A Audiencia Provincial da Coruña acaba de desestimar o auto do xulgado número 1 de Corcubión, e polo tanto sobreseer e archivar as actuacións que se teñen producido contra o alcalde de Camariñas pola apertura do Tanatorio Municipal.

Ate a publicación deste artigo 51 familias velaron aos seus seres queridos no Tanatorio Municipal Fernández Espín, segundo nos informan fontes do goberno municipal. Familias de tódalas parroquias do concello que ate fai pouco tempo víanse obrigadas a velar aos seus defuntos en Vimianzo ou no propio fogar.

O Tanatorio Municipal foi unha vella demanda da cidadanía camariñán que viu a luz polo esforzo e a determinación do alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, e polo equipo de goberno que o apoia. Pola contra recibiu un rexeitamento frontal por parte do Partido Popular e outras organizacións próximas a el, que non dubidaron en converter este asunto no eixo central da súa oposición política na anterior lexislatura municipal, con recurso aos tribunais de xusticia incluído.

Que os habitantes de Camariñas desexaban esta infraestrutura manifestouse no apoio masivo outorgado á candidatura dos socialistas e a Pichurri nas pasadas eleccións locais e nun castigo máis que evidente á candidatura que encabezou Mauricio Aufiero.

O que parece fora de toda dúbida é que o Tanatorio Municipal está plenamente asumido polo conxunto da cidadanía camariñán, incluso por aqueles que rexeitaban a súa construción, que dispón deste servicio ao pe da súa residencia e non teñen que desprazar aos seus defuntos lonxe do seu contorno familiar e social, xa que son contadas as familias que non recorren a el nos momentos tristes do pasamento dun familiar.

Fai uns días o Partido Popular emitiu unha nota de prensa dando a coñecer que ao alcalde de Camariñas se lle abría xuízo oral por unha suposta prevaricación administrativa, ao permitir que os veciños do concello puideran velar aos seus finados con dignidade no tanatorio municipal. Chama a atención que sexa o Partido Popular quen se faga eco dunha resolución xudicial na que non é parte e na que, teoricamente, non ten nada que ver. Sorprende tamén que haxa xente que manifeste que as súas denuncias non teñen intencionalidade político-partidario cando é un partido político o que se apropia do proceso e o fai seu. Xa sabíamos o que hai pero o acontecido estes días non fai mais que confirmalo.

A xustiza volve a darlle a razón ao Concello de Camariñas e nun auto ditado pola Sección nº2 da Audiencia Provincial da Coruña, ven de desestimar o recurso presentado por Dona Guadalupe Elena Alvite Alborés, contra a Xunta de Goberno do Concello de Camariñas, á cal se lle intentaba acusar dun delito de prevaricación pola doazón da finca por parte da Fundación Fernández Espín onde está construído o actual e flamante Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas.
Ante a autorización de funcionamento do Tanatorio Municipal de Camariñas dictada pola Consellería de Sanidade que confirma o traballo ben feito por parte do Concello, a resposta do PP de Camariñas é tratar de enganar ós veciños. Vamos a desgranar estas mentiras e omitiremos as outras citas da dereita  máis rancia que levan dentro algúns dos concelleiros do PP de Camariñas e que xa aburren a inmensa maioría dos veciños. Todos os cidadáns do Concello de Camariñas coñecen a Pichurri e saben que poden contar coa súa axuda todos os días, ben chamando ao seu movil,  ben acudindo ó seu despacho no concello ou ben visitando a Casa do Pobo, sede dos socialistas de Camariñas que ten as súas portas abertas para todos e cada un dos veciños do concello. Deixando aparte os desvaríos de algúns concelleiros do PP vamos co fundamental: as mentiras do dono de VIPROGA, aquel que deixou sen pagar os soldos de deceas dos que foran os seus traballadores. Si, aquel que estivo ocupando ilegalmente as instalacións dunha asociación de Camariñas impunemente ata que lle caeu enriba do lombo TODO O PESO DA LEY.
Dona Cristina Pérez Fernández, xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña, á vista do informe favorable emitido polo persoal técnico do Servizo de Control de Riscos Ambientais, logo de realizar a perceptiva visita de inspección, resolve a autorización de Posta en Funcionamento do Tanatorio Municipal.
A xustiza volve a darlle a razón ao Concello de Camariñas en un auto dictado polo Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 3 da Coruña onde ven de desestimar o recurso presentado por dona Guadalupe Elena Alvite Alborés  contra o auto que dictara este mesmo xulgado sobre o non derribo do Tanatorio Municipal Hermanas Fernández Espín.  Este auto é firme e contra él non cabe interpor recurso algún, e condena a pagar as costas a parte vencida.

OS OUTROS PREEIROS

07 Xaneiro 2014
Publicado en Opinión
Os preeiros son necesarios na natureza porque comen toda canta podremia queda abandonada como os restos e cadáveres doutros animais que, doutro xeito, federían cos gases da súa descomposición ou incluso contaminarían o contorno natural. Os voitres ou as gaivotas son un bo exemplo de preeiros que contribúen a deixar limpo de podremia o noso medio ambiente natural.
EL SUEÑO DE LA RAZÓN PRODUCE MONSTRUOS: Así titúlase un dos famosos gravados de Goya e, salvando as distancias, así e o que acontece estes días en Camariñas coas interpretacións e as consecuencias que as resolucións xudiciais están tendo sobre o cansino asunto do Tanatorio.
Esta semana empezou da millor maneira posible para os intereses dos cidadáns de todo o municipio de Camariñas ca sentenza gañada por parte do concello contra o derribo do tanatorio. Esta demanda interposta por unha veciña que reclamaba unha franxa de terreo no cal ela di que foi construido o Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín, aínda que está por demostrar si é verdade porque o que son papeles e documentos aínda non chegaron a día de hoxe ao xulgado. E acaba esta semana tamén da millor maneira para os intereses dos cidadáns con outra sentencia que novamente fallaba favorablemente hacia o Concello de Camariñas despois de que a Cooperativa Funeraria “Servicios Fúnebres de Camariñas, Sociedad Cooperativa Galega", renegando dos seus principios fundacionais presentara unha ridícula demanda xudicial de claro senso político e nun caso que non lle incumbía. Non olvidemos que a súa directiva estuvo integrada, entre outros, pola concelleira por Buría do PP de Camariñas así como actualmente por un antigo concelleiro do PP. Así e todo, a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Xustiza de Galicia, ven a dar a razón ao Concello de Camariñas contra a denuncia presentada pola Cooperativa Funeraria de Camariñas, (outra máis), e condena a esta a pagar as costas do procedemento que poden chegar ata 1.000 euros que sairán dos bolsillos de todos os socios da cooperativa. Non estaría de máis que cada un dos socios lle reclamara á directiva esa cantidade de cartos para pagar esas costas en vez de sacalos do patrimonio da funeraria. Dende a Agrupación Socialista de Camariñas creemos que xa é momento de que os cooperativistas tomen dunha vez cartas no asunto e metan orde na súa entidade xa que o patrimonio da mesma está sendo mermado drásticamente polos intereses políticos da xunta directiva dunha cooperativa que debería ceñirse á súa actividade propia e deixarse de política, de xulgados e, sobretodo, de malgastar o diñeiro dos seus socios ós que tanto traballo lles costa gañar.
Páxina 1 de 4