×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 89

Estes votan contra o pobo

29 Novembro 2011
Publicado en Servizos Sociais

Como se pode representar o pobo e votar en contra do pobo?

Nestes últimos días o Partido Popular de Camariñas ten amosado con meridiana claridade cales son os seus compromisos políticos: defensa a ultranza do goberno galego aínda que iso vaia en contra dos intereses dos cidadáns a quen representan no concello.

Pleno ordinario novembro 2011

28 Novembro 2011
Publicado en Novas
No pleno celebrado na Casa do Concello o venres 25 de novembro o grupo socialista, que goberna o Concello de Camariñas con maioría absoluta dende as pasadas eleccións municipais do 20 de maio deste ano en curso, adoptamos os seguintes acordos:

Política con Medias Tintas

02 Novembro 2011
Publicado en Opinión
Estou un pouco farta de decatarme de noticias manipuladas a comenencia, pois creo que este pueblo merece outra cousa. Os temas políticos que se tratan neste  Concello devería de dárselle un trato máis serio e deixar de tanto comentario xocoso e mal intencionado por parte dalgunha xente. ¿Porqué solo se analiza a política dun solo partido, e o traballo do mesmo? Pois ou moito me engano ou a Camariñas represéntano dous.

O Peirao e o PP de Camariñas

07 Agosto 2011
Publicado en Opinión
Rumore, rumore, rumore.... Alvarez Campana non saía de Camariñas. Era o instrumento para que Danielito e o PP camariñán gañasen as eleccións.
Despois da “Dulce Derrota” que din que sufriron, o PP abandona Camariñas e ós veciños de da vila que tanto quixeron enganar e agora dirixe a súa mirada carroñera cara a Ponte do Porto.
Disque no Mitin do PP celebrado o Domingo en Arou trouxeron un orador que non sabía por onde andaba, e polo que parece o PP de Camariñas tampouco o sabe moi ben.

O PP xa o ten decidido

19 Abril 2011
Publicado en Obras Públicas
Na edición do domingo 17 deste mes de abril da Voz de Galicia, o Partido Popular de Camariñas xa nos anuncia o que van a intentar facer “en beneficio de Camariñas”: utilizar a Xunta de Galicia para que free o maior logro da historia política do noso concello, o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Non todos somos iguais

29 Marzo 2011
Publicado en Novas
A dereita sempre tivo a tentación de emporcar o exercicio da actividade política para dar a sensación de que as cousas funcionan mellor cando a sociedade prescinde do liderazgo da xente do pobo. Así, e sobre todo en épocas de crise ou convulsas, andan a sementar dúbidas sobre as capacidades dos representantes políticos ou sobre a validez do modelo democrático.
O Partido Popular utilizou sempre un método moi particular para fabricarse unha noticia onde non a hai. Así, primeiro, solta unha barbaridade absolutamente demencial e, logo, espera a que alguén reaccione para provocar un debate artificial absolutamente ficticio que solo serve para alimentar a paranoia de quen, alonxado da luz do sol e do aire fresco da mañá, maquina un mundo fantástico onde os socialistas somos seres perversos que non fan mais que maquinar maldades, e os que son condenados en firme pola xustiza son esgrevios persoeiros que veñen a salvar Camariñas de non se sabe que perigos.

O PP de Camariñas e a Fundación Man

20 Decembro 2010
Publicado en Cultura
Disque o PP de Camariñas esta moi preocupado pola Fundación Man. Disque en todo-los plenos fan algunha pregunta ao respeto. Disque eles están moi preocupados pola situación da fundación e se sinten desinformados.
Páxina 3 de 3