O Concello de Camariñas  participará no 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrará do 3 ao 7 de febreiro en Ourense dentro do estánd da Deputación da Coruña e nas aulas gastronómicas de Xantar.

A oficina de información turística de Camariñas, aberta dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto, estase a converter nun elemento dinamizador do turismo moi importante para o sector e para as persoas que visitan o noso concello. Ademais do servizo de información clásica aos turistas, a oficina xestionou as visitas das rutas guiadas por Camariñas: Na beira do Mar e Historias Mariñeiras, Transporte turístico gratuíto xunto coa axencia de desenvolvemento local, a Ruta dos Naufraxios, Ruta mariscadora, Noite de Naufraxios e servizo de aluguer de bicicletas.

A semana pasada un grupo de periodistas e bloggers estívonos visitando á petición do Alcalde. O Concello de Camariñas deseñou un proxecto chamado "Camariñas, o mar todo". Este proxecto foi presentado ao GAC e recibíu unha moi alta puntuación polo que conseguimos o financiamento da Xunta de Galicia. Dentro do proxecto ideamos unha viaxe de líderes de opinión nacionais, internacionais e galegos para o sector turismo de Camariñas. Foi unha viaxe guiada relacionada cos naufraxios e a labor de rescate realizada polas comunidades mariñeiras. Tamén amosamos a riqueza cultural, paisaxística e marítima do noso municipio. O grupo formárono líderes de opinión e tendencia especializados en gastronomía e en turismo experiencial. O noso obxectivo principal foi que escriban sobre Camariñas para así captar a atención de visitantes potenciais.  Pretendemos incrementar o número de recomendacións do destino buscando o maior número de impactos posibles que, ao fin, poderán ter como resultado visitas turísticas ao territorio. Durante a visita o #camariñas en twitter estivo colmado de excelentes comentarios por parte dos periodistas e bloggers.Axiña veremos os seus artigos.
Na primeira quincena de agosto os puntos de información turística que hai no Concello de Camariñas atenderon a un total de 7.513 consultas. Unha cantidade superior as mesmas datas do ano pasado e ao mes anterior deste ano.
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira pide incentivar e apoiar os novos proxectos turísticos vinculados ao mar e á actividade pesqueira e marisqueira.
Demanda tamén o  desenvolvemento de actividades formativas, vinculadas ao turismo e á cultura mariñeira, que faciliten a cualificación profesional para o desenvolvemento desta actividade.
Sinala que rexistra esta proposta xa que ao longo da nosa costa existe un rico patrimonio cultural, etnográfico e histórico que, en moitos casos, está a piques de desaparecer.

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou que rexistrou unha proposición no Parlamento na que reclama ao Goberno de Feijoo o desenvolvemento e simplificación das normas que permitan a presenza a bordo de turistas interesados nas actividades de pesca e marisqueo a flote.

A iniciativa rexistrada reclama incentivar e apoiar os novos proxectos turísticos vinculados ao mar e á actividade pesqueira e marisqueira. Demanda tamén o  desenvolvemento de actividades  formativas, vinculadas ao turismo e á cultura mariñeira, que faciliten a cualificación profesional para o desenvolvemento desta actividade.

Soneira pide programas de recuperación de contornos urbanos e etnográficos vinculados á actividade pesqueira e marisqueira, para a súa transformación en produtos turísticos de calidade.

A deputada solicita ademais programas de recuperación do contorno natural vinculado coa actividade pesqueira e marisqueira susceptible de ser ofertado como un produto turístico de alto valor medio ambiental.

A maiores demanda un programa de recuperación de pecios industriais e etnográficos, vinculados coa actividade pesqueira e marisqueira. E tamén un programa de apoio aos estaleiros de ribeira que permitan a súa supervivencia, a conservación das técnicas construtivas tradicionais e a produción de embarcacións tradicionais con destino á pesca profesional e á actividade náutico deportiva.

A portavoz de pesca sinala que rexistra esta proposta xa que ao longo da nosa costa existe un rico patrimonio cultural, etnográfico e histórico que, en moitos casos, está a piques de desaparecer por moi diversas razóns.

Relata que nas nosas vilas mariñeiras aínda se manteñen antigos rueiros mariñeiros que lograron sobrevivir á especulación urbanística e ás ansias pola modernidade mal entendida, que hai que preservar polos seus valores históricos e porque son un recurso moi valioso dende o punto de vista patrimonial e turístico se somos quen de aproveitalo.

E, por suposto, todos estes valores están situados nun espazo xeográfico que, na maioría dos casos, ten un gran valor paisaxístico e medio ambiental.

A suma de todos estes elementos conforma un gran potencial turístico que, convenientemente desenvolvido, pode contribuír o desenvolvemento social, económico e laboral das nosas comarcas costeiras.

 

IV Festa da Palilleira.

07 Decembro 2011
Publicado en Desenrolo e Encaixe
Dende a Concellería de Encaixe, Turismo e Comunicación traballamos arreo para conseguir que a Festa da Falilleira séa un éxito, e así esta sendo a dia de hoxe con 550 palilleiras anotadas, e porqué quixemos cerrar o cup; palilleiras que veñen de todos os puntos de España: Murcia, Toledo, Pais Vasco, Madrid etc…  sen dubida, un atractivo para a nosa vila, Capital do Encaixe, por excelencia, e ademais outra maneira para dar a coñecer a Mostra de Encaixe.