Encarna Liñeiro

Encarna Liñeiro

O vindeiro domingo 15 de xaneiro, ás 17:00 horas, haberá asamblea extraordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas na Casa do Pobo para tratar os seguintes asuntos:

Unha gran perdida para os e as socialistas de Camariñas, foisenos unha compañeira e amiga exemplar, unha gran perdida para o seu home, noso compañeiro José, e para as suas duas fillas Karina e Nieves. Unha gran perdida para todos os que a coñeceron xa que Carmen era unha boa persoa.Hoxe, desde a nosa páxina, queremos rendirlle un sencillo homenaxe recordando a todos e todas que coma ela viviron defendendo as suas ideas socialistas.
Amigas e amigos, é para min un pracer darvos a benvida a páxina web dos Socialistas de Camariñas. Dende a nosa Agrupación Local, queremos que este sexa un punto de encontro que veña a fortalecer a proximidade que temos co noso pobo e cos nosos veciños.Si algo nos caracteriza as e os socialistas de Camariñas é proximidade ca xente.


Eu particularmente, síntome orgullosa de poder dirixirme a vos, presentando este novo proxecto que nace do traballo e da ilusión de moitos compañeiros e compañeiras para que poidas estar informado sobre as nosas actividades.

Queremos que esta web sirva para que participes activamente neste proxecto colectivo, con ideas, propostas, ilusións, solucións, preocupacións, con calquera cuestión que creas que pode ser interesante para construír un proxecto de futuro mellor para todos e todas.

Porque queremos que Camariñas sexa sempre MAIS CAMARIÑAS necesitamos a túa participación, as túas iniciativas e a túas opinións, porque queremos seguir sendo a forza política máis forte do noso concello, dende aquí anímovos a que coñezas quen somos, o que facemos, e a que nos axudes a seguir traballando para construír unha sociedade mellor, máis igualitaria e máis xusta.

Vamos a dar o mellor de nos para que esta páxina se converta nun éxito para o noso partido e para o noso pobo.

Espero que vos guste. Moitas gracias por visitarnos.

Estimado compañeiro, estimada compañeira:

Nestas fechas tan especiais, a Executiva Local  desexa que este Nadal chegue con alegría e ilusión por iso este ano queremos celebrar xuntos unha comida familiar  no Restaurante 4 Ventos o domingo día 12 de decembro as 14:00h. O prezo será de 20 euros persoa, nenos gratis.

Para reservar chamar ó 981737148 ou  637129637 antes do venres día 10.

Tamén comunicarte que este ano xogamos a lotería ó número 76.686 . Se non o tes xa, e queres,  podes chamar e recibiralo na túa casa.

comuicarche tamén que as fotos que realicemos na cena colgarémolas esta semana nesta nosa nova web. Sen máis, e desexando que pases unhas felices festas, recibe un afectuoso saúdo socialista.

Páxina 5 de 5