Marisol Soneira

Marisol Soneira

O paso de Emilio Pérez Touriño pola presidencia da Xunta de Galicia foi clave para a Costa da Morte e para Camariñas. O profesor Touriño é, antes que nada, unha persoa racional cun profundo  sentido da solidariedade entre as persoas e entre os territorios.

 

En galego o mar ten xénero masculino, pero na base da prosperidade de moitas vilas mariñeiras está sempre a pegada dunha nai, dunha esposa ou dunha irmá que, dende terra durante xeracións, construíron auténticos emporios pesqueiros investindo as ganancias que os seus homes arrincaban as augas salobres que bañan as nosas costas. Na orixe de moitas das sagas armadoras de Galicia está unha muller que tivo iniciativa e capacidade emprendedora e acerto nos investimentos.
En maio de 2005 a Consellería de Industria decidiu ampliar o número de estacións fixas de Inspección Técnica de Vehículos (ITV).  Unha delas na localidade de Baio (Zas) no polígono do Allo, que daría servizo a un parque de, aproximadamente, 26.000 vehículos.

 

O un de marzo de 2009 os cidadáns galegos decidiron encomendarlle a xestión dos seus intereses colectivos a Alberto Núñez Feijoo logo dunha campaña absolutamente nauseabunda de mentiras, calumnias e medias verdades contra Emilio Pérez Touriño e o Goberno Bipartito, que pasará a historia como o que nunca se debera facer na acción política.  Pero iso é pasado, e o mesmo pobo que o puxo o fronte da Xunta de Galicia terá que decidir se acertou ou non na súa decisión cando chegue o momento.
Desde xuño de 2010 os habitantes da Costa da Morte carecen dun servizo  de ambulancias, non urxentes, polos conflitos laborais da empresa concesionaria cos seus traballadores. Dende xaneiro do mesmo ano o SERGAS ten dado a calada por resposta ás demandas empresariais e, mentres tanto, os pacientes sofren as consecuencias dunha situación da que non son responsables nin teñen a mais mínima información, pero que ten consecuencias, a veces dramáticas, para a súa saúde, as súas familias e as súas economías.
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira acusou a Conselleira de “ter amistades perigosas”, e de ser incapaz de gastar 53 millóns de euros dos seus orzamentos ordinarios   mentres chora uns miles de euros para as mariscadoras.
E preguntoulle si seria de capaz de suprimir este  Plan de Pensións  si os prexudicados foron homes e non mulleres
“Hai cartos para facer un Porto en Xinzo de Limia, pero non  para pagar o  Plan de Pensións das mariscadoras galegas”, espetou
Fai trinta anos un grupo de descerebrados, alérxicos a democracia e orfos de dignidade e do sentido do ridículo, tomaron por asalto a Cámara de Soberanía de tódolos españois. As imaxes son sobradamente coñecidas por todos.

Polas nosas costas navegan cada ano uns 40.000 barcos que transportan todo tipo de mercadorías. Uns trece mil deles levan nas súas bodegas produtos que se poden considerar perigosos para o medio ambiente natural ou mesmo para a vida humana.
O Partido Popular utilizou sempre un método moi particular para fabricarse unha noticia onde non a hai. Así, primeiro, solta unha barbaridade absolutamente demencial e, logo, espera a que alguén reaccione para provocar un debate artificial absolutamente ficticio que solo serve para alimentar a paranoia de quen, alonxado da luz do sol e do aire fresco da mañá, maquina un mundo fantástico onde os socialistas somos seres perversos que non fan mais que maquinar maldades, e os que son condenados en firme pola xustiza son esgrevios persoeiros que veñen a salvar Camariñas de non se sabe que perigos.
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira denunciou hoxe que co modelo acuícola do PP “institucionalizase a especulación do pelotazo”. A deputada anunciou hoxe en rolda de prensa que reclama a comparecencia da Conselleira do Mar para que explique o modelo acuícola do PP para Galicia.
Páxina 3 de 4