O próximo venres ás 8 da tarde celebrarase na Casa do Concello de Camariñas unha comisión informativa que tratará entre outros temas sobre a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Camariñas.
A Área Industrial Ponte do Porto, máis coñecida por todos como os Empresarios do polígono da Ponte do Porto, xa recibiu a axuda de UN MILLÓN de Euros que lle foi concedida por o Goberno Socialista a través do Ministerio de Industria.

 

O PP xa o ten decidido

19 Abril 2011
Publicado en Obras Públicas
Na edición do domingo 17 deste mes de abril da Voz de Galicia, o Partido Popular de Camariñas xa nos anuncia o que van a intentar facer “en beneficio de Camariñas”: utilizar a Xunta de Galicia para que free o maior logro da historia política do noso concello, o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
A primeira hora da mañá o PXOM de Camariñas saio cara a Xunta, os 19 tomos empezaron a súa viaxe definitiva e a máis importante. Pichurri, acompañado de Mercedes Concelleira de Urbanismo da Secretaria e a Arquitecta do Concello, entregarán esta mañá en Santiago no rexistro da Xunta o PXOM de Camariñas o documento mais importante elaborado na historia do Concello de Camariñas.
Como ven publicando A Voz de Galicia durante estes días son moitos os Concellos preocupados por as consecuencias negativas que  vai traerlles o POL. Camariñas foi o Concello máis activo contra o POL, onde os nosos veciños presentaron máis de 1200 alegacións que aínda están sen contestar cando xa leva un mes en vigor.
Na aprobación do PXOM só acudiron tres concellais, porque disque os outros dous están de acordo co Plan urbanístico, e mais, disque algún deles o espera como chuvia caída do ceo para poder construír.
O sábado celebrouse na Casa do Concello de Camariñas un Pleno Extraordinario e Urxente cun único punto na Orde do Día: aprobación provisional do Plan  Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Camariñas.
O futuro do Concello de Camariñas terá un esperanzador punto de inflexión este sábado coa APROBACIÓN PROVISIONAL do Plan Xeral de Ordenación Municipal máis coñecido como PXOM e que suporá un antes e un despois na maneira de entender hacia donde camiñará o noso Concello e, sobre todo, un paso de xigante na ordenación urbanística de Camariñas respecto ao que tiñamos anteriormente.

A SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL APROBOU A: “MEMORIA AMBIENTAL CORRESPONDENTE AO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMARIÑAS”. Esto é o paso previo para a aprobación provisionál do PXOM do Concello de Camariñas.

Páxina 2 de 2