O Concello de Camariñas entregará o vindeiro luns unha mantelería de encaixe á Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, no que será un dos seus últimos actos oficiais antes da súa marcha como deputada ao Congreso dos Deputados. O agasallo foi elaborado por palilleiras da Asociación Rendas de Camariñas durante as últimas semanas. A mantelería será colocada nunha das salas de recepción de mandatarios galegos e doutras comunidades autónomas, onde xa se atopan mostras doutras artesanías típicas de Galicia. Trátase dunha mantelería circular de oito metros de perímetro para un total de doce comensais.

O Concello de Camariñas sigue a colaborar en diferentes proxectos co mesmo obxectivo: a promoción do Encaixe de Camariñas e de Camariñas como destino turístico.

A semana pasada un grupo de periodistas e bloggers estívonos visitando á petición do Alcalde. O Concello de Camariñas deseñou un proxecto chamado "Camariñas, o mar todo". Este proxecto foi presentado ao GAC e recibíu unha moi alta puntuación polo que conseguimos o financiamento da Xunta de Galicia. Dentro do proxecto ideamos unha viaxe de líderes de opinión nacionais, internacionais e galegos para o sector turismo de Camariñas. Foi unha viaxe guiada relacionada cos naufraxios e a labor de rescate realizada polas comunidades mariñeiras. Tamén amosamos a riqueza cultural, paisaxística e marítima do noso municipio. O grupo formárono líderes de opinión e tendencia especializados en gastronomía e en turismo experiencial. O noso obxectivo principal foi que escriban sobre Camariñas para así captar a atención de visitantes potenciais.  Pretendemos incrementar o número de recomendacións do destino buscando o maior número de impactos posibles que, ao fin, poderán ter como resultado visitas turísticas ao territorio. Durante a visita o #camariñas en twitter estivo colmado de excelentes comentarios por parte dos periodistas e bloggers.Axiña veremos os seus artigos.
O prestixioso deseñador Modesto Lomba, da firma Devota & Lomba, presentará mañá na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) a edición número vinte e catro da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará entre os días 16 e 20 de abril, coincidindo coa Semana Santa, a cal congrega miles de persoas. A presentación será ás cinco da tarde no posto da Costa dá Morte, da asociación Neria. Tamén asistirá o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, e dúas palilleiras da localidade realizaranse demostracións en vivo sobre a elaboración do encaixe, que conta cun gran prestixio en toda Europa.
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño contou có Encaixe de Camariñas para expoñer e mostrar a arte do encaixe no Mercado das Industrias Culturais Atlánticas, MICATLANTICA, que se celebrará no Museo do Centro Gaiás da Cidade da Cultura, do 23 ao 26 de novembro de 2013.
O Concello de Camariñas mediante a Consellería de Cultura, Educación e Encaixe sigue a promover o Encaixe de Camariñas asistindo a encontros de encaixeiras.  Mañá, sábado día 5 de outubro, participarase no IV Encontro de Palilleiras de Xove  con encaixeiras pertencentes a Asociación Profesional Rendas e a Asociación de Amas de Casa, ámbalas dúas de Camariñas.
Seguindo coa promoción e difusión do Encaixe de Camariñas por toda a xeografía española, unha delegación de quince palilleiras de Camariñas, viaxaron ata Burela ó VI Encontro de palilleiras, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeiras”.

Previamente o mércores día 9 de maio, na semana das actividades vinculadas ao mar, María Dolores Lema Mouzo, acompañada de Sandra Insúa Rial,Concelleira de Encaixe Comunicación e Turismo, ofreceu unha conferencia sobre os orixes, promoción e comercialización do Encaixe de Camariñas. Dita conferencia foi exposta no salón de plenos do Concello de Burela o cal estaba repleto de público, na súa maioría feminino, e foi todo un éxito sobre todo polo gran interese que mostraron os asistentes.

 

A Concellería do Encaixe de Camariñas, Turismo e Comunicación segue a traballar na promoción do Encaixe de Camariñas por toda a xeografía española. En este caso a promoción do Encaixe de Camariñas foi na Comunidade Catalá.

 


Esta pasada fin de semana, dende o venres, día 27 ao domingo día 30 de abril, unha delegación de encaixeiras de Camariñas formada por Beatriz Liñeiro, palilleira da Asociación Rendas e Beatriz Dios, profesora de palillo, estivo presente en Arenis de Mar coincidindo coa 25 Diada de Puntaires.

Ambas palilleiras coinciden que a promoción-venta do Encaixe de Camariñas así como a promoción turística do Concello foi todo un éxito.

O Encaixe de Camariñas aplicado na moda, tamén estará presente en Barcelona da man do deseñador Franco Quintáns o cal presentará a súa nova colección coincidindo con Gaudí Novias