Os nosos vaticinios cumpríronse, e o Presidente de Portos de Galicia, ve moi complicado realizar o proxecto anunciado por os Charlatáns de Feira, Álvarez-Campana e Daniel Rego. O martes o Presidente de Portos de Galicia e o Alcalde de Camariñas estiveron visitando as obras que se están facendo nos portos de Camariñas e no de Arou.
O pasado 31 de outubro o Presidente do Ente Público Portos de Galicia visitou o porto de Camelle. Como non, estivo acompañado polo portavoz do grupo municipal do Partido Popular Daniel Rego.

 

Coa chegada das eleccións autonómicas, repítese un clásico, “A reanudación das obras do Peirao de Camariñas”.

 

O Peirao e o PP de Camariñas

07 Agosto 2011
Publicado en Opinión
Rumore, rumore, rumore.... Alvarez Campana non saía de Camariñas. Era o instrumento para que Danielito e o PP camariñán gañasen as eleccións.
A mala xestión levada a cabo por Álvarez-Campana e a guerra interna do PP leva a Feijoo a destituir a este personaxe ben coñecido en Camariñas e a borrar da lista de Deputado Provincial a Daniel Rego "Danielito".
Pasadas as eleccións municipais vamos a dar conta de unha serie de obras que algún día se anunciaron, empezaron, etc, pero que nunca se acabaron.

 

O Presidente de Portos de Galicia usa un desgraciado accidente para facer precampaña en Camariñas co séquito oficial do PP.
Parece ser que Portos de Galicia fai obras no noso Concello sen os oportunos permisos e coas consecuencias que acadan. Non e certo que na zona de portos non precisen de permiso, porque según a lexislación vixente, somentes nos portos que teñan un plan especial, non e necesario o permiso, e iso non sucede co noso Concello, que non ten ningún Plan especial en ningún dos nosos portos.
O 2010 foi un ano perdido para o porto de Camariñas. Logo de tanta promesa anunciada con bombo, platillo, cámaras da TVG e pinchos incluidos pagados por tódolos cidadáns de ben, ó final o que temos é que non se investío nin un só euro dos comprometidos para o 2010 agás os centos de euros que costaron os pinchos. Seguramente agora cando se ven cerca as eleccións municipais, virán outra vez coa parafernalia  herdada do fraguismo a vendernos a burra con máis falsas promesas. ¡Pois que veñan! ¡Que veñan!