O Xilgaro

O Xilgaro

Moi boas teñades meus amigos e miñas amigas. Hoxe tócame a min, o Lorcho de Corea, traervos algunhas novas que escoito durante os meus paseos ao abrigo do malecón do Cansorro. Non sabedes vos do que se entera algún parándose a escoitar o que se di na terraza do Casino!
Como baixan as aujas, primos. Teño eu un parente que, cando ajarrea aljén, sempre di o mesmo, en castrapo jalaico-castelán: ES LA JERRA!!!
Moi boas teñades boas xentes. Eu, que levo un tempo sen solás, despertei hoxe de súpeto diante da chea de rumores, díxome-díxome, rexoubos e outras lerias que por aquí circulan.
Bo día teñades todos, habitantes do profundo mar e das secas terras. Di Meteogalicia que ven por aí unha surada de muito nabo, con ventos e chuvias a tuti plé. Xa sabedes: coitade os cabos, revisade as defensas, atrancade as ventás e poñédevos o abrigo do radiador que as cousas veñen duras.
Boas teñades todos, amigos e amigas. Hoxe fun dar un voltio pola ribeira do Cansorro e da Carnicería buscando o abrigo do temporal e vin unha gran algarabía na sede dos Socialistas de Camariñas. Despois de indagar puiden saber que os socialistas camariñáns, tódolos anos polo 1º de maio, Dia do Traballo, celebran unha comida a que invitan a militantes, simpatizantes e a todo aquel que queira compartir mesa e mantel con todos eles.
Miña Santa Sirenita! O que teño que ler e oír por non ser xordo!.
Anda o Daniel Rego e a “Caverna Camariñana” pedindo a dimisión de Pichurri porque está imputado -que non condenado- por unha denuncia do propio PP. O conto non deixaría de ter gracia se non fose porque o queren poñer no mesmo plano que a un tal Conde Roa  que, recoñecido por elo mesmo, cobrou case 300.000€ de IVA e, en lugar de pagarllo a facenda pública, quedouse con eles.

 


Hai unha estatua en Madrid na honra do xeneral Espartero montado a cabalo. O animaliño está moi logrado pero ten uns atributos  entre as patas de atrás que asustan. Pois esta xentiña tamén. Mira que hai que ter valor! O Daniel, que ten mais denuncias e sentencias en firme condenatorias que pulgas de mar en Lingunde, pídelle contas a outros e asubía pa riba cando os tribunais o condenan a pagar salarios e pufos coa Seguridade Social. E por riba ten os h...., coma o cavalo de Espartero, de falar de ética e doutras virtudes que el parece que coñece pero que non practica. Solo hai que ver o lamentable e bochornoso espectáculo que está dando no Club Náutico!.

 

Pero, non contento con iso, atrévese o PP a pedir a dimisión de Félix  Porto, alcalde de Muxía, porque tamén está imputado... vaia por Neptuno Bendito! Así que Pichurri e Félix Porto teñen que dimitir por estar imputados e sen ningunha condena pero Daniel Rego e Alberto Blanco (ex alcalde e Muxía e actual portavoz do grupo popular dese concello), ámbolos dous condenados por distintas e moi diversas circunstancias (o de Alberto Blanco no exercicio no seu cargo de alcalde non fai tantos anos), non solo non dimiten se non que dan leccións de comportamento democrático. Estes tipos son uns fenómenos, primeiro denuncian e logo láianse de que non dimitan. Se lles saíra ben a estratexia non quedarían mais alcaldes cos do PP.

O mais curioso é que, esta xente tan preocupada pola ética e pola virtude pública, non pedise a dimisión do alcalde de Fisterra e de Mazaricos... Si oh, si. Aqueles que están imputados por delitos moi graves despois dunha longa investigación do propio xusgado e da Garda Civil. Manda carallo!! Hai h...., ou non hai h....? O cavalo de Espartero o lado desta tropa é un manso capado.

Así que temos, por un lado, a un “señor” que está condenado en firme e “en paradeiro descoñecido”, que o pilla a Garda Civil mamado ao volante, que ten “okupadas” as instalacións do Náutico coma se fose un habitante de Penamoa. Por outro lado temos a outro “señor” que, sendo alcalde de Muxía, foi condenado por autorizar obras ilegais. E, no medio, temos o Partido Popular provincial que “esquece” que ten os alcaldes de Fisterra e Mazaricos imputados pola Operación Orquestra. Todos eles, con mais co.... que o cavalo de Espartero pídenlle contas aos demais por pecados veniais e obvian que eles están en pecado mortal. Meus Santiños do Mar, canto hai que oír por non ser xordo!!!

Moi boas, meus. Estaba eu dando un paseiño polas fergas do Muelle Novo cando escoitei a uns parroquiáns que falaban dun tal Conde Roa, alcalde de Santiago, que disque tiña que dimitir porque tiña unha morea de pufos coa facenda pública e que, tal como está a cousa no país, a dirección provincial do PP non quería coñas. Esta xente que, pola maneira de falar parecían xente do Partido Popular, parecían moi enterados.

 


E digo eu, o tal Conde Roa disque aínda non o sentenciou ninguén a ningún tipo de pena e, que se saiba, aínda non está condenado por ningún xuíz. A pesar diso disque a o PP da provincia da Coruña, que preside Carlos Negreira, está forzando a súa dimisión. Pero, si no PP demandan o cese dun señor que, por pouco edificante que sexa o seu comportamento, aínda non está condenado, que vai a pedir para alguén que ten enriba del unha man chea de sentencias condenatorias, un sen fin de pufos coa Seguridade Social, e todo un rosario de salarios impagados ós seus traballadores?.

Daniel Rego, na súa condición de responsable máximo de Viproga, S.A., está sentenciado e  condenado polos tribunais e, sen embargo, parece que as varas de medir do PP son distintas para el que para Conde Roa. Claro que da a impresión de que no PP tratan de escapar do seu lado e, o parecer, o Presidente da Deputación Provincial non acudiu a inauguración da Mostra para non ter que aparecer na foto con el, ou iso é o que comentaban estes dous que andaban paseando polo Muelle Novo. Alá o PP coas súas cousas, pero se eu fose o Conde Roa estaría mosqueado.

Por certo, parece que a Mostra deste ano foi todo un éxito, e a proba mais palpable é que, dende a caverna camariñana, tiveron que acudir ós cemiterios para atopar tema. Esta xente da dereita extrema é para estudiar: cando as familias queren desenterrar os seus defuntos asasinados polo franquismo nas cunetas de España, din que a esquerda quere resucitar os mortos; sen embargo eles non dubidan en amosar mortos que, se algo foron, foi o azoute da dereita e que, en vida, nun dubidaron en calumniar, alcumar e despreciar. Hai, miña Santa Sirenita, se pudese contar todo canto sei!

Nada, meus amigos, déixovos que von a visitar a miña veciña a Barbada da Esbarda que disque ten algunha novedade que contarme. Astra outra millorada e que os Santos Deuses do Mar vos sexan propicios.

 

Bo día teñades todos e todas, meus. Nótase ambientiño pola vila. O tempo soleado, que non bo, e a próxima Semana Santa animan a xente a vir a Camariñas a vivir a Festa do Encaixe. Si señor, e xa van ... vintadúas edicións!! Quen llo ía a contar á Soneira cando empezou con ela!!.
Aquí estou de novo, meus. Hoxe o conto vai de problemas dentro do PP, tanto en Camariñas como en Vimianzo. Bueno, o de Vimianzo xa é de dominio público e mesmo se reflicte na prensa comarcal de hoxe:Dona Carme, que ía para conselleira, é cuestionada polos propios seus que xa nin de voceira municipal a queren. Claro que disque os rebeldes o que queren e buscar aliados para presentar unha moción de censura en Vimianzo aínda que lle teñan que regalar a alcaldía a outra forza... Quen o sabe? Os rexoubes pola capital de Soneira andan adoecidos, segundo me conta o meu parente o Lorcho de Cereixo
Meus ben queridos seguidores, antonte foi un dia negro para a Costa da Morte. Dez anos despois do Prestige, o mesmo goberno que comprou a algúns con esmolas e con promesas nunca cumpridas, acaba de anunciar outro incumprimento mais: o Parador de Muxía non se construirá. Outra afrenta mais a dignidade da Costa da Morte e os militantes e os cargos públicos do PP, en toda a comarca, caladiños coma petos. Habería que ver a algún se fose o revés! Habería que ver a algún “Diario” dixital se quen anunciase tal nova fose un ministro socialista! Miña Santa Sirenita, pero non quedará unha pinga de amor propio nesta xente?
Páxina 2 de 6