probas de selección (tests psicotécnicos, dinámicas de grupo...) e nas entrevistas de traballo. Darase información tamén sobre como presentarse nunha empresa por teléfono ou de xeito presencial para buscar traballo.

13 de marzo. Información laboral útil. Informarase sobre o contrato de traballo, o salario, a nómina, o “Estatuto de los trabajadores”, convenio colectivo, prestacións dependentes do SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal) e o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria para persoas en situación de desemprego.

Os cursos terán lugar os mércores en horario de 10:00 a 13:30 horas. Para poder participar nos cursos é obrigatorio inscribirse con anterioridade nas instalacións municipais da Casa de Pedra coa orientadora laboral. Hai posibilidade de realizar tódolos cursos ou anotarse de xeito independente.

Ós cursos poden anotarse todas aquelas persoas que estean interesadas aínda que terán prioridade as persoas desempregadas.

Máis información, de luns a venres de 8:00 a 15:00 na Casa de Pedra (orientadora laboral), nos teléfonos 981737004 ou 653260746 e no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

O Concello de Camariñas, dentro do Programa de mellora e posta en valor dos espazos naturais e culturais de Camariñas e Vimianzo, está organizando charlas informativas sobre “O aforro de enerxía e auga no fogar”. Antes das vacacións de nadal organizamos unha no Instituto Pedra da Aguia, a semana pasada e esta os traballadores do concello recibiron outra e onte os alumnos de PCPI do instituto.

 

O Concello de Camariñas, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, está interesado en solicitar os cursos de galego á Xunta de Galicia para poder impartilos no concello, para iso necesitamos un mínimo de 20 persoas inscritas, quedando supeditada a realización dos cursos á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso correspondente.
O Concello de Camariñas, a través do programa de Cooperación "Protección, mellora e posta en valor de espazos e recursos naturais e culturais en Camariñas e Vimianzo", impartíu o 20 de decembro unhas charlas medio ambientais no instituto IES Pedra da Aguia. As charlas consistiron en informar e sensibilizar sobre o impacto medio ambiental e social das decisións e hábitos cotiáns. O obxectivo era motivar unha xestión máis responsable no fogar promovendo o autocontrol do consumo doméstico de enerxía e auga, introducindo medidas e comportamentos aforradores.
Hai uns meses o Concello de Camariñas tivo que facer un racionamento de farolas. Nalgunhas zonas apagouse unha sí e unha non, noutras zonas nas que as casas están máis separadas, como en Xaviña, intentamos manter encendidas as que iluminan as entradas das casas. O obxectivo deste racionamento era reducir a factura da luz. Lamentablemente isto conleva a certas incomodidades, por iso aprobamos un proxecto chamado “Mellora de eficiencia enerxética no alumado público” por un importe de 94.455,26 euros e subvencionado polo Fondo de Compensación Ambiental.
Páxina 4 de 10