Sergio Caamaño

Sergio Caamaño

O próximo 22 de outubro a unidade móbil de inspección técnica desprazarase ata o Concello de Camariñas para realizar inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos, motos e quads de máis de catro anos de antigüedade. As inspeccións realizaranse no polideportivo de Camariñas en horario de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00. Asignarase hora de atención ao público directamente na móbil dende a primeira hora.
Durante os meses de setembro a decembro o Concello de Camariñas xunto ca rede CeMIT organizarán varios cursos de informática no Centro de Iniciativas (ao lado do centro de saúde). O primeiro curso será de iniciación a informática e empezará o 18 de setembro. Os cursos teñen unha duración media de tres días cada un e o horario é de 17:00 a 19:00.
O 12 de setembro o Concello de Camariñas estará a disposición de calquera cidadán do mundo, calquera día do ano e a calquera hora. Nace un novo xeito de tramitar e ver as xestións no Concello, sen saír de casa, sen colas nin horarios, con transparencia. Coa seguridade dos datos a través do DNI electrónico.
Na primeira quincena de agosto os puntos de información turística que hai no Concello de Camariñas atenderon a un total de 7.513 consultas. Unha cantidade superior as mesmas datas do ano pasado e ao mes anterior deste ano.
Estes días unha empresa de instalacións eléctricas está a soterrar os cables da rúa Real en Camariñas. Esta rúa foi arranxada fai un par de anos, e xa daquela o Concello de Camariñas levou a cabo a obra civil (colocación de tubos, construción de arquetas, etc) necesaria para o soterramento.
Dende o venres 9 de agosto ponse en marcha un reforzo da recollida selectiva. Vanse recoller os contedores amarelos do casco urbano que máis se enchan dúas veces á semana. Esta recollida a maiores levarase a cabo na madrugada dos xoves aos venres pensando no fin de semana. Esta medida realízase debido ao forte incremento de turistas que ten o Concello de Camariñas durante o mes de agosto.
O Concello de Camariñas, xunto con varios concellos de Galicia, decidiu subscribir un convenio ca Consellería do Medio Rural e do Mar para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.
O Concello de Camariñas está a poñer a punto as praias do Concello, para o inicio do verán, que esperemos apareza este ano. A posta a punto comezou na praia de Arou, coa limpeza da praia, e a instalación de aseos públicos adaptados a persoas con mobilidade reducida. Tamén se instalaron aseos adaptados na praia do Ariño.
O próximo 27 de xuño ás oito da tarde na Casa de Pedra o Concello de Camariñas organiza unha reunión veciñal para falar sobre o PEPRI. Estas siglas teñen o significado de Plan Especial do Casco Histórico de Camariñas e que está redactando a empresa Consultora Galega.
Hoxe, mércores, comezou o YPAD, o encontro da Xuventude. Un encontro do que, como concelleiro de desenvolvemento, me sinto moi orgulloso, por un lado porque temos confirmados máis de oitenta participantes e por outro lado por todo o grupo de rapaces de Camariñas que nos tivo axudando a organizar.

 

Páxina 3 de 10