O próximo domingo, as cinco da tarde, os socialistas de Camariñas celebrarán o seu mitin central para estas importantes eleccións xerais. Nesta ocasión o cartel estará protagonizado polo compañeiro Pepe Blanco que se comprometeu con Pichurri cando estivo en Camariñas dando unha conferencia sobre as posibilidades que ofrece a Unión Europea para financiar iniciativas locais. Pepe Blanco cumpre así coa palabra dada e os socialistas de Camariñas están encantados de poder contar cun compañeiro da súa relevancia política.

Una delegación compuesta por una veintena de alcaldes y concejales socialistas ha visitado esta semana Bruselas para conocer de primera mano líneas de financiación europeas disponibles para impulsar el desarrollo local. Se trata de una delegación invitada por el eurodiputado socialista José Blanco, que considera de máximo interés para las nuevas corporaciones locales tomar contacto con las instituciones europeas para conocer aquellos programas de financiación disponibles para el desarrollo local.

Una delegación compuesta por una veintena de alcaldes y concejales socialistas visitará a mediados de semana Bruselas para conocer de primera mano líneas de financiación europeas disponibles para impulsar el desarrollo local. Se trata de una delegación invitada por el eurodiputado socialista José Blanco, que considera de máximo interés para las nuevas corporaciones locales tomar contacto con las instituciones europeas para conocer aquellos programas de financiación disponibles para el desarrollo local.

Na Casa do Pobo da Agrupación Socialista de Camariñas déronse cita  máis de setenta cargos públicos do Partido Socialista da Costa da Morte para escoitar ao eurodiputado, e exministro, José Blanco quen trasladou aos asistentes as posibilidades que a Unión Europea ofrece ás entidades locales.

O eurodiputado e ex-ministro socialista José  Blanco trasladará aos socialistas da Costa da Morte as posibilidades que ofrece a Unión Europea para que os concellos acometan accións e programas innovadores con financiamento europeo. O próximo sábado 24 de outubro, os cargos públicos socialistas da Costa da Morte manterán unha xornada de traballo con José Blanco para informarse das posibilidades que a UE ofrece aos pequenos concellos e aproveitarán para trasladarlle as súas propostas e dúbidas que sobre xurdan sobre o asunto. O acto celebrarase ás 11 da mañá na Casa do Pobo e Mais Camariñas ofrecerá un amplo reportaxe do que aconteza neste interesante encontro co ex-ministro José Blanco.

O PP Manda paralizar o AVE a Galicia.

07 Decembro 2011
Publicado en Galicia
OS SOCIALISTAS ACUSAN A FEIJÓO DE EVITAR EXPLICAR NO PARLAMENTO O SEU “ATENTADO FLAGRANTE” CONTRA OS INTERESES DE GALICIA AO APOIAR A PARALIZACIÓN DAS LICITACIÓNS DO AVE.
Abel Losada acusa ao PP de desbotar no Parlamento a solicitude de comparecencia feita polos socialistas para explicar a “rendición absoluta de Feijóo”.
Pachi Vázquez preguntará ao presidente da Xunta por facer de Galicia a Comunidade Autónoma con maior incremento do paro pola súa falla de iniciativa.

 


O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe a Feijóo de evitar dar explicacións no Parlamento logo de ter perpetrado un “atentado flagrante contra os interese de Galicia” apoiando a paralización das licitacións do AVE. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces, na que o PP rexeitou a comparecencia do presidente da Xunta feita polos socialistas galegos.

Os socialistas galegos solicitaron a comparecencia urxente do presidente da Xunta para dar conta da axenda política do goberno galego en relación co futuro goberno do Estado. Losada advertiu que Feijóo “ten perdido toda a vehemencia reivindicativa” amosada dende a súa toma de posesión en primeiro lugar ao renunciar á ampliación do prazo de devolución da débeda e agora pedindo a paralización do AVE.

O portavoz socialista considera que este cambio de postura en relación coa principal infraestrutura presente na axenda política constitúe unha “agresión sen precedentes contra os intereses políticos e económicos de Galicia”. Considera especialmente grave a claudicación preventiva de Feijóo por vir precedida dunha “campaña de presión sen precedentes” polo cumprimento dos prazos dende Presidencia e a consellería de Infraestruturas.

Engadiu que Feijóo “débelle explicacións a tódolos galegos” logo desta “rendición absoluta” coa escusa de que o goberno estea en funcións, e lembrou que “o goberno do PP no que Feijóo era vicepresidente licitou máis de 200 millóns de euros en obras da Cidade da Cultura estando en funcións”.

Advertiu que o PP quere volver á estratexia de Aznar e o ministro Cascos, que deseñaron un AVE “de segunda” en 2004 atendendo “a intereses escuros”, e que tivo que ser reformulado polo goberno de Zapatero, obrigando a un novo retraso para mellorar as condicións da obra.

Desemprego

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, utilizará a sesión de control a Feijóo do próximo Pleno para preguntarlle pola súa xestión das políticas de emprego. Abel Losada explicou que a xestión de Feijóo fixo que Galicia se teña convertido, de acordo coas últimas cifras, e logo de 3 anos de goberno do PP, na Comunidade Autónoma na que máis creceu o desemprego de todo o Estado.

Dixo que a xestión de Feijóo provocou que Galicia perdera o diferencial de creación de emprego co resto do Estado para pasar a aumentar o desemprego 3,5 veces máis que en  toda España. Lamentou que mentres o presidente da Xunta advirte que carece de competencias sobre emprego, “a realidade é que ten competencias e orzamentos pero carece de intención política e ideoloxía”.

Explicou así que si ben a Xunta conta con 340 millóns de euros para desenvolver políticas activas de emprego nos orzamentos de 2012, esta cifra é un 20 por cento inferior que a orzamentada en 2009, na chegada de Feijóo ao goberno galego, pola súa “falla de vontade política”.

Os socialistas galegos presentarán no próximo Pleno, en materia de reactivación económica, unha proposición non de Lei sobre a falla de actuación da Xunta na defensa do sector pesqueiro de cara á Política Común de Pesca. Tamén incluirán unha pregunta oral sobre a paralización das infraestruturas galegas, logo de coñecer que a Xunta renunciou a certificar novas obras dende agosto de 2011.

Servizos sociais

O portavoz socialista explicou que os socialistas galegos presentarán unha proposición non de Lei sobre as políticas de loita contra a pobreza e a exclusión por parte da Xunta, logo do falecemento de varios indixentes na Coruña. Sinalou que o goberno está a reducir as partidas para inclusión social mentres 60.000 galegos e galegas viven en fogares sen ningún ingreso e 600.000 –un 21 por cento da poboación- atópanse na pobreza.

Tamén preguntarán ao goberno galego sobre o “mecanismo de exclusión indirecta” da sanidade pública ao “abrir a porta ao copago” por parte da Consellería de Sanidade. Lembrou que a Xunta anunciou que os pacientes terán que abonar “presuntos usos irregulares da sanidade”, incluíndo as ambulancias e a renovación da tarxeta sanitaria.

Irregularidades

Os socialistas galegos solicitaron hoxe a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria sobre as continuas irregularidades rexistradas no Igape. Como esta comparecencia foi rexeitada polo PP, o asunto será tratado a través dunha Interpelación socialista sobre “as sinais de discrecionalidade, favoritismo e redes clientelares” na política industrial da Xunta.

Explicou que esta xestión ofrece unha “mensaxe nefasta” de cara ao crecemento económico, o investimento e o emprego, unida a unha  Lei de Política Industrial “desreguladora e que abre a porta á discrecionalidade” que será debatida no próximo Pleno do Parlamento.

Os socialistas porán o foco sobre as consellerías de Industria e Medio Ambiente e Infraestruturas cunha interpelación sobre a “adxudicación sen concurso público” da incineradora do sur de Galicia, así como unha pregunta oral sobre o “trato de favor e connivencia” entre políticos e empresarios destapada pola Operación Arena para permitir a “importación de residuos tóxicos e a súa aplicación á construción”.

 

Pablo López Vidal sinala que Feijóo e o conselleiro Hernández “demostran que diante dos datos incontestables de investimento e compromiso só poden replicar con pataletas”
O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal asegurou hoxe que Galicia vive un día histórico, trala autorización polo Consello de Ministros do proceso de licitación do AVE presupostada en mais de seis mil millóns de euros. Sinala que esta obra “é a mais importante dos derradeiros séculos na Historia de Galicia”, e engadiu “este é un logro de todo o colectivo como cidadanía e como pobo”, espetou.
Polas nosas costas navegan cada ano uns 40.000 barcos que transportan todo tipo de mercadorías. Uns trece mil deles levan nas súas bodegas produtos que se poden considerar perigosos para o medio ambiente natural ou mesmo para a vida humana.