O eurodiputado e ex-ministro socialista José  Blanco trasladará aos socialistas da Costa da Morte as posibilidades que ofrece a Unión Europea para que os concellos acometan accións e programas innovadores con financiamento europeo. O próximo sábado 24 de outubro, os cargos públicos socialistas da Costa da Morte manterán unha xornada de traballo con José Blanco para informarse das posibilidades que a UE ofrece aos pequenos concellos e aproveitarán para trasladarlle as súas propostas e dúbidas que sobre xurdan sobre o asunto. O acto celebrarase ás 11 da mañá na Casa do Pobo e Mais Camariñas ofrecerá un amplo reportaxe do que aconteza neste interesante encontro co ex-ministro José Blanco.

O PSdeG-PSOE DA COSTA DA MORTE, está a realizar unha serie de xornadas informativas a cidadanía, sobre diversos temas de actualidade. A terceira xornada informativa realizarase novamente na Casa de Cultura de Corcubión o próximo sábado 30 de novembro, as 11 da mañá,  a xornada leva por título: “AS CONSECUENCIAS DOS RECORTES NOS SERVIZOS PÚBLICOS (EDUCACIÓN, SANIDADE, SERVICIOS SOCIAIS); LEVADOS A CABO POR OS GOBERNOS DE FEIJÓO E RAJOY”.
O PSdeG-PSOE DA COSTA DA MORTE, está a realizar unha serie de xornadas informativas a cidadanía, sobre diversos temas de actualidade. A segunda xornada informativa realizarase na Casa de Cultura de Corcubión o próximo sábado 23, as 11 da mañá,  a xornada leva por título: “NOVA LEI DE ADMINISTRACIÓN LOCAL E A SÚA REPERCUSIÓN SOBRE A CIDADANÍA DE CONCELLOS PEQUENOS”.
O PSdeG-PSOE DA COSTA DA MORTE, vai a realizar unha serie de xornadas informativas a cidadanía, sobre diversos temas de actualidade. A primeira xornada informativa realizarase na Casa de Cultura de Corcubión o próximo sábado 16, as 11 da mañá,  a xornada leva por título: “AS REPERCUSIÓNS SOBRE A CIDADANÍA DAS POLÍTICAS DO GOBERNO CENTRAL E DA XUNTA DE GALICIA”. Darase información e conta dos impostos e taxas locais impostos polo estado, e pola Xunta de Galicia, e a súa repercusión na economía das familias. Dende a  Agrupación Socialista de Camariñás, animamos a todos os veciños a participar activamente en estas xornadas, xa que tanto por os temas que se van a tratar (que nos afectan directamente), como por a calidade dos poñentes, seguro que saímos ben informados.