O Concello de Camariñas iniciou hoxe o programa “Xantar na Casa”, despois de firmar o recente convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia. O novo servizo comeza con dez usuarios, aínda que se prevé o seu incremento durante os vindeiros meses. De momento os usuarios pertencen ao casco urbano de Camariñas, Ponte do Porto, Camelle e Santa Mariña. Os beneficiarios pagan dous euros cada día pola comida e o resto do importe é subvencionado polo Concello e o Consorcio Galego.

O Concello de Camariñas acaba de firmar o convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para levar a cabo o programa “Xantar na Casa”, do que de momento se beneficiarán un total de dez persoas do municipio. O Concello ten previsto empezar no mes de agosto con este novo servizo, xa que antes deberá de completar unha serie de trámites. Os usuarios pagarán dous euros cada día pola comida e o resto do importe será subvencionado polo Concello e o Consorcio.