A Agrupación Municipal Socialista de Camariñas, a que conta cun maior número de militantes da Costa da Morte, elixirá entre José Luís Méndez Romeu e Xaquín Fernandez Leiceaga o seu candidato á Xunta de Galicia.

A sede dos socialistas de Camariñas, a entrañable Casa do Pobo, que dou acubillo aos voluntarios do Prestige, a distintos colectivos sociais que teñen realizado alí as súas actividades, que axudou a difundir novas de todo tipo, ou que serve para degustar un bo café en mellor compañía, segue coa súa tradición e vocación democrática para facilitarlle aos militantes socialistas de Camariñas que avalen aos seus candidatos para participar no proceso de primarias internas que darán como resultado a elección do candidato a presidir o goberno de Galicia nas próximas eleccións autonómicas.