O Concello de Camariñas entregará o vindeiro luns unha mantelería de encaixe á Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, no que será un dos seus últimos actos oficiais antes da súa marcha como deputada ao Congreso dos Deputados. O agasallo foi elaborado por palilleiras da Asociación Rendas de Camariñas durante as últimas semanas. A mantelería será colocada nunha das salas de recepción de mandatarios galegos e doutras comunidades autónomas, onde xa se atopan mostras doutras artesanías típicas de Galicia. Trátase dunha mantelería circular de oito metros de perímetro para un total de doce comensais.

A deputada socialista Marisol Soneira presentou no Parlamento a situación dos traballadores e traballadoras das antigas caixas de aforro galegas que se viron afectados na Costa da Morte polos ERE aos que se acolleron as entidades.

O PP impide incorporar a emenda técnica proposta polos servizos xurídicos do Parlamento para que a modificación se realice a través da Lei de Contratos. O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, sinalou hoxe que o PP “vulnera a Constitución” ao impoñer a modificación parcial do contrato coa concesionaria da autovía da Costa da Morte a través da Lei de Acompañamento aos orzamentos. O PP impediu incluír mesmo a emenda técnica proposta polos servizos xurídicos do Parlamento para adecuar a modificación á normativa.

A nosa Compañeira Marisol acaba de ser elixida Vicepresidenta 2ª da Mesa do Parlamento de Galicia. Este é un posto de gran importancia e responsabilidade dentro do funcionamento da institución máis importante de Galicia: O Parlamento. Esta mesa compartida por cinco deputados autonómicos (3 do PP e 2 do PSdeG-PSOE) está encabezada pola Presidenta do Parlamento á cal complementarán os catro deputados con un peso importantísimo nos seus respectivos grupos.
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anuncia que tamén se acordou remitir ao Parlamento, non mais tarde do primeiro trimestre de 2012, unha comunicación -previo debate e coas achegas que poida incorporar o Consello Galego de Pesca- que recolla as conclusións do devandito Grupo de Traballo.
Dixo que o único que pretende esta iniciativa “é expresar a opinión política no texto, sobre a política pesqueira común, e que ademais sirva de referencia ao Consello Galego de Pesca para saber que pensan os representantes políticos, xa que a pesca ten consecuencias noutros sectores da economía”.
Soneira fixo un chamamento aos Grupos para acadar á unha posición común “nun dos sectores claves para a economía e o emprego de Galicia”.

 


A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe no Pleno da Cámara para defender unha proposición sobre a Política Pesqueira Común. A iniciativa foi debatida o martes día 13, e votada e a aprobada o día 14.
Ali aprobouse unha iniciativa na que se propón por un lado constituír un Grupo de Traballo, antes de que remate o actual período de sesións, con participación dos tres grupos parlamentarios con representación no Parlamento e a consellería do Mar, coa finalidade de definir unha posición política  sobre a proposta de reforma da Política Pesqueira Común feita pola Unión Europea.
E tamén se acordou remitir ao Parlamento, non mais tarde do primeiro trimestre de 2012, unha comunicación -previo debate e coas achegas que poida incorporar o Consello Galego de Pesca- que recolla as conclusións do devandito Grupo de Traballo para o seu debate de acordo cos artigos 140 e 141 do Regulamento da Cámara.
Dixo que o único que pretende esta iniciativa “é expresar a opinión política no texto, sobre a política pesqueira común, e que ademais sirva de referencia ao Consello Galego de Pesca para saber que pensan os representantes políticos, xa que a pesca ten consecuencias noutros sectores da economía”.
Na súa intervención a portavoz de Pesca fixo un chamamento aos Grupos da Cámara para acadar á unha posición común “nun dos sectores claves para a economía e o emprego de Galicia”, subliñou. Advirte que para que fose posible o acordo aprazou a lexítima posición do seu grupo para intentar acadar unha proposta consensuada entre os tres grupos e o a Consellería do Mar.

A deputada socialista criticou que teña que ser o Grupo Parlamentario Socialista o que traia este asunto o Parlamento, é dicir “que sexa a oposición quen faga o maior esforzo para acadar unha posición común diante da Proposta de regulamento que, sobre a reforma da política común de pesca, fixo a comisaría de pesca María Damanaki”. Sobre todo cando a Xunta anunciou fai meses a intención de convocar os Grupos para esta finalidade.

Neste punto a parlamentaria advirte que o pasado 15 de outubro a Conselleira do Mar anunciou que falaría cos Grupos Parlamentarios da Cámara para definir unha posición común sobre a proposta de reforma da PCP, “pero a día de hoxe, nada de nada”, lamentou.

Afirma tamén que un asunto coma este, onde o Goberno debe liderar a Acción e os grupos da oposición debemos achegar, con responsabilidade, e subliñou que a posición do PSdeG “sempre defendera a procura do maior interese para Galicia”.

A maiores Soneira destacou con datos a importancia económica, social e laboral que a pesca, o marisqueo e tódolos sectores vinculados a esta actividade, teñen para Galicia. Por iso non se explica a falta de liderado da Xunta de Galicia neste tema.

DATOS ECONÓMICOS SOBRE A PESCA EN GALICIA
Nº de empregos:

Pesca extractiva, marisqueo e acuicultura.             24.534
Conserva:                                                         12.000
Conxelado:                                                        8.000
Comercialización:                                                 2.000
TOTAL::::                                                         46.534
Fonte: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos - Datos 2007


    Negocio:5.000 M€ (9% PIB)
    85% da produción conserva nacional.
    83% da facturación conserva nacional.
    Conxelado: 2.900 M€
    Nº de Buques:4.911 (4.549 de baixura e artesanal)
    TRB: 118.463,22

 

O GOBERNO DE FEIJOO REXEITA NO PARLAMENTO GALEGO  A PROPOSTA SOCIALISTA PARA IMPULSAR UNHA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN CONSENSUADA, QUE CONTEÑA  A REFORMA DO PRINCIPIO DE ESTABILIDADE RELATIVA, XUNTO CUN MARCO QUE APOIE A PESCA DE BAIXURA.
-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira denunciou que o Partido Popular non quere entrar no fondo desta cuestión, xa que asegura que non lles interesa atopar solucións  aos problemas dos traballadores do mar de Galicia.
-Asegura que presenta este documento para aspirar a conseguir un texto consensuado que amose a posición de tódalas forzas políticas de Galicia neste asunto.
-Anunciou que vai presentar esta proposta como Proposición Non de Lei para debater novamente na Cámara.
-O Portavoz da rea Institucional do PSdeG defendeu hoxe na Comisión Institucional do Parlamento a necesidade de dotar a Galicia cun marco regulador da publicidade institucional e recordou que o PP está incumprindo o seu programa electoral.
-José Manuel Lage advirte que van alá dous terzos da lexislatura e non foron quén de cumprir o compromiso de Feijóo de regular por Lei as axudas aos medios.
-Sinala que Galicia necesita un sistema de medios de comunicación forte, con profesionais independentes e sen precariedade laboral porque fortalecer a nosa democracia.
-O portavoz da rea Institucional esixe Xunta que vincule as axudas aos medios a criterios obxectivos como a difusión e/ou audiencia, a estabilidade laboral, o cumprimento dos convenios colectivos e o uso da lingua galega.
-Lage Tuñas recordou que Rueda comprometeuse a remitir un proxecto de lei no pasado período de sesións, e unha vez mis incumpren os seus compromisos. Seguen actuando con discrecionalidade no reparto dos fondos públicos.
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE O 40% DA AMEIXA FINA QUE SE TRASLADOU AO NOVO ASENTAMENTO DE MORÁS (XOVE) MORRE NOS PRIMEIROS 5 DIAS
-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira cualificou esta decisión “de auténtico despropósito”, e de “ocorrencia”
- Dixo “que si as principais confrarías afectadas non están de acordo, si as empresas acuícolas da zona tampouco, si os depuradores non acaban de ver a bondade de semellante ocorrencia, que intereses moven a Xunta de Galicia a meterse neste rocambolesco asunto”
- A deputada emprazou ao Goberno de Feijoo “a abordar dunha vez por todas os graves problemas de contaminación que sofren as nosas rías”

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou que rexistrou unha petición de comparecencia parlamentaria da Conselleira do Mar para que de explicacións sobre as razóns polas que tomou a decisión de reinstalar os moluscos procedentes de zonas "C" en Morás (Xove), e en que mellora esta medida a saúde medioambiental das nosas rías afectadas por contaminación, a creación de emprego e a renda das mariscadoras e dos mariscadores.

Soneira cualificou esta decisión “de auténtico despropósito”, e de “ocorrencia”.
Advirte que o Grupo Parlamentario Socialista Político dispón de información, na que se pode constatar “que o 40% da ameixa fina     que se trasladou o novo asentamento de Xove morre nos primeiros cinco días”.
E preguntouse “en que quedaron as roldas de prensa e os anuncios medíaticos dos Conselleiros Rosa Quintana e de Agustín Hernández comprometéndose a sanear integralmente as rías galegas?”, replicou. E insistiu nas súas criticas “que foi das xestións que ía facer diante da Comisaria Damanaki para que a UE autorizase a comercialización dos bivalvos de zona C, previa a súa depuración”, proclamou a deputada.

A portavoz de Pesca dixo “que si as principais confrarías afectadas non están de acordo, si as empresas acuícolas da zona tampouco, si os depuradores non acaban de ver a bondade de semellante ocorrencia, que intereses moven a Xunta de Galicia a meterse neste rocambolesco asunto”, espetou.


Plan de saneamento integral
A deputada emprazou ao Goberno de Feijoo “a abordar dunha vez por todas os graves problemas de contaminación que sofren as nosas rías, xa que non teñen capacidade algunha de iniciativa”. E pediulle que rescate “o Plan de Saneamento Integral das rías deseñado por Pachi Vázquez na pasada lexislatura” .
E resumiu “ou solucionan este problema, agora que aínda temos fondos europeos, ou corremos o risco de que as zonas “C” non solo non se reduzan se non que vaian en aumento”.

Iniciativas Parlamentarias
Por ultimo lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista xa presentou diversas iniciativas no Parlamento para que a Conselleira dea explicacións sobre esta “ocorrencia”, e para que explique as razóns que a levaron a por en práctica esta iniciativa que non vai a contribuír a solucionar os problemas de contaminación das rías nin a mellorar as condicións de traballo dos mariscadores.

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar á Xunta, mediante unha moción, que recupere o seguro colectivo de accidentes no mar. A iniciativa foi rexeitada polo PP.

 

En maio de 2005 a Consellería de Industria decidiu ampliar o número de estacións fixas de Inspección Técnica de Vehículos (ITV).  Unha delas na localidade de Baio (Zas) no polígono do Allo, que daría servizo a un parque de, aproximadamente, 26.000 vehículos.