Os veciños poden consultar cun arquitecto da oficina redactora do Plan, os xoves, de 10:00 a 14:00 horas nas oficinas do Concello. O Concello de Camariñas quere lembrar a veciños e veciñas involucrados na area que delimitara o Plan Especial de Proteccion e Reforma Interior, que segue aberto o prazo para solicitar información ou realizar alegacións dentro dos dous meses aos que o concello decidíu ofrecer a exposición do plan.

Ampliación Rede Natura

18 Febreiro 2012
Publicado en Economía e traballo
Non hai moito anunciábamos, ou máis ben alertábamos, da decisión da Xunta de Galicia de ampliar a Rede Natura.
Dentro deste proxecto da Xunta puidemos observar que o Concello de Camariñas iba ser un dos máis afectados. Como pode observarse no mapa do Concello, a franxa de cor verde é a Rede Natura que temos actualmente e a franxa cor vermella a que se pretende alertar.

 

Como ven publicando A Voz de Galicia durante estes días son moitos os Concellos preocupados por as consecuencias negativas que  vai traerlles o POL. Camariñas foi o Concello máis activo contra o POL, onde os nosos veciños presentaron máis de 1200 alegacións que aínda están sen contestar cando xa leva un mes en vigor.
O Concello de Camariñas investirá en Camelle outra vez máis e concretamente na Rúa Pirica de Camelle que vai a ser renovada con cargo o POS 2011. Era esta unha vella demanda dos veciños desta rúa camellana que agora vense escoitados pola actual corporación e que pronto se porá en execución.