O PP, é definitivamente o partido da abstención, nas cousas importantes sempre se absteñen, non teñen a responsabilidade de apoiar unha causa xusta, nin tampouco o valor de dicir que non. Están seguindo a doutrina Cospedal “NI LO QUIERO NI LO DEJO DE QUERER”, e en este pleno estiveron en contra da construción do Tanatorio Municipal e da ITV que se pretende instalar en Zas.
O símbolo do PP é unha gaivota, animal que, como todos sabemos , aliméntase esencialmente de canta preada hai no mar, nas costas e nos vertedoiros a onde tiramos os residuos que desbotamos dos nosos fogares.
O noso Alcalde Pichurri tras largos meses de traballo e dunha labor calada pero efectiva (algo nada habitual na oposición) conseguiu os terreos necesarios para que o Tanatorio MUNICIPAL de Camariñas sexa unha realidade.
Páxina 4 de 4