Dende a Agrupación Socialista de Camariñas, aínda abatidos pola morte do noso compañeiro Roberto de Brañas Verdes, queremos expresar a nosa LEDICIA polo fallo dictado polo Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 3 da Coruña no cal se dicta unha sentenza que anula a orden de derribo de parte do Tanatorio Municipal Hermanas Fernández Espín que unha veciña da vila viña reclamando como que estaba construido sobre un terreo da súa propiedade. Ó final a xustiza falou e da a razón ao Concello de Camariñas dende o que se traballou a reo para que este servizo básico para os veciños se fixera realidade. Agora toca esperar a inminente autorización da Consellería de Sanidade e seguir co pleito civil para que esta veciña que reclama unha franxa de terreo sobre o cal di ela que está construido o Tanatorio de Camariñas demostre dunha vez por todas e con PAPELES ENRIBA DA MESA DO XUIZ si ese terreo era verdadeiramente propiedade súa E COMO FOI ADQUIRIDO. Tamén recordar que dende a nosa agrupación dende sempre respetamos e RESPETAREMOS todas e cada unha das sentencias xudiciales dictadas pola xustiza compartámolas ou non, pero sempre as acataremos. Outros chaman á rebeldía e ao odio contra os xuices propio de réximes de outros tempos que tanto añoran pero para os SOCIALISTAS prima ante todo o respeto á democracia, ás institucións e á xustiza.  Noraboa a tod@s os veciñ@s do Concello de Camariñas. O PSdeG-PSOE de Camariñas continúa traballando a prol das xentes do noso concello.
Miñas donas, meus señores, leo na páxina web do Partido Popular de Camariñas o texto da Xefatura Territorial  da Consellería de Sanidade polo que RESOLVE denegar a autorizaqción de funcionamento do Tanatorio Municipal de Camariñas. Non deixa de sorprender que o texto da resolución a teña un Partido Político (que non é parte no asunto) e a prensa, antes que o concello que é quen lle solicita á Xunta a resolución. Curiosa interpretación que fai  a Xunta de Galicia do principio de respecto institucional.

O sábado 21 de setembro as 12h terá lugar a inauguración do Tanatorio Municipal Hermanas Fernández Espín.

En primeiro lugar os agradecementos, agradecer o PADROADO DA FUNDACIÓN FERNÁNDEZ ESPÍN a doazón do terreo na Travesía Muíño do Vento, tamén agradecer a Don JUAN GONZÁLEZ CANOSA, a súa dona e a Don JUAN JOSÉ REGO GONZÁLEZ por a doazón de uns terreos adxacentes os da Fundación, imprescindibles para a construción do Tanatorio MUNICIPAL e agradecer a Excelentísima Deputación da Coruña por o seu financiamento.
Miñas donas e meus señores: Escríbolles esta para facerlle patente unha serie de dúbidas que dun tempo a esta parte non fan mais que machucarme a cabeza por dentro. Como todos vostedes coñecen a cooperativa funeraria, da que son propietarios tódolos que teñen suscrita unha póliza de decesos coa mesma, ten empeñadas as súas enerxías en dedicarse a loita política e non en defender o patrimonio dos seus cooperativistas.
O auto denominado Comité Local do PP de Camariñas, reunidos ao redor da chocolateira, seguen a maquinar cruzadas. O argumento sempre é o mesmo: todos son malos menos nos. Nesta fuxida cara a irrealidade e cara os mundos paralelos onde viven sérvelles calquera asunto: os montes da Vela, o Plan Xeral, os concelleiros do PP, o portavoz do PP, o alcalde,os concelleiros socialistas e todo aquel que se lle pon por diante a súas moitas obsesións.

Estimado compañeiro, estimada compañeira. Por medio da presente comunícote que o vindeiro sábado día 13 de abril, ás 20:00 horas, haberá asemblea informativa da Agrupación Socialista de Camariñas para tratar o seguinte asunto:

ORDE DO DÍA:


INFORME DO ALCALDE SOBRE O TANATORIO MUNICIPAL.

Como ben sabes, estes días publicaronse na prensa escrita, varias informacións sobre o futuro Tanatorio Municipal. Esta asemblea é para informar e aclarar as dúbidas que teñas.

Sen máis, recibe un afectuoso saúdo socialista.


O TANATORIO DE CAMARIÑAS É UN PROXECTO DOS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS

Contra o torpedeo continuo por parte dos que non respectan a vontade popular, e basean a súa estratexia política nos xulgados, temos que lle dicir o pobo de Camariñas que, CAMARIÑAS CONTARÁ CON UN TANATORIO MUNICIPAL NA TRAVESÍA MUÍÑO DO VENTO.
A petición da Cooperativa Funeraria de Camariñas de suspender as obras de construción do Tanatorio Municipal FOI REXEITADA, así que os traballos continúan e no mes de abril pode estar rematado. A xuíza titular do xulgado do contencioso-administrativo de A Coruña ven de rexeitar a petición da Cooperativa Funeraria de Camariñas, de suspender as obras de construción do Tanatorio Municipal.
O Partido Socialista de Camariñas levou no seu programa electoral do ano 2007 que si a iniciativa privada non consigue construír un Tanatorio, comprometíase a facer un Tanatorio Municipal. Este foi o noso compromiso e vendo, que a Cooperativa Funeraria de Camariñas non era quen de levar adiante a construción do seu tanatorio, o Grupo de Goberno púxose a traballar para conseguir o tan ansiado ben para o noso pobo. O Grupo de Goberno conseguiu unha subvención da Deputación da Coruña e conseguiu uns terreos, sen custes para os vecinos, donado por un fundación sen ningún animo de lucro.
Hoxe espertamos cunha nova que publica La Voz de Galicia segundo a que a Cooperativa Funeraria ía presentar unha demanda contra o concello por dúas razóns: non todo o terreo é do concello e hai un informe negativo da secretaria do concello.

 

Páxina 2 de 4