O Concello de Camariñas entregará o vindeiro luns unha mantelería de encaixe á Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, no que será un dos seus últimos actos oficiais antes da súa marcha como deputada ao Congreso dos Deputados. O agasallo foi elaborado por palilleiras da Asociación Rendas de Camariñas durante as últimas semanas. A mantelería será colocada nunha das salas de recepción de mandatarios galegos e doutras comunidades autónomas, onde xa se atopan mostras doutras artesanías típicas de Galicia. Trátase dunha mantelería circular de oito metros de perímetro para un total de doce comensais.