O Xilgaro

O Xilgaro

Acabo de chegar das miñas vacacións e xa non me dan tregua. Miña Santa Sirenita, pero que pasou co sentido do ridículo  dalgúns? Cando vos contaba, no último rexoubeo, que o alcalde xa tiña asinado o convenio coa Deputación Provincial para a construción do tanatorio e que os terreos (gratis) xa estaban rexistrados a nome do concello, nunca pensei que ía a ter tales consecuencias na estabilidade emocional do Redactor Paranoico. Deuses do Olympo Submarino, como está o persoal!

 

Bo día para todos, meus. Despois dun viaxiño por outros mares, para despexar a cabeza lonxe dos berros das gaivotas revoltosas que aniñan no Náutico, volvo para estar con vós. Disque o meu primo O Lorcho da Ariña Branca pensou que me pasara algo... home, digo peixe, algo pasoume: fun de vacacións coma un campión, que tamén os lorchos temos dereito
Moi bo día teñades todos e todas, meus. Ando aljo achacoso porque estes aires fríos do nordés veñen condenados. Hai tombos na praia de Ariña Blanca !!!, así que xa vos podedes imaxinar o viruxe que fai. Como estón aljo afiebrado e recomendáronme jardar cama, mato o tempo vendo o que escriben os “periodistas” dunha páxina camariñana que non se distingue, precisamente, polo rigor do que publica.  Da a impresión de que os que escriben alí viven nun país oprimido polas forzas do mal dirixidas por un alcalde que, polo que eles contan, dedica as vintecatro horas do día e tódolos días do ano a maquinar maldades contra todo e contra todos, pero sobre todo contra o pobre redactor do libelo que pretende ser xornal.
Meus ben queridos e nunca suficientemente valorados lectores, non sabedes como me come o demo de non podervos contar todo o que me rexouban ao carón da miña poza do Muelle Novo! As verbas que se dedican uns a outros feren como coitelos de aceiro toledán. A guerra é total. Sen cuartel. Xa non chega con ferir, o que se busca e aniquilar o inimigo.
E incrible pero mais serto que o último temporal na Punta da Carnisería. Dixo Daniel Rego, o outro día na Voz de Galicia, que lle abren expediente a tres militantes do PP de Camariñas para a súa expulsión. Está ben oh! Cada quen fai na súa casa o que lle da a jana pero as rasóns que expoñe o Danielito (este vai ser Danielito toda a vida) son de coña.
Dende que o Lorcho -ou mellor sería dicir os Lorchos-  comezou a publicar os seus artigos en Maiscamarinas.com, todos eles teñen un ton satírico e humorístico no tratamento de asuntos que son moi serios. Hoxe non vai a ser así, porque o que está a pasar no Club Náutico é dunha gravidade tal que nos ten que mover a todos a reflexionar sobre os comportamentos públicos, e incluso privados, daqueles que aspiran a representarnos a todos.

 

Bo ano para todos, meus. Comeza 2012 con malos presaxios despois de asistir ao acordado por Rajoy no último Consello de Ministros. Que a Santa Sirenita nos colla confesados que o conto ven fodido. E non será porque non se avisou!, pero nada, a xente seica lle gusta andar no aramio a mil metros de altura.

 

Por aquí ando de novo, meus. Levo unha chea de tempo desacougado porque non fago mais que oír berros destemplados que fan tremer as lousas da miña ferga. Como xuran e maldicen “las gentes bien” deste noso pobo... Por Neptuno que nunca maxinei que señoras que se dan de tanto postín puideran ceibar tal cantidade de cousas entre os seus candorosos beizos. Santa Sirenita Bendita o que tal oio. Non queda trapo sucio que non se ventile aos catro ventos e teño a impresión de que o conto non fixo mais que empezar. Ao tempo.
Miña Santa Sirenita, sosios. Salín a dar unha volta hasta Punta Sandía e case non fun capaz de chejar a miña ferja do Muelle Novo. Que temporalaso fai. E que baja de mar! Non queda nada no fondo sen revolver e case non vexo nada co lodas que están as aujas.
Aqui estou do novo meus amigos, para contarvos algo que escuitei mentres estaba debaixo dunha pedra na rampa de Aguiar. Santa Sirenita Bendita como me gusta Corea, este barrio eche moi movido ohhh será que está o Concello e por iso sempre hai xente pola rúa. Si algún día cambio a ferga do Muelle Novo será pa vir vivir alí!

 

Páxina 3 de 6