EL SUEÑO DE LA RAZÓN PRODUCE MONSTRUOS: Así titúlase un dos famosos gravados de Goya e, salvando as distancias, así e o que acontece estes días en Camariñas coas interpretacións e as consecuencias que as resolucións xudiciais están tendo sobre o cansino asunto do Tanatorio.
O Partido Popular utilizou sempre un método moi particular para fabricarse unha noticia onde non a hai. Así, primeiro, solta unha barbaridade absolutamente demencial e, logo, espera a que alguén reaccione para provocar un debate artificial absolutamente ficticio que solo serve para alimentar a paranoia de quen, alonxado da luz do sol e do aire fresco da mañá, maquina un mundo fantástico onde os socialistas somos seres perversos que non fan mais que maquinar maldades, e os que son condenados en firme pola xustiza son esgrevios persoeiros que veñen a salvar Camariñas de non se sabe que perigos.