×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 89

Chiringuito ao servizo do PP

19 Abril 2012
Publicado en Galicia
Os Socialistas reclaman á Xunta que transfira aos concellos os fondos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Beatriz Sestayo critica o uso dos fondos con “fins perversos” polo PP e reclama que os concellos xestionen directamente os servizos deste organismo.

 


A portavoz de Servizos Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, ven de reclamar en  Comisión que o Goberno galego transfira definitivamente aos concellos os fondos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Critica o uso opaco e discrecional e con “fins perversos” deste ente polo PP e propón a súa liquidación e a transferencia das súas funcións aos concellos.

A responsable socialista sinalou no debate desta iniciativa, que foi rexeitada polo PP,  que o consorcio tense convertido nun “chiringuito ao servizo do PP”, que o utiliza como “caixa B que o goberno do PP utiliza para financiar o que crea oportuno”. Lembrou que a Xunta elude explicar o reparto de fondos e reclamoulle así á Xunta que explique “onde van os fondos do Consorcio”.

Sinala que o Consorcio “tense  convertido en mans do PP nun instrumento opaco que perverte o fin das políticas sociais e fai un reparto inxusto dos recursos e ignora os servizos sociais municipais”. Acusou ao goberno de Feijóo de poñer as políticas sociais municipais en “situación letal”, e advertiu que a única forma de evitar o seu deterioro e desaparición é a transferencia destes fondos aos concellos.

Sestayo engadiu que o orzamento do ente “amosa a escuridade de cómo funciona un órgano que a Xunta de Feijóo ten convertido en absolutamente inservible para as políticas sociais e onde os concellos teñen perdido a súa capacidade de prestar servizos sociais aos seus veciños e veciñas”.

Dobre estratexia contra a política social
Sestayo criticou a dobre estratexia de Feijóo na política social, que pasa, en primeiro lugar, por “desistir de articular a través da administración autonómica políticas correctoras das inxustizas sociais, abandonando ás persoas e colectivos mais vulnerables”, e en segundo termo tenta “converter en negocio privado os servizos públicos que poden lucrar a algunhas empresas privadas”.

A parlamentaria socialista apunta que esta “folla de ruta” ten sido “invariable” en tódalas políticas sociais “dende a desaparición de programas de loita contra a pobreza ata a privatización de infraestruturas e servizos públicos como os derivados da dependencia e, máis recentemente, da conciliación da vida laboral e familiar, como no tocante ao peche de escolas infantís”.

 

O venres 30 de marzo vaise a celebrar un pleno no salón de sesións da Casa do Concello, no que se vai a someter a votación a Aprobación provisional do Plan Xeral, unha vez feitas as modificacións a que obrigou a Xunta.
O Plan Xeral lévase a Pleno cos informe favorables de Secretaría, Intervención e Arquitecta municipal, e unha vez aprobado, esperemos que a Xunta lle dea esta vez o visto bo, e así moita xente poda durmir tranquila o ter a súa casa dentro da legalidade, as persoas que queiran construír o fagan con seguridade xurídica, e tamén en estes momentos de crise, se lles abra novos traballos os construtores.
Tamén se aprobará unha importante obra de saneamento en Camariñas.
Acaso a comunicación entre os máximos representantes do PP falla. O u por contra o señor Rajoy está pasando da política que o señor Feijóo está levando a cabo en Galicia.
María José Caride sinala que Feijóo é “máis liberal que Merkel ou Rooney” ao defender o déficit como “único obxectivo e da igual o que quede polo camiño”

 


A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou hoxe a Feijóo de ter agochado 1.500 millóns de euros en facturas correspondentes a 2011 para pagalas ata abril de 2012. Na comparecencia da conselleira de Facenda no Pleno do Parlamento, dixo que o Goberno galego “falseou a realidade” deixando de pagar dende o mes de agosto.

Caride acusou á Xunta de “falsear a realidade” ao sinalar que Galicia terá que pagar ata abril de 2012 un total de 1.500 millóns de euros de “facturas agochadas nos caixóns” correspondentes a 2011. Acusou á Xunta de trasladar o déficit “dun ano ao outro” cunhas facturas que supoñen o 2,7 por cento do PIB de Galicia e reclamoulle á conselleira que “deixe xa de presumir dun rigor orzamentario no que só cre vostede”.

A responsable socialista dixo que a Xunta tivo que facer esta operación porque teñen que asumir os pagos acumulados logo de pechar o exercicio 2011 a 30 de setembro, mentres as consellerías tiñan unha orde interna para “non pagar nada nin asumir ningún gasto a partir de agosto”. Lembrou que no ano 2009 o peche de exercicio produciuse en decembro

Explicou que a Xunta conseguiu cumprir cos obxectivos de déficit mantendo operativo o orzamento só 8 meses. Ademais sinalou que o presidente da Xunta, mentres compromete non gastar un euro mais do ingresado, acumula unha débeda pública de 3.048 millóns de euros máis dos que ingresou, o que supón seis veces mais do que medrou a débeda pública durante a lexislatura anterior.

Engadiu que “se incorporamos o importe correspondente ás colaboracións público – privadas a cifra de endebedamento real incrementouse en mais de 4.000 millóns de euros en só tres anos”.

Ultraneoliberal

Na súa intervención de hoxe, a parlamentaria socialista acusou ao presidente da Xunta de desenvolver un discurso “ultraneoliberal”  e unha política “máis liberal que Merkel ou Rooney –o candidato republicano en USA-” ao ter o déficit como único obxectivo “da igual o que quede polo camiño”.

Caride salientou que o déficit debe ser “un instrumento e non obxectivo” xa que este, puntualizou, “é xerar traballo, mellorar a calidade de vida e garantir a atención aos dependentes, unha boa educación pública e un programa para que os mozos e mozas queden en Galicia e incrementen as taxas de natalidade”. Sinalou que a realidade é que “as colas nos comedores sociais medran e a pobreza increméntase”.

Acusou a Feijóo de cometer “fraude” co seu “contrato con Galicia” no que “non estaba o déficit pero si os compromisos co emprego, a reactivación económica, a igualdade de oportunidades, a sanidade ou a educación”. Dixo que Galicia está “moito peor” que hai tres anos e reclamou ao presidente da Xunta que “vaia explicarlles que estamos moito mellor aos 274.275 parados e aos que están nas listas de espera”.

Explicou que, mentres a única prioridade de Feijóo é o déficit, Galicia está a perder converxencia ano a ano, cunha previsión de crecemento negativo que, de manterse o diferencial deste ano, será do 1,9 por cento neste ano –dúas décimas máis que a media estatal-. Reclamou á conselleira que explique si Galicia superará en decembro de 2012 os 300.000 parados e paradas diante da falla de iniciativa do goberno galego.

A responsable socialista engadiu que “se deixen de tanto presumir e miren un pouco ao que está acontecendo na rúa e aos desempregados para darlles unha esperanza de futuro”. Reclamou unha actuación decidida do Goberno galego que permita “transformar a destrución de emprego en creación de emprego e a parálise en activación económica”.

CPFF

A responsable socialista acusou á conselleira de Facenda de “non atreverse” a ir ao Consello de Política Fiscal e Financeira e pedir unha compensación a Galicia polos recortes asumidos durante os últimos tres anos. Criticou que “en lugar diso aliñáronse con outras seis autonomías para pedir a Montoro cambiar a lexislación para ter máis marxe nos recortes”.

Explicou que Galicia resulta “dobremente prexudicada” xa que asumimos sen ningunha compensación a mesma suba de impostos das autonomías que non cumpriron cos seus compromisos logo de sufrir “durísimos recortes nos servizos públicos e na reactivación económica” facendo que o desemprego medre por riba das demais autonomías.



 

Abel Losada pregunta “ata ónde ten que chegar o paro en Galicia para que Feijóo abandone o seu illamento crónico da realidade e comece a aplicar medidas de impulso do emprego”

 

OS SOCIALISTAS CULPAN Á XUNTA DA DESINFORMACIÓN NO SECTOR E NA INSPECCIÓN SOBRE A REGULACIÓN DA TALLA MÍNIMA DA AMEIXA XAPÓNICA, O QUE PROVOCOU ACTAS SOBRE CAPTURAS QUE SÍ CUMPRÍAN COA NORMATIVA COMUNTARIA.
A deputada socialista, Marisol Soneira, criticou que a propia Administración encargada de sancionar descoñecera a redución de 40 a 35mm a talla mínima comercial desta especie. Sancionaron a mariscadores por extraer ameixa da talla regulamentaria.

 


A parlamentaria socialista, Marisol Soneira, ven de recriminar ao Goberno galego que nin teña informado nin coñecera a normativa europea aplicable á medida mínima de extracción da ameixa xapónica, producindo un serio prexuízo ao sector, especialmente ás persoas, individuais ou xurídicas ás que se lle tramitaron actas de infracción por capturas con talla por baixo do 40 mm, cando a talla en vigor desde 2009 é de 35mm.

A portavoz de pesca recriminou á Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Rodríguez Carballo, que estando en vigor o Regulamento (CE) 43/2009 de 16 de xaneiro de 2009, que rebaixa a talla mínima da ameixa xapónica a 35 mm, isto non fora comunicado aos afectados ata unha circular do 30 de setembro de 2011. Porque, como dixo Soneira, “en todo ese tránsito pasaron cousas, entre elas a sanción a traballadores do mar, que estaban a extraer coa medida legal”.

Deduce a deputada socialista que “tampouco o corpo de inspección coñecía a normativa en vigor”, pois como recoñeceu a propia directora xeral, se seguiron tramitando actas de infracción: 4 en 2009 e 17 en 2010.

Soneira fixo fincapé nas consecuencias desta situación de desinformación a respecto da talla mínima desta prezada especie. Sobre todo de tipo económico, pois moitas familias se atoparían con dificultades para afrontar os recursos ou para o pago das sancións efectivas. Pero tamén, recorda a portavoz de pesca socialista, profesionais, pois é sabida a influencia de ter ou non manchado o expediente para a solicitude do PERMEX.

A propia directora xeral recoñeceu a Soneira a necesidade de remitir unha circular informativa ao sector. A deputada encargada da pregunta en comisión  insistiu en que “non é recibo que nun estado de dereito coma o noso a Administración sancionadora descoñeza a lexislación aplicable”.

SENSACIÓN DE DESCONTROL NA CONSELLERÍA
Marisol Soneira reprochou esta sensación de descoñecemento lexislativo e de descontrol por parte da Consellería de Medio Rural e Mar, porque “aínda que nun expediente poda parecer fácil cambiar un papel ou engadir documentación, detrás de todo isto están persoas que bastante lles chega con preocuparse de traballar no mar e sacar dignamente unha renda do seu traballo”.

Neste marco de confusión recordou Soneira o episodio dos 12 PERMEX de Carril pois, “non se sabe ben onde fallaron os controis”, pero a administración acabounos retirando tras recoñecer que se outorgaran de xeito ilegal.

 

Feijóo e o paro

07 Febreiro 2012
Publicado en Economía e traballo
En canto se desencadeou a crise, e a pesares da mellor evolución do paro en Galicia respecto da media española, Feijóo non escatimou críticas á Xunta de Touriño pola destrución de emprego. Trala primeira reunión co grupo parlamentario do PP á volta das vacacións do convulso verán de 2008, o 1 de setembro, criticou a Touriño porque “preferiu tomar o sol que falar da crise”, e colleuse vacacións “coma se non pasase nada”.
Hai uns días contábamosvos o anuncio da Xunta de Galicia da ampliación da Rede Natura e como esta afectaba enormemente ó noso Concello.
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira pide incentivar e apoiar os novos proxectos turísticos vinculados ao mar e á actividade pesqueira e marisqueira.
Demanda tamén o  desenvolvemento de actividades formativas, vinculadas ao turismo e á cultura mariñeira, que faciliten a cualificación profesional para o desenvolvemento desta actividade.
Sinala que rexistra esta proposta xa que ao longo da nosa costa existe un rico patrimonio cultural, etnográfico e histórico que, en moitos casos, está a piques de desaparecer.

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou que rexistrou unha proposición no Parlamento na que reclama ao Goberno de Feijoo o desenvolvemento e simplificación das normas que permitan a presenza a bordo de turistas interesados nas actividades de pesca e marisqueo a flote.

A iniciativa rexistrada reclama incentivar e apoiar os novos proxectos turísticos vinculados ao mar e á actividade pesqueira e marisqueira. Demanda tamén o  desenvolvemento de actividades  formativas, vinculadas ao turismo e á cultura mariñeira, que faciliten a cualificación profesional para o desenvolvemento desta actividade.

Soneira pide programas de recuperación de contornos urbanos e etnográficos vinculados á actividade pesqueira e marisqueira, para a súa transformación en produtos turísticos de calidade.

A deputada solicita ademais programas de recuperación do contorno natural vinculado coa actividade pesqueira e marisqueira susceptible de ser ofertado como un produto turístico de alto valor medio ambiental.

A maiores demanda un programa de recuperación de pecios industriais e etnográficos, vinculados coa actividade pesqueira e marisqueira. E tamén un programa de apoio aos estaleiros de ribeira que permitan a súa supervivencia, a conservación das técnicas construtivas tradicionais e a produción de embarcacións tradicionais con destino á pesca profesional e á actividade náutico deportiva.

A portavoz de pesca sinala que rexistra esta proposta xa que ao longo da nosa costa existe un rico patrimonio cultural, etnográfico e histórico que, en moitos casos, está a piques de desaparecer por moi diversas razóns.

Relata que nas nosas vilas mariñeiras aínda se manteñen antigos rueiros mariñeiros que lograron sobrevivir á especulación urbanística e ás ansias pola modernidade mal entendida, que hai que preservar polos seus valores históricos e porque son un recurso moi valioso dende o punto de vista patrimonial e turístico se somos quen de aproveitalo.

E, por suposto, todos estes valores están situados nun espazo xeográfico que, na maioría dos casos, ten un gran valor paisaxístico e medio ambiental.

A suma de todos estes elementos conforma un gran potencial turístico que, convenientemente desenvolvido, pode contribuír o desenvolvemento social, económico e laboral das nosas comarcas costeiras.

 

Pois despois do ben que o están a facer, o que merecen e carbón ou nada. Que método máis bo están empregando para gobernar e que lle dean as súas contas. Esta xente, a cal debería de velar polos intereses da xente, parace ser que ten outras prioridades, como son o de cadrar as súas contas a pesares de facelo cos cartos que no seu día se comprometeu a dar a certos colectivos e que a hora da verdade queda claro que lles importa ven pouco e déixaos desamparados, sen cobrar e sen a posibilidade de poder traballar, tendo que facer fronte o pago dos seguros dos seus aforros, os que os teñan, e os que non conten con eles, quedan nunha situación total de desamparo.

 

Páxina 2 de 5