Este ano o Concello de Camariñas fixo unha importante inversión de obras en Xaviña: a zona recreativa do Ariño, a pavimentación da rúa nova e que une os núcleos de Cruceiro á Covadiña e a pavimentación da praza da igrexa de Xaviña. Hoxe vou falar desta última. O Alcalde de Camariñas, con moi bó criterio, ve e entende que a igrexa de Xaviña é o centro social do pobo. Ademais da súa importancia arquitectónica no entorno da igrexa está o parque infantil, a pista polideportiva e o campo de baile. É un entorno que hai que respetar e no que hai que invertir. Por iso aí se fixeron obras como foron a pavimentación do lugar do Sixto, o ancheamento e pavimentación da pista da igrexa, as beirarrúas da pista da igrexa, o arranxo do parque infantil e agora a pavimentación da plaza.

Dende hai unhas semanas os obreiros do Concello están a deixar as cunetas de Xaviña perfectas. O desbroce dos camiños é moi importante durante o verán. Retirar as molestas herbas é crucial. E pasado o verán un perfilado e vaciado das cunetas demostra ser a mellor intervención para evitar que as augas do inverno desfagan as nosas rúas. Ver así as cunetas da gusto pero tamén nos amosa a falta de renovar que teñen moitas das nosas pistas. Por ese motivo arranxamos a Rúa Nova e aprobamos un proxecto para pavimentar as rúas da Gándara, Pedrouzo e a zona da Torre. Gustaríanos facer máis e ese será o noso obxectivo. Quero agradecer a labor destes obreiros que están a facer as cunetas. É o seu traballo e estano a facer moi eficientemente. Foi un duro verán para un grupo reducido de obreiros municipais que estaban para todo (desbrozar camiños, limpar praias, montar palcos, asar, limpar despois das festas, subsanar atascos, e moito máis). Por iso ver como seguen a traballar ca mesma ansia agora nos inicios do inverno fai que este grupo municipal socialista se sinta agradecido e orgulloso.

Hai uns días o Concello de Camariñas comezou a obrar no entorno da praia e merendeiro do Ariño unha obra financiada nun 80% polo GAC. O Ariño é un lugar de gran beleza e querido polos veciños de Xaviña e todo o Concello. Nos fins de semana do verán centenares de veciños se xuntan alí para comer un churrasco por exemplo e pasar un bó día de praia ca familia. Pola semana o Ariño convértese no centro de traballo das nosas mariscadoras.