Estimado compañeiro, estimada compañeira, o próximo día 8 de outubro, domingo, celébrase no PSdG-PSOE eleccións primarias para elixir Secretario Xeral. O centro de votación da Agrupación Socialista de Camariñas é a nosa Casa do pobo e o horario será de 12 da mañá a 20:00 horas. Aproveito para convocarte a Asemblea Extraordinaria, o xoves 11 de outubro ás 20.00 horas coa seguinte orde do día:

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu hoxe ao presidente da Xunta “que dea a cara” e que aprace as súas vacacións de Nadal porque “hai máis galegos que nunca no paro”. Así o dixo logo de constatar que Feijóo está “de vacacións” mentres en Galicia aumenta o paro “escandalosamente” e os galegos teñen menos medicamentos á súa disposición.

 

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal replica que segundo se reflicte dos pregos de condicións, a documentación que se entrega e os proxectos de execución deste vial son os mesmos que deixou feitos no seus día o Goberno Socialista.
Cualifica como “sorprende o establecemento dun prazo de execución de dous anos e tres meses para ter rematado este vial e a súa posta a disposición dos habitantes da Costa da Morte, Bergantiños e de Galicia enteira”.
Lembra que Feijoo aínda non explicou a frustración dunha adxudicación interrompida pola cheirume dun sobrecuste de 300 millóns de euros

 

Os socialistas califican de “INDECENCIA POLÍTICA” a retirada do Seguro Colectivo de accidentes no mar. Marisol Soneira critica que anuncien a subvención do seguro de responsabilidade civil “para os armadores” cando “non dispoñen de fondos ata 2011”