VOLVE O LORCHO DO SEU EXILIO

06 Mai 2015
Publicado en Opinión

Aquí estou de novo, meus. Fai xa muitos meses que me apartein dos asuntos mundanos xa que os meus comentarios, sempre ácidos, disque eran un pretexto para destapar o lado mais podre dos sapos e demais alimañas velenosas que tanto abundan no ciberespacio. Deixei estas páxinas, por un tempo, porque as obras no Muelle Novo non me daban un minuto de tregua e a miña ferga foise o carajo. Esta tropa pepeira por onde vai arrasa con todo! Pero tamén me apartein  esperando que algún reflexionara un chisco. Pero cá! Nin por asomo. Os sapos purulentos seguen chuspindo ponzoña fedellenta pola súa boca podre. Non o poden evitar. Está na súa naturaleza.

Que traxín no muelle novo, meus!

05 Setembro 2011
Publicado en Opinión
Aquí estou de novo, meus. Miúdo traxín había hoxe no Muelle Novo cando aínda non abrira o día. Un día precioso, por certo. Unha morea de embarcacións da 7ª lista cargadas de concursantes no campionato de pesca dende embarcación que organiza a Federación Galega de Pesca coa colaboración da Asociación de Empresarios de Camariñas e do Club Náutico. Saían todos moi ledos e con cara de avezadas xentes de mar a bordo de embarcacións de todo tamaño e condición. .