Marisol Soneira

Marisol Soneira

"A parlamentaria Marisol Soneira censura á Xunta por non cofinanciar co 20% os proxectos procedentes do FEDER, PSE, PAC ou PPC, porque paralízanse infraestruturas e bloquéanse proxectos empresariais que crearían emprego"

"Condena o afán do Executivo de Feijóo por cumprir co nivel de endebedamento. Por este motivo deixaremos de recibir os programas que non están comprometidos e a Xunta incluso terá que devolver os cartos dos adiantos percibidos"

Agora que andamos metidos neste andazo de corrupción e corruptelas asociadas coa política, os que se din apolíticos, para agochar a súa manga ancha coa dereita e o estreito embudo coa esquerda ou simplemente porque non está de moda comprometerse, falan de corrupción dos políticos de xeito xeneralizado. Eu, que me dedico a isto da política, manifesto que me considero unha persoa honrada e honesta e que, das persoas que coñezo na política, a inmensa maioría son persoas honradas e honestas sen distinción de ideoloxía e de tódolos partidos do arco parlamentario e alleos a él.
Aló polo xaneiro de 2010 escribín este artigo, sobre a nosa lingua, para Galiciaconfidencial, e, a pesar do tempo transcorrido, coido que está máis de actualidade que nunca visto como interpreta isto das linguas constitucionais, que non sexan o castelán, o ministro Wert. Tampouco é gratificante escoitarlle ao Presidente de tódolos galegos que o modelo educativo, castrador e reaccionario en distintos aspectos pero sobre todo no que se refire a lingua,  que pretende poñer en práctica Rajoy é unha copia do que el introduxo en Galicia fai case catro anos. Esquéceselle a Feijoo que, de ser certo iso, Rajoy e Wert están poñendo en práctica un modelo declarado ilegal polos tribunais de xustiza.
Cando, o 12 de maio de 2010, Zapatero lle anunciou as Cortes e o País a primeira batería de medidas económicas, obrigado pola Unión Europea liderada por dous líderes conservadores: Angela Merkel e Nicolas Sarkozy, cometeu un dos seus maiores erros políticos. O erro non estivo en adoptar as medidas que houbese que tomar diante do escenario económico vixente en todo o mundo, e particularmente en Europa. Non. O erro estivo en non dirixirse as Cortes e ao País para explicarlles a nova situación, disolver as Cámaras e convocar eleccións onde, cun novo programa electoral onde estivesen incorporadas as novas medidas, pedirlle o apoio os cidadáns.
O Goberno Rajoy acaba de tomar unha decisión que tira por terra o dereito a dispor de atención sanitaria para tódolos españois, independentemente do seu nivel de riqueza ou do seu extracto social, volvendo a vellas fórmulas que xa críamos esquecidas.

A reforma introducida polo Goberno obriga a tódolos pensionistas a pagar unha parte dos medicamentos, a tódolos traballadores a pagar mais polos medicamentos, a todo o mundo a pagar polas prótesis que necesite, a pagar polo transporte sanitario para persoas maiores (pensionistas) que necesiten diálisis e outros tratamentos semellantes, establece tramos para o pago dos medicamentos en función da renda onde trata igual o que gaña 18.000€ o ano que o que gana 100.000, etc. Pero o grave deste auténtico Golpe de Estado ao dereito a saúde, o meu xuizo, está na decisión de privar os maiores de 26 anos, que nunca cotizaran a Seguridade Social, do dereito a acceder a sanidade pública en igualdade de condicións que o resto dos cidadáns.

Un modelo de sociedade solidaria e xusta cóbralle aos cidadáns  en función da súa riqueza a través dos impostos directos (IRPF)  e a todos a través dos impostos indirectos (IVA), e logo ofrécelle, nos servizos básicos, unha carta igual de prestacións. Tamén contribuímos, proporcionalmente o noso salario,  a financiar a Seguridade Social.  E, polo tanto, falsa a afirmación de que dispoñemos dunha sanidade “gratis” total e que iso non se pode soster xa que a pagamos a través dos impostos (sempre pagan mais os que mais teñen a través do IRPF) e a través das cuotas mensuais onde sempre paga mais o que ten mais base de cotización. A cambio diso temos (agora xa será mellor dicir tiñamos)  unha boa sanidade, universal (que chegaba a todos en igualdade de condicións e independentemente da súa renda), e barata se a comparamos con outros países onde, por desgracia para eles, aínda teñen amplas capas sociais que non teñen acceso a sanidade por carecer de recursos. O exemplo de Estados Unidos é relevante.

Coa reforma introducida polo Partido Popular os maiores de 26 anos, que nunca tiveron a oportunidade de traballar e, polo tanto, de cotizar a Seguridade Social,  quedan excluídos da atención sanitaria pública e, se queren ser atendidos nela, terán que pagala. No suposto caso de que careza de medios terá que aportar un feixe de papeis que demostren que é pobre de solemnidade. Que significa isto?

Significa volver o modelo predemocrático onde había unha sanidade para pobres e outra para ricos; significa volver a caridade pública e renunciar a xustiza social; significa excluír a unha parte importante da cidadanía da solidariedade colectiva do conxunto da sociedade; significa que se abriu unha porta moi perigosa porque, si os que non cotizan  carecen de  dereito a atención sanitaria, canto tardarán en cuestionar a conveniencia, ou non, de prestar determinados servicios como transplantes, ou asistencia sanitaria “cara” a determinados colectivos como as persoas maiores? Significa, tamén, que se abre a posibilidade de que a atención sanitaria sexa distinta en función da conta corrente do paciente.

Quizá moita xente pense que isto en España non vai a ocorrer nunca, pero tampouco pensamos que se ía excluír a tódalas persoas maiores de 26 anos, que nunca cotizaran a Seguridade Social, da prestación sanitaria pública, e xa está en marcha. Este feito, por si mesmo, é a expresión terrible dunha ideoloxía que ve a sociedade humana como a evolución natural das especies onde a máxima é “sálvese o que poida”.
Para quen dubide do modelo que nos queren impoñer, recoméndolle que vexa a película Jhon Q., protagonizada por Denzel Washington (2002), onde se fai un retrato fidedigno do que significa ser rico ou pobre cando o teu fillo necesita un transplante de corazón.

Que os orzamentos do Estado tiñan que ser restritivos case ninguén o pon en cuestión por canto toda Europa está atravesando unha grave crise económica, acrecentada polas fórmulas que os conservadores Merkel e Sarkozi están impoñendo, que ten especial incidencia nas economías do sur: Grecia, Italia, Portugal, Irlanda e España. Pero o que define o sentido ideolóxico de quen deseña os orzamentos é a quen lle cobra os impostos e, a que destina os impostos cobrados.

 


O Goberno Rajoy, fixo pública o seu sostén ideolóxico a través das grandes contas do Estado. Para empezar hai que dicir que solo un goberno irresponsable e antipatriota é capaz de supeditar as contas do Estado a unha contenda electoral doméstica para, supostamente, obter réditos electorais de curto alcance, cousa que non se produxo nin en Andalucía nin es Asturias. Xa veremos os custes que esa decisión ten para o futuro económico de España.

Logo veñen as contas, diante das que hai que facerse as dúas preguntas básicas: a quen lle cobramos os impostos, e con quen gastamos, ou non, o produto deses impostos? Pois, polo adiantado onte, Rajoy vaille cobrar os impostos, basicamente, as clases medias e os empregados públicos que teñen unha nómina e contribúen mes a mes a manter o edificio do Estado do Benestar: sanidade, ensinanza, dependencia, infraestruturas, etc. Este gran colectivo, a quen Rajoy prometeu non subir os impostos van a ver reducido o seu salario polo simple feito de ver incrementado o IRPF á súa nómina. E xa van dous incrementos en menos de cen días. Para os empregados públicos aínda é peor porque se lle conxela o salario, outra vez, e a suma da inflación mais o IRPF supón unha redución, en termos reais, superior a rebaixa aplicada por Zapatero en maio de 2010. Para todos, pero moi especialmente para os pensionistas, aplícaselle un “agasallo” mais: a subida da luz e do gas aféctalles especialmente a eles, e aféctalles especialmente os pensionistas galegos que son os que cobran as pensións mais baixas de toda España e, sen embargo, a subida da enerxía é lineal en todo o Estado.

A quen non lle cobra impostos Rajoy? A aqueles que dispoñen de asesores ben pagados para burlar a lei; a aqueles que agochan os beneficios en paraísos fiscais; ós que trasladan o seu domicilio fiscal para non contribuír solidariamente os gastos comúns, etc. A todos eses aplícaselles unha amnistía fiscal, de tal xeito que reciben un premio, nalgún caso, de mais do 30% por haber sido insolidarios, egoístas e, posiblemente, delincuentes. Un empresario honrado que cotice segundo a lei, estará abrigado a tributar, por término medio, un 38% dos seus beneficio. Se non fose tan honrado e agochase, ou disimulase, os beneficios obtidos, hoxe podería branquealos tributando solo o 10%, tal como anunciou onte o Goberno. Independentemente da falta de ética da medida, a mensaxe é moi clara para o conxunto da cidadanía: paga a pena ser un defraudador porque, ao final, o delincuente ten premio.

Pero a segunda parte da ecuación é terrorífica. En que vamos a gastar, ou en que non vamos a gastar, os recursos do Estado? Pois para empezar Mariano Rajoy xa nos mandou unha mensaxe: a dependencia é cousa das mulleres e polo tanto os Orzamentos non é que recorten, non, suprimen a partida para este apartado. As consecuencias son claras para un segmento da sociedade moi concreto: as nais, as fillas, as irmáns, as noras, as esposas, as parellas, etc, etc. Esta decisión non ten transcendencia soamente económica se non que agocha toda unha concepción dun modelo social onde as mulleres acaban renunciando a súa vida profesional, fora do fogar, cando xorde un cadro familiar de dependencia grave. Suponse que recibiran o xusto premio os seus sacrificios nun ceo que aínda está por demostrar que exista, porque o Estado ten claro cales son as prioridades.

Tamén deixa de gastar o Estado en políticas de emprego. E dicir, que o Estado renunica a aplicar políticas ó mais grave problema que hoxe ten España e, de paso, xa se leva por diante algunhas das funcións das organizacións empresariais e sindicais como son a formación para o emprego, reciclaxe de parados, etc. Dunha tacada, carambola múltiple e, ademais, contentan a caverna mediática  que se pasou os últimos meses demonizando as organizacións dos traballadores.

Onde mais non vamos a gastar? No acceso a vivenda. Nada mais e nada menos que, entre o recorte anterior e o actual, mais dun 60%. Esta decisión acabará coa axuda dos rapaces a independizarse e terá consecuencias para os propietarios de vivendas en aluguer.

Resumindo. Rajoy, que como todo o mundo sabe é “un señor como Dios manda”, non cumpre co precepto aquel que igrexa católica nos ensina a través do catecismo e que dicía que “Dios premia os bos e castiga os malos”. Todo o contrario. Nesta nova filosofía Rajoniana ser un bo cidadán non solo é malo se non que, por riba, ten castigo; primeiro aumentándonos os impostos, e logo negándonos servizos e dereitos que axudamos, con esforzo e moito traballo, a construír e consolidar entre todos.

Claro que hai ideoloxía nos partidos e nos gobernos, e engánanse moito os que pensan que a mellor maneira de corrixir os posibles erros da esquerda é votar a dereita. Os andaluces tivérono moi claro fai unha semana. Tomemos nota os demais.

 

As lonxas de Galicia xogan en divisións distintas. Na primeira división están os grandes portos con importantes flotas de altura ou de grande altura, con megabuques conxeladores, e con infraestruturas portuarias que permiten a descarga e a manipulación de inxentes cantidades de peixes e mariscos. Nesta división xogan Vigo, A Coruña, Burela, Celeiro e Ribeira.

 

A pesca e o marisqueo son un dos piares da economía galega. Segundo datos oficiais hai case cincuenta mil persoas que viven da pesca, do marisqueo e das actividades vinculadas aos mesmos:

No marisqueo, que é o asunto que da motivo a este artigo, estímase que unhas cinco mil persoas exercen o marisqueo a pé en toda Galicia, ós que hai que engadir os preto de mil que supoñen os parquistas de Carril e os mariscadores a flote. Para que haxa unha boa colleita de bivalvos é imprescindible contar con dous elementos básicos: que haxa boa semente e alto índice de reclutamento, e que a calidade das augas sexa boa.

Galicia incumpre a normativa pola que se establece a calidade de augas para a cría de moluscos, de aí os nosos problemas nalgunhas rías que implica a cualificación de parte delas como “C”. O Goberno Anterior planificou e licitou 21 novas depuradoras para acadar a finalidade de depurar as augas que se verten as rías. Quedaron dúas pendentes de conseguir os terreos (Ribeira e Sanxenxo) que, non por casualidade estaban e están rexidas polo PP, porque mellorar as condicións da auga das rías é aumentar a rendibilidade da actividade marisqueira que significa o 7% do PIB galego.

Na actualidade existen mais de cen millóns de metros cadrados de zonas marisqueiras produtivas cuns resultados extractivos, con datos de 2009, de 7.310.490 quilos de berberechos e ameixas, excluída a produción das concesións dos parquistas de Carril e doutros lugares de Galicia. A produtividade é, por tanto, de 73,1 gramo por metro cadrado, o que significa un promedio de 7 individuos por cada metro cadrado. A verdade é que os resultados son realmente cativos dende o punto de vista biolóxico e aínda peores cando analizamos o rendemento económico: 0,59 euros por metro cadrado. Sen embargo a rendibilidade media de cada metro cadrado dos parques de Carril sobe ate os 30 euros polo que a diferencia entre a rendibilidade entre as concesións colectivas (agrupacións de mariscadoras), e a explotación  privada é de mais do 5.000% en favor desta última.

Segundo un traballo técnico dos propios servizos da propia Xunta de Galicia, con base na campaña de 2005, daba os seguintes índices de rendibilidade das principais especies, con respecto o potencial produtivo:


Ameixa Fina                6.9%
Ameixa Babosa             21.1%
Ameixa Saponesa          16.5%
Ameixa Rubia               25.0%
Berbecho                      3.8%
Promedio                       6%

Para que entendamos o drama que estes datos aportan solo temos que extrapolar os mesmos a unha actividade moi parecida en terra. Ninguén se dedicaría a agricultura ou a gandería se, de cada cen grans de trigo ou de cada cen polos, solo lle chegasen a adultos 6. Non solo sería antieconómico se non, tamén, absurdo e irracional. 

Abordar a solución destes problemas require, primeiro, tomar conciencia do mesmo e, segundo, abordalo globalmente pero tamén atendendo os particularismos de cada especie, ría ou concesión. Non abonda con anunciar que se queren ampliar as zonas de produción sen antes solucionar os problemas de contaminación das augas das nosas rías. Iso acaba xerando situacións tan rocambolescas como a que se ten producido este verán coa pretendida reinstalación  dos bivalvos procedentes de zonas “C”. Tampouco abonda con dispor de amplas superficies de cultivo se non somos capaces de garantir semente, en cantidade e calidade, que nos permita acadar maiores porcentaxes de rendibilidade. E, sobre todo, non podemos seguir mantendo un baremo para ó acceso o PERMEX onde prime mais a celebración dun cursiño formativo sobre materias alleas á propia actividade que a situación económica dos demandantes do mesmo.

Deixo, para rematar, un problema serio ao que a administración ou non sabe, ou non quere, ou non pode solucionar: o furtivismo. A vixilancia e a persecución dos posibles furtivos non pode ser unha competencia das agrupacións de mariscadoras ou das confrarías. A ninguén se lle ocorre que a persecución dos que rouban madeira nos montes comunais sexa competencia dos comuneiros. A Xunta faría ben en, primeiro, separar as infraccións administrativas do auténtico furtivismo e, segundo, estudar as razóns de fondo que hai en determinados episodios. Para o furtivo que saquea as concesións marisqueiras para acadar ingresos rápidos e destrúe o traballo de moitas persoas, todo o peso da lei e tódolos medios para erradicalo. Pero cando unha familia, con tódolos membros da unidade familiar en paro, ve imposible acceder a un PERMEX porque o baremo prima a outros que teñen mais de un, o furtivismo xa non é un problema de orde público se non un gravísimo problema social agravado por unha norma inxusta.

En 1994 Camariñas enteira pechou. Nun chuvioso 2 de febreiro dese ano toda a Vila fixo unha folga xeral para protestar contra a venta de droga que, de xeito indiscriminado, se viña facendo por parte de desalmados que estaban arruinando a vida das familias e o futuro dos nosos xóvenes, algúns deles aínda nenos.

RECUPERAMOS ESTA NOVA QUE VOLVE A ESTAR HOXE DE ACTUALIDADE.

Vaia por diante que eu penso que Mariano Rajoy descoñecía onde o metían cando acudiu a Cambados durante a campaña das europeas pasadas. Estou convencida de que iso foi unha de tantas meteduras de pata que frecuentemente comete alguén indeterminado pero que acaba ocasionando danos colaterais o xerente da empresa.
Páxina 2 de 4