Camariñas está novamente de noraboa. Despois de moitos traballos, viaxes e negociacións por parte do Alcalde e da agrupación socialista de Camariñas. Despois de tantos intentos de sabotaxe por parte dunha oposición irresponsable co seu pobo e cos seus veciños antepoñendo os intereses do PP ós das xentes do noso concello, hoxe podemos comprobar como a empresa concesionaria dunha das obras máis demandadas pola cidadanía do noso concello comezou as obras do que xa é unha realidade:  O Tanatorio Municipal de Camariñas "Irmáns Fernández Espín". A partir de agora, cando se rematen as obras que hoxe deron comezo por parte da empresa Lires Cons SL, os veciños e veciñas de Camariñas xa non terán que ir en procesión ata Vimianzo para velar ós seus seres queridos xa que poderán facelo no pobo que os víu nacer. Unha reclamación histórica das xentes de Camariñas que tan só un Alcalde Socialista como Pichurri podía levar a cabo a pesar de todos os intentos de sabotaxe.

Dende os Socialistas de Camariñas queremos agradecer sinceiramente todo o traballo do noso Alcalde así como tamén dar un agradecemento eterno e enorme ás persoas que desinteresadamente doaron os terreos en beneficio do pobo (Juan do Andaluz e Juan José Rego González). Tamén recoñecer a total disposición da "Fundación Fernández Espín" para levar a cabo este proxecto tan necesario para Camariñas, sin a súa axuda este logro non sería posible. Finalmente os socialistas de Camariñas queremos expresar o noso máis emocionado recordo a unha das persoas que máis traballaron polo noso concello: Salvador Fernández Moreda, Presidente Socialista da Deputación da Coruña. O home que firmou o documento para aprobar a axuda de 390.000 euros por parte da Deputación Socialista para que o Concello de Camariñas pudera realizar esta obra. Agora tan só cabe felicitarse todos e esperar que as obras rematen canto antes. Camariñas xa ten tanatorio. O tanatorio que conseguíu levar á realidade Manuel Valeriano Alonso de León "Pichurri", noraboa Alcalde.

A empresa gañadora do concurso foi Lires Cons, S.L.


A mesa de contratación do Tanatorio Municipal de Camariñas propoñe a empresa Lires Cons, S.L domiciliada en Dumbría, como adxudicataria do contrato de construción do Tanatorio Municipal, por presentar as condicións máis ventasoxa para a Administración.

A esta obra presentaronse 22 empresas.

A obra foi adxudicada por a cantidade total de 379.499,80 Euros.

Así que agora solo queda firmar a Acta de Replanteo e empezar a construción de esta infraestrutura tan demandada pols veciños.

 

O pasado venres  as 12 celebrouse na Casa do Concello de Camariñas un pleno extraordinario para aprobar o expediente de contratación do Tanatorio Municipal. Esta contratación do Tanatorio realizarase  mediante un procedemento aberto,  con multiplicidade de criterios de valoración, anunciarase no Boletín Oficial da Provincia, na Web do Concello e en La Voz de Galicia.

Unha lorchada coral

02 Xullo 2012
Publicado en Opinión
Aquí estamos de volta, meus. Hoxe vimos tódolos lorchos xuntos porque hai variación e profusión de temas, e algún deles con moito tomate. Primeiro manifestarvos que estamos, toda a familia lorcheira, moi ledos e contentos do partidón que fixo España  na final da Eurocopa... que pasada! Que primor! Que ghosada, José, que ghosada!! Estamos os lorchos en estado de orgasmo -futbolístico e patriota- permanente. Noraboa aos xogadores e gracias por facernos esquecer a puñetera prima de risco por uns intres.

 

A Cooperativa Funeraria de Camariñas é unha entidade a que pertencen moitas persoas que, baixo esta fórmula de xestión, atoparon un servizo e unhas condicións que lles resultan atractivas dende o punto de vista económico. Ningún socio da cooperativa se dou de alta na mesma para facer política porque para iso xa existen outros vieiros e, ademais, entre a masa social hai persoas de moi diversa ideoloxía.
O que a priori parecía que ía ser un pleno máis ben de trámite, xa que solo había un punto no orde do día, e que as preguntas, unha vez máis eran as mesmas de sempre, (Tanatorios, Fundación Man, As Seixas) convirtírono os de sempre en un pleno bronco.
Dende o primeiro minuto que interveu Danielito, viuse que o facía con unha locuacidade e unha velocidade diriamos que sospeitosa.

 

O único punto do orde do día era a baixada do soldos dos membros do equipo de goberno, e a retirada da media exclusividade de Mari Carmen, logo de explicar que no plan de Axuste se decidiu non despedir a ningún traballador senón recaer todo o axuste nos soldos dos políticos, pois nada, que non lles gusta, e o que tampouco lle gustou a Danielito foi cando lle recordaron que está a cobrar da Deputación da Coruña case 20.000 euros, sen saber ninguén a que realmente se dedica, por que mirar por Camariñas non o fai, xa que dende que está el na Deputación non se ve unha sola inversión de está no noso Concello, ademais non foi capaz de traer o Presidente da Deputación a inauguración da Mostra do Encaixe, a primeira vez na historia que isto aconteceu, aquí o home púxose en fin….

A voltas de novo coa Fundación Man, resulta que veñen a facer preguntas o Pleno do Concello que deberían de facerllas o Padroado de esta.

En canto a renovación de un membro do Padroado que lle corresponde o PP,  resulta que agora ten que ser o equipo de goberno o que ten que propoñer o representante do PP, debe ser que como que eles, están a paus (dixitalmente falando) uns con outros, non son quen de elixir a ninguén.

Aquí tivemos se dubida a frase do Pleno, pronunciada por a edil de Camelle dona Pilar, chamoulle CHUPÓNS, os Artistas e Intelectuais que estiveron estes días en Camelle nun encontro, esta señora descoñece que esas 25 persoas, viñeron a Camariñas custeándose eles mesmos o seus gastos de aloxamento e o fixeron nos establecementos do Concello. Esperemos dende o PP de Camariñas se desculpen publicamente diante de esta xente.

No tema dos Tanatorios as preguntas as de sempre, e as respostas as mesmas, este grupo de Goberno vai facer un Tanatorio Municipal en Camariñas, por moito que os do PP axiten unha loita partidista entre pobos.

Logo de poñer todas as trabas posibles na Deputación queren agora que se faga na Ponte do Porto, vamos que segundo eles o que é ruinoso en Camariñas, e unha gran inversión na Ponte do Poro, !!!coherencia señores!!!.

Tamén informou Pichurri que na Ponte do Porto a empresa interesada dende fai tempo en construír un tanatorio pode facelo mañá mesmo, si o fai de Baixo+1, e dicir cumprindo a legalidade urbanística. Tamén comunicou que hai outra empresa interesada en facer un tanatorio na Ponte do Porto, aquí apareceu outra vez o “Defensor da legalidade” Danielito dicindo “Dálle a licenza home” como si as licencias se deran sen ton nin son.
O que tamén quedou claro que os concelleiros do PP Luís e Ana non queren que o Tanatorio Municipal se faga Camariñas.

 

O grupo de goberno non vai a entrar en liortas ficticias que o único que fan e crear mal ambiente entre dous pobos do noso concello, o Grupo Socialista teno moi claro dende fai tempo e así o vai a facer, o Tanatorio Municipal vaise construír no Muíño do Vento en Camariñas e na Ponte do Porto vaise a construír un, ou varios tanatorios privados, xa que hai a lo menos dúas empresas interesadas na súa construción, iso si, sempre e cando cumpran ca legalidade urbanística.

 

Coma tódolos últimos venres dos meses impares celebramos un pleno ordinario no Concello de Camariñas. A Orde do Día era aprobar tres puntos, un deles moi importante, a aprobación provisional do PXOM.

 

Acabo de chegar das miñas vacacións e xa non me dan tregua. Miña Santa Sirenita, pero que pasou co sentido do ridículo  dalgúns? Cando vos contaba, no último rexoubeo, que o alcalde xa tiña asinado o convenio coa Deputación Provincial para a construción do tanatorio e que os terreos (gratis) xa estaban rexistrados a nome do concello, nunca pensei que ía a ter tales consecuencias na estabilidade emocional do Redactor Paranoico. Deuses do Olympo Submarino, como está o persoal!

 

O Lorcho volve das vacacións

04 Marzo 2012
Publicado en Opinión
Bo día para todos, meus. Despois dun viaxiño por outros mares, para despexar a cabeza lonxe dos berros das gaivotas revoltosas que aniñan no Náutico, volvo para estar con vós. Disque o meu primo O Lorcho da Ariña Branca pensou que me pasara algo... home, digo peixe, algo pasoume: fun de vacacións coma un campión, que tamén os lorchos temos dereito
Hoxe en MaisCamarinas.com enseñamos ós veciños de Camariñas os planos, imaxes e video de como vai a ser o Tanatorio Municipal que vai a construir o Concello de Camariñas na Travesía Muiño do Vento.
Páxina 3 de 4