O XÍLGARO: A VIDA SIGUE IGUAL

24 Abril 2015
Publicado en Opinión

Sigo por aquí, meus amigos. A miña figueira está verdeando que da gloria vela e ao meu redor todo son flores e verdura luxuriosa. Coma cada ano, a primavera explota coa chegada dos longos días e coa calor... ou coa “caloret”, que diría unha alcaldesa de longas terras. Todo coma sempre. Coma cada ano.

As tres rexas

07 Mai 2014
Publicado en Opinión
Hai xente tan allea á realidade que necesita crear  outra. Solo así se entende o fácil recurso á calumnia, á mentira e á difamación con tanta alegría e con tanta irresponsabilidade. Quizá o que busquen estes persoeiros, necesitados de asistencia psiquiátrica urxente, é un minuto de gloria para ver así satisfeita a súa ansia de protagonismo: o importante é que falen del aínda que non sexa para ben. Como non teño ningunha intención de alimentar esa obsesión enfermiza, con todo o cariño, adícolle esta conversa entre Sócrates e un dos seus discípulos.
Acabo de chegar das miñas vacacións e xa non me dan tregua. Miña Santa Sirenita, pero que pasou co sentido do ridículo  dalgúns? Cando vos contaba, no último rexoubeo, que o alcalde xa tiña asinado o convenio coa Deputación Provincial para a construción do tanatorio e que os terreos (gratis) xa estaban rexistrados a nome do concello, nunca pensei que ía a ter tales consecuencias na estabilidade emocional do Redactor Paranoico. Deuses do Olympo Submarino, como está o persoal!

 

O cazador cazado

13 Febreiro 2012
Publicado en Opinión
Moi bo día teñades todos e todas, meus. Ando aljo achacoso porque estes aires fríos do nordés veñen condenados. Hai tombos na praia de Ariña Blanca !!!, así que xa vos podedes imaxinar o viruxe que fai. Como estón aljo afiebrado e recomendáronme jardar cama, mato o tempo vendo o que escriben os “periodistas” dunha páxina camariñana que non se distingue, precisamente, polo rigor do que publica.  Da a impresión de que os que escriben alí viven nun país oprimido polas forzas do mal dirixidas por un alcalde que, polo que eles contan, dedica as vintecatro horas do día e tódolos días do ano a maquinar maldades contra todo e contra todos, pero sobre todo contra o pobre redactor do libelo que pretende ser xornal.

O Lorcho non pode calar máis

15 Novembro 2011
Publicado en Opinión
Moi boas teñades meus. Fai tempo que me manteño en silencio por dous motivos. O primeiro é porque estamos en campaña electoral e son outros os que teñen que debater e que contrastar opinións e ideas. O segundo porque caeron uns temporais de moito carallo que me tiveron esmagado contra a miña ferga, no Muelle Novo, sen deixarme mover unha aleta.

Romance do Chiculate

15 Xullo 2011
Publicado en Opinión
Por camiños virtuais non sempre andan as virtudes, nin verdades, nin decencia. Hai quen, pola súa maldade, ignorancia e incompetencia, amosa neses carreiros a dura face que agocha diante da humana presencia. Neses camiños virtuais van montados en libelos que disfrazan de Diario, mais, como xa todos coñecen, nin é Diario nin di verdade, porque xa todos coñecen que a escola de xornalismo non a pisaron xamais.

 

E habitual ver como determinada xente en determinada páxina dálle a volta a tortilla para que todo se entenda o revés. Si se fala de que o candidato de eles é un impresentable, eles acusan ó que fala de que cobra demasiado polo Concello, conseguindo que algún desvíe a súa atención do verdadeiramente importante; si se fala da axuda que uns e outros prestan o seu pobo nas festas, eles indígnanse porque o primeiro é o seu negocio (ninguén dixo o contrario, é ahí a diferenza), pero coma as mentiras teñen as patas moi curtas, achégovos unha copia dos rendementos do meu traballo do ano 2010, para que o Sr. Secretario do PP de Camariñas me “achegue” o que falta ata os 8200 euros que según el di que cobrei do Concello, e despois informarlle que algúns facemos moitos viaxes “gratuitamente” (se algún deles sabe o que significa esa verba) como foi ir a 78 mesas de contratación de obras, 38 mesas de negociación colectiva, 27 viaxes a Xunta a Santiago e a Deputación da Coruña, outros viaxes a Muxía, Vimianzo, Vigo, Ourense sempre en representación do Concello e polos que non cobrei ni un peso e todas elas fácilmente justificables.

 

Minte minte, que algo queda. Isto é o que fai o PP todos os días a través do seu Secretario Xeral. Pouco máis se pode pedir de alguén que utiliza a súa web para enfrontar ao pobo e incluso permitir comentarios ofensivos cara outras persoas por parte de 2 ou 3 que se adican exclusivamente a esa tarefa. Lamentablemente este é o traballo que ten asignado o secretario xeral do PP.  Aquí tendes a unha persoa que vive dunha páxina onde se pode insultar libremente e se manipula a información.
O Partido Popular utilizou sempre un método moi particular para fabricarse unha noticia onde non a hai. Así, primeiro, solta unha barbaridade absolutamente demencial e, logo, espera a que alguén reaccione para provocar un debate artificial absolutamente ficticio que solo serve para alimentar a paranoia de quen, alonxado da luz do sol e do aire fresco da mañá, maquina un mundo fantástico onde os socialistas somos seres perversos que non fan mais que maquinar maldades, e os que son condenados en firme pola xustiza son esgrevios persoeiros que veñen a salvar Camariñas de non se sabe que perigos.