O TANATORIO DE CAMARIÑAS É UN PROXECTO DOS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS

Contra o torpedeo continuo por parte dos que non respectan a vontade popular, e basean a súa estratexia política nos xulgados, temos que lle dicir o pobo de Camariñas que, CAMARIÑAS CONTARÁ CON UN TANATORIO MUNICIPAL NA TRAVESÍA MUÍÑO DO VENTO.
A petición da Cooperativa Funeraria de Camariñas de suspender as obras de construción do Tanatorio Municipal FOI REXEITADA, así que os traballos continúan e no mes de abril pode estar rematado. A xuíza titular do xulgado do contencioso-administrativo de A Coruña ven de rexeitar a petición da Cooperativa Funeraria de Camariñas, de suspender as obras de construción do Tanatorio Municipal.
O Partido Socialista de Camariñas levou no seu programa electoral do ano 2007 que si a iniciativa privada non consigue construír un Tanatorio, comprometíase a facer un Tanatorio Municipal. Este foi o noso compromiso e vendo, que a Cooperativa Funeraria de Camariñas non era quen de levar adiante a construción do seu tanatorio, o Grupo de Goberno púxose a traballar para conseguir o tan ansiado ben para o noso pobo. O Grupo de Goberno conseguiu unha subvención da Deputación da Coruña e conseguiu uns terreos, sen custes para os vecinos, donado por un fundación sen ningún animo de lucro.
Camariñas está novamente de noraboa. Despois de moitos traballos, viaxes e negociacións por parte do Alcalde e da agrupación socialista de Camariñas. Despois de tantos intentos de sabotaxe por parte dunha oposición irresponsable co seu pobo e cos seus veciños antepoñendo os intereses do PP ós das xentes do noso concello, hoxe podemos comprobar como a empresa concesionaria dunha das obras máis demandadas pola cidadanía do noso concello comezou as obras do que xa é unha realidade:  O Tanatorio Municipal de Camariñas "Irmáns Fernández Espín". A partir de agora, cando se rematen as obras que hoxe deron comezo por parte da empresa Lires Cons SL, os veciños e veciñas de Camariñas xa non terán que ir en procesión ata Vimianzo para velar ós seus seres queridos xa que poderán facelo no pobo que os víu nacer. Unha reclamación histórica das xentes de Camariñas que tan só un Alcalde Socialista como Pichurri podía levar a cabo a pesar de todos os intentos de sabotaxe.

Dende os Socialistas de Camariñas queremos agradecer sinceiramente todo o traballo do noso Alcalde así como tamén dar un agradecemento eterno e enorme ás persoas que desinteresadamente doaron os terreos en beneficio do pobo (Juan do Andaluz e Juan José Rego González). Tamén recoñecer a total disposición da "Fundación Fernández Espín" para levar a cabo este proxecto tan necesario para Camariñas, sin a súa axuda este logro non sería posible. Finalmente os socialistas de Camariñas queremos expresar o noso máis emocionado recordo a unha das persoas que máis traballaron polo noso concello: Salvador Fernández Moreda, Presidente Socialista da Deputación da Coruña. O home que firmou o documento para aprobar a axuda de 390.000 euros por parte da Deputación Socialista para que o Concello de Camariñas pudera realizar esta obra. Agora tan só cabe felicitarse todos e esperar que as obras rematen canto antes. Camariñas xa ten tanatorio. O tanatorio que conseguíu levar á realidade Manuel Valeriano Alonso de León "Pichurri", noraboa Alcalde.
O pasado venres  as 12 celebrouse na Casa do Concello de Camariñas un pleno extraordinario para aprobar o expediente de contratación do Tanatorio Municipal. Esta contratación do Tanatorio realizarase  mediante un procedemento aberto,  con multiplicidade de criterios de valoración, anunciarase no Boletín Oficial da Provincia, na Web do Concello e en La Voz de Galicia.
A Cooperativa Funeraria de Camariñas é unha entidade a que pertencen moitas persoas que, baixo esta fórmula de xestión, atoparon un servizo e unhas condicións que lles resultan atractivas dende o punto de vista económico. Ningún socio da cooperativa se dou de alta na mesma para facer política porque para iso xa existen outros vieiros e, ademais, entre a masa social hai persoas de moi diversa ideoloxía.
Acabo de chegar das miñas vacacións e xa non me dan tregua. Miña Santa Sirenita, pero que pasou co sentido do ridículo  dalgúns? Cando vos contaba, no último rexoubeo, que o alcalde xa tiña asinado o convenio coa Deputación Provincial para a construción do tanatorio e que os terreos (gratis) xa estaban rexistrados a nome do concello, nunca pensei que ía a ter tales consecuencias na estabilidade emocional do Redactor Paranoico. Deuses do Olympo Submarino, como está o persoal!

 

O Lorcho volve das vacacións

04 Marzo 2012
Publicado en Opinión
Bo día para todos, meus. Despois dun viaxiño por outros mares, para despexar a cabeza lonxe dos berros das gaivotas revoltosas que aniñan no Náutico, volvo para estar con vós. Disque o meu primo O Lorcho da Ariña Branca pensou que me pasara algo... home, digo peixe, algo pasoume: fun de vacacións coma un campión, que tamén os lorchos temos dereito
Como anda esto sosios. Estaba eu dándome un jarbeo pola Pedra do Sal, aproveitando a tardiña, cando lle escuitein a un paisano contarlle a outro: “pero disque os do PP denunsiaron o alcalde por dar unha papeleta o día das votasións...” O outro, que paresía mais enterado díxolle:  “ que vai ser oh. O que pasou é que disque o alcalde doulle des euros a un rapaz que llos pedío prestados, cousa que seica non era a primeira ves... pero a quen vin eu dando papeletas no atrio da ijlesia de Buria fui a unha rapasa que me dixeron que era consejala do PP. Fui a salida da misa e non fui nin unha nin dúas”

Estes votan contra o pobo

29 Novembro 2011
Publicado en Servizos Sociais

Como se pode representar o pobo e votar en contra do pobo?

Nestes últimos días o Partido Popular de Camariñas ten amosado con meridiana claridade cales son os seus compromisos políticos: defensa a ultranza do goberno galego aínda que iso vaia en contra dos intereses dos cidadáns a quen representan no concello.
Páxina 2 de 3