A Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo acaba, unha vez mais de ditar sentencia favorable ao concello e á Xunta de Galicia diante do recurso de casación presentado por un veciño de Camariñas contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A xustiza volve a darlle a razón ao Concello de Camariñas en dúas sentenzas dictadas pola Sala Segunda do Contencioso-Administrativo do Tribunal da Xustiza de Galicia. Desestiman os recursos interpostos por dúas persoas contra a orde da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas sobra a aprobación do PXOM de Camariñas, e impón as costas dos recursos ós demandantes. A o longo das dúas sentenzas dálle a razón punto por punto ao Concello, (representado en estas causas polos avogados da Deputación da Coruña), e destaca o bo deseño dos técnicos que elaboraron o PXOM e a impecable actuación do Goberno Municipal defendendo sempre o interese xeral por enriba do particular. Como sinalou Pichurri, «Estas sentenzas son a proba de que o que se fixo, independentemente de que alguén se puidese sentir prexudicado a nivel particular, foron todo decisións de carácter técnico, non por intervencións políticas»

Pichurri, recorrerá todas as parroquias nos próximos dous fins de semana, para presentar os veciñas e veciños o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXÓM). Tras anos de duro traballo o pasado 26 de Decembro, a Xunta de Galicia aprobou definitivamente o PXOM de Camariñas.
Hoxe o Alcalde de Camariñas tivo unha reunión para falar sobre o PXOM cos técnicos (arquitectos, aparejadores, ingenieros...) e cos constructores. O Alcalde comezou a explicación de todo o proceso de elaboración do plan ata as aprobacións inicial, provisionais e definitiva. Recordou que xa antes da aprobación inicial mantivera a mesma reunión cos técnicos e constructores. Pichurri pedíu a colaboración de todos eles para desenvolver o plan.
O PXOM de Camariñas vai pasiño a pasiño ata a súa definitiva posta en marcha. O Xoves 17 de xaneiro o Boletín Oficial da Provincia, publicaba a Normativa e as Ordenanzas do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Camariñas. Trátase de un trámite máis para a posta en marcha definitiva do PXOM, que será segundo que se indica será 15 días despois da súa publicación. Por tanto a partir de agora xa se pode coñecer a normativa e ordenanzas premendo no seguinte enlace: PXOM DE CAMARIÑAS NO BOP. A Agrupación dos Socialistas de Camariñas estamos moi orgullosos de todo o traballo do noso grupo municipal que conseguíu sacar adiante o PXOM que rexirá o modelo urbanístico do noso concello. Un fito histórico que porá orden ó noso territorio e tranquilidade ós nosos veciños. Noraboa polo traballo ben feito COMPAÑEIROS.
Cando Galileo, para salvar a vida, tivo que renunciar publicamente ao que o seu raciocinio e as súas investigacións lle tiñan demostrado, expresou o famoso dito que da título a esta editorial: eppur si muove, é dicir: é, sen embargo, móvese.Referíase, o xenio de Pisa, a certeza astronómica de que a terra non era o centro do universo e de que solo era un planeta -un máis- dentro da cohorte de planetas que xiraban arredor do sol. Para a Inquisición aquelo era demasiado porque alteraba tódalas ensinanzas da igrexa ate ese momento.
O urbanismo é un dos asuntos mais difíciles de xestionar parar un concello, sobre todo cando existe unha cultura predeterminada na que a única lei existente era aquela de “ti vai facendo”; e o concello de Camariñas non foi unha excepción. A responsabilidade de que iso fose así é de todos, dende os equipos de goberno que prefería dicir si, cando debería dicir non,  ate o cidadán que sempre se amosou disposto a xogarse os aforros dunha vida e a tranquilidade persoal en proxectos que solo contaban co aval da “palabra” dun responsable político, pero sen a máis mínima base xurídica que o sustentase. Entre ámbolos dous extremos temos á oposición que, ou ben bendiciu estas prácticas, ou pasouse a oposición máis irresponsable sen solución de continuidade; hai, tamén, arquitectos, aparelladores, contratistas, e un número indeterminado de axentes que participan da cadea urbanística, que sempre pensaron máis nos seus intereses persoais que en buscar solucións racionais que permitisen o deseño dun modelo, onde a calidade de vida fose o primeiro, para o presente e para o futuro.
O mércores 12 de decembro as 10 da mañá, celebrarase un pleno extraordinario no salón de sesións da Casa do Concello, no que se vai a someter a votación a Aprobación Provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal, unha vez feitas as modificacións que obrigou a Xunta de Galicia.
Coma tódolos últimos venres dos meses impares celebramos un pleno ordinario no Concello de Camariñas. A Orde do Día era aprobar tres puntos, un deles moi importante, a aprobación provisional do PXOM.

 

O venres 30 de marzo vaise a celebrar un pleno no salón de sesións da Casa do Concello, no que se vai a someter a votación a Aprobación provisional do Plan Xeral, unha vez feitas as modificacións a que obrigou a Xunta.
O Plan Xeral lévase a Pleno cos informe favorables de Secretaría, Intervención e Arquitecta municipal, e unha vez aprobado, esperemos que a Xunta lle dea esta vez o visto bo, e así moita xente poda durmir tranquila o ter a súa casa dentro da legalidade, as persoas que queiran construír o fagan con seguridade xurídica, e tamén en estes momentos de crise, se lles abra novos traballos os construtores.
Tamén se aprobará unha importante obra de saneamento en Camariñas.
Páxina 1 de 2