O nobre exercicio da política

02 Mai 2011
Publicado en Novas
O exercicio da acción política é unha das actividades mais nobres que pode desempeñar o ser humano. A través dela pódense converter en realidade os soños dunha sociedade mellor, mais xusta e mais igual. Nas sociedades democráticas solo hai un camiño para liderar estas ansias colectivas: a confianza dos cidadáns expresada libremente a través do seu voto.

O PP xa o ten decidido

19 Abril 2011
Publicado en Obras Públicas
Na edición do domingo 17 deste mes de abril da Voz de Galicia, o Partido Popular de Camariñas xa nos anuncia o que van a intentar facer “en beneficio de Camariñas”: utilizar a Xunta de Galicia para que free o maior logro da historia política do noso concello, o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Etica privada, ética pública

12 Xaneiro 2011
Publicado en Novas
Pode unha persoa ter un comportamento irresponsable e carente dos mais básicos principios morais, na súa actividade privada, e encarnar os mais altos valores democráticos como candidato a xestionar os valores colectivos dunha sociedade?

Disque o PP de Camariñas está moi preocupado pola saúde económica do noso Concello. Día tras día, están a crear unha imaxe negativa de Camariñas máis esa imaxe negativa do noso pobo só é realidade na empresa VIPROGA propiedade de Daniel Rego, o representante do PP de Camariñas. O Concello de Camariñas paga ós seus traballadores e presta os servizos que os veciños requiren, e o líder da oposición non pode dicir o mesmo. Familias enteiras están a pasar duras penalidades gracias a nefasta xestión dun personaxe que pretende ser o representante de tódolos camariñáns mediante engaños e falsas promesas. Esta é a realidade.

 

O PP de Camariñas e a Fundación Man

20 Decembro 2010
Publicado en Cultura
Disque o PP de Camariñas esta moi preocupado pola Fundación Man. Disque en todo-los plenos fan algunha pregunta ao respeto. Disque eles están moi preocupados pola situación da fundación e se sinten desinformados.
Páxina 3 de 3