Xa me queda pouco de estancia porque o traballo agárdame en Berna. Non queda outra, que non están os tempos para xogar co curro. Eu, de boa gana, ben quedaba aquí na pola da miña figueira do Riás pero a vida é como é.

A deputada socialista Marisol Soneira lamentou hoxe o veto do PP a unha proposición non de Lei do PSdeG para construír o abrigo do porto de Camariñas do nordés. A proposta incluía ademais a separación das actividades náutico deportiva e pesqueira, así como o remate das obras de recuperación e integración do porto na vila.

Coa chegada das eleccións autonómicas, repítese un clásico, “A reanudación das obras do Peirao de Camariñas”.

 

As lonxas de Galicia xogan en divisións distintas. Na primeira división están os grandes portos con importantes flotas de altura ou de grande altura, con megabuques conxeladores, e con infraestruturas portuarias que permiten a descarga e a manipulación de inxentes cantidades de peixes e mariscos. Nesta división xogan Vigo, A Coruña, Burela, Celeiro e Ribeira.

 

Os recortes chegan ó muelle novo

08 Outubro 2011
Publicado en Opinión
Moi boas meus. Confirmáronse os meus peores presaxios con respecto as obras da cara de atraque do dique. Feijoo dixo que xa estaba ben de festa e todos para casa que o que se leva agora son os recortes e Camariñas non ía ser menos. Acabouse a festa, acabouse a obra e xa veremos se volven.

 

Aquí estou de novo, sosios. Non estou morto, non. Xa sei que algún, ou algunha, ganas non lle faltan de trincarme coa barbadeira pero eu ando listo e agóchome na ferga para ver e escoitar o que se di polo Muelle Novo.

 

O Peirao e o PP de Camariñas

07 Agosto 2011
Publicado en Opinión
Rumore, rumore, rumore.... Alvarez Campana non saía de Camariñas. Era o instrumento para que Danielito e o PP camariñán gañasen as eleccións.
O Presidente de Portos de Galicia usa un desgraciado accidente para facer precampaña en Camariñas co séquito oficial do PP.
O 2010 foi un ano perdido para o porto de Camariñas. Logo de tanta promesa anunciada con bombo, platillo, cámaras da TVG e pinchos incluidos pagados por tódolos cidadáns de ben, ó final o que temos é que non se investío nin un só euro dos comprometidos para o 2010 agás os centos de euros que costaron os pinchos. Seguramente agora cando se ven cerca as eleccións municipais, virán outra vez coa parafernalia  herdada do fraguismo a vendernos a burra con máis falsas promesas. ¡Pois que veñan! ¡Que veñan!