O Xilgaro

O Xilgaro

Como anda esto sosios. Estaba eu dándome un jarbeo pola Pedra do Sal, aproveitando a tardiña, cando lle escuitein a un paisano contarlle a outro: “pero disque os do PP denunsiaron o alcalde por dar unha papeleta o día das votasións...” O outro, que paresía mais enterado díxolle:  “ que vai ser oh. O que pasou é que disque o alcalde doulle des euros a un rapaz que llos pedío prestados, cousa que seica non era a primeira ves... pero a quen vin eu dando papeletas no atrio da ijlesia de Buria fui a unha rapasa que me dixeron que era consejala do PP. Fui a salida da misa e non fui nin unha nin dúas”
Mui boas nuites sosios. Desde Sabadelle, o abrijo do Cabeso, mándolle un saludiño a meu primo o Lorcho do Muelle Novo. Inda que vos paresa raro, tamén por aquí cheghan os ecos das elesións e un coleja que acostuma  a vir de paseo polo vello camiño de Camelle a Traba, contoume que habían ajredido de palabra a unha persona que conoso muito, porque eu tamén son mui afisionado ós cabalos... no meu caso dos cabaliños de mar.
Acabáronse as eleccións e volvemos a comunicar os moitos rex0ubes que ate a miña poza chegaron nestes días. Estes do PP de Camariñas andan todos ufanos porque, por fin!, gañaron unhas eleccións. Pero este resultado non deixa de ser unha moción de censura as xentes que este partido ten en Camariñas porque da a impresión que o PP si é capaz de gañar neste concello pero o que non queren os camariñáns é a Daniel Rego e a súa cohorte malhumorada e con cara de vinagre.

 

Moi boas teñades meus. Fai tempo que me manteño en silencio por dous motivos. O primeiro é porque estamos en campaña electoral e son outros os que teñen que debater e que contrastar opinións e ideas. O segundo porque caeron uns temporais de moito carallo que me tiveron esmagado contra a miña ferga, no Muelle Novo, sen deixarme mover unha aleta.
Moi boas sosios. Por aquí andamos outra vez despois de que caeran unhas pinguiñas de chuvia no Muelle Novo. Que a justiño queda o corpo cando escoitas o ruidiño que fan as pinjas de ajua caendo na miña posa. Unha josada, díjovolo eu.
Moi boas teñades todos e todas, meus. Levo uns días de relaxo porque o temporal non me deixou sacar a cabeza da miña ferga porque, creádelo ou non, había un tombos criminais na poza do Muelle Novo. Unha baga de mar que poñía medo. Pero din os do parte do tempo que disque ven de camiño outra aínda peor. Agora si que chegou o inverno así que hai que poñerse o abrigo e descansar.

Vives sen vivir en ti
devorado pola envexa
que che corroe a cabeza
mentres rumías infamias na sombra do teu cubil.

Andan  algúns  preocupados pola identidade do Lorcho porque parece que un peixiño tan cativo coma min é un perigo para a súa estabilidade emocional. Non se decatan de que os mellores perfumes agóchanse nos frascos mais pequeniños.

 

Moi boas meus. Confirmáronse os meus peores presaxios con respecto as obras da cara de atraque do dique. Feijoo dixo que xa estaba ben de festa e todos para casa que o que se leva agora son os recortes e Camariñas non ía ser menos. Acabouse a festa, acabouse a obra e xa veremos se volven.

 

Bo día teñades, primos. Hoxe afloxou a fojaxe e pódese alentar aljo mellor que estes últimos días onde non daba a basto en boquear ajua morna da posa e aínda así case afojo.

 

Páxina 4 de 6