Sergio Caamaño

Sergio Caamaño

Compostar significa poñer os restos das comidas, de poda ou de céspede nun composteiro para convertilos en compost. O compost é un abono natural de moi boa calidade. Por qué temos tanto interese na compostaxe? A primeira razón é para aforrar no recibo do lixo. A metade do que tiramos no contedor verde, o xenérico, é orgánico. Todo o que vai no contedor verde vai a Sogama e alí quéimano. En Sogama non o separan. Pagamos polo que levamos a Sogama, canto menos levemos menos pagaremos. Por iso se todo o mundo compostara aforraríamos a metade e pagaríamos a metade. Ese é o noso obxectivo.
Neste mes de outubro a aula CeMIT do Concello de Camariñas organiza unha serie de cursos de informática dentro do módulo "Formación dixital básica". Neste primeiro módulo o obxectivo será iniciarse no mundo das TICs. Os colectivos prioritarios serán as persoas maiores, desempregados, os empresarios camariñáns e todos aqueles colectivos que por algún motivo estén excluídos das TIC. A aula CeMIT de Camariñas está dentro da rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia.
O 24 de setembro, con máis de trinta asistentes, clausuramos as xornadas de motvación para emprender. Estas xornadas foron organizadas polo noso Concello de Camariñas, xunto cos Concellos de VImianzo, Zas e a Deputación da Coruña, ca colaboración do IGAPE e da Xunta de Galicia. As xornadas, que se desenvolveron en dous días, foron bastante instructivas. Motiváronnos a buscar oportunidades de negocio e amosáronnos exemplos de negocios que empezaron con ideas moi sinxelas.
Este xoves 24 de abril de 2014 25 familias participaron nunha charla sobre a compostaxe que se enmarca dentro do programa "Camariñas Verde" financiado pola Deputación da Coruña, ca colaboración do Grupo Soil e a execución técnica da asociación ambientalista Amigos da Terra. A charla comezou explicando os motivos que fan que no Concello de Camariñas nos interesáramos pola compostaxe. No 2010-2011 tivemos unha primeira experiencia ca compostaxe e os resultados foron moi bos. O 50% dos residuos que xeramos son orgánicos, estes van ao contedor verde e despois a SOGAMA. O noso propósito é reducir o que levamos a SOGAMA para que así TODOS paguemos menos.
O Concello de Camariñas inicia un proxecto de compostaxe con 25 vivendas unifamiliares da parroquia de Xaviña dentro do programa “Camariñas Verde” financiado pola Deputación da Coruña. O día 24 de abril, da comezo o programa de implantación da compostaxe doméstica, en vivendas unifamiliares do concello de Camariñas, que conta coa colaboración do Grupo Soil, e a execución Técnica da asociación ambientalista Amigos da Terra.
O Concello de Camariñas pon en marcha no municipio un programa de compostaxe doméstica. O proxecto forma parte do programa "Camariñas verde" subvencionado pola Deputación da Coruña. Hai 3 anos realizouse un proxecto similar ca participación de 40 familias de Xaviña acadándose un bo resultado. Agora serán 25 familias. O obxectivo deste proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no Concello, obter un abono de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos.
Este mércores presentouse na Casa de Pedra de Camariñas o primeiro circuito de carreiras populares denominado "Correndo pola Costa da Morte". Este circuito nace da unión de varios concellos da nosa costa para continuar facendo cousas en común. Se ben, hai unha semana varios concellos se xuntaban para traballar xuntos turísticamente en Fitur, agora tócalle ao deporte. Son 8 concellos: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas, que manifestaron a súa vontade por preparar en común un circuito de carreiras populares.
Camariñas solicita este ano unha subvención para continuar co servizo de orientación laboral. Os fondos cos que se financia este servizo son da Xunta de Galicia, Fondo Social Europeo e fondos propios do Concello de Camariñas. A labor deste servizo é informar, orientar, motivar e asesorar na busca de emprego e formación. Ademais divúlganse os servizos do Servizo Público de Emprego de Galicia, ofertas de emprego, itinerarios profesionais de inserción (IPIs) e formación, entre outros.
Este martes o Concello de Camariñas ven de reforzar a recollida selectiva de envases lixeiros. Tíñamos 90 contedores amarelos e agora colocáronse 40 contedores máis por todas as parroquias. Aumentamos en máis dun 40% os puntos nos que os veciños poden separar. Estes contedores compráronse co Fondo de Compensación Ambiental. Temos un obxectivo, e é chegar a poñer un contedor amarelo ao lado de cada verde. Con isto facemos máis fácil a labor de separar dos cidadáns. Separar é moi importante. Hai que lembrar que só pagamos polo que poñemos no contedor verde. Polo que poñemos nos iglús de vidro, de cartón ou no amarelo non se paga, salvo que poñamos algo impropio.
Hai uns días o Concello de Camariñas comezou a obrar no entorno da praia e merendeiro do Ariño unha obra financiada nun 80% polo GAC. O Ariño é un lugar de gran beleza e querido polos veciños de Xaviña e todo o Concello. Nos fins de semana do verán centenares de veciños se xuntan alí para comer un churrasco por exemplo e pasar un bó día de praia ca familia. Pola semana o Ariño convértese no centro de traballo das nosas mariscadoras.
Páxina 2 de 10