Camariñas a través da Mostra do Encaixe participará na Feira Termatalia que se celebrará desde este xoves, 24 ao domingo 27 de setembro.Para mostrar Camariñas aos 39 países e 279 expositores que estarán en Termatalia estamos a montar a Exposición do 25 Aniversario da Mostra e un stand. Neste espazo mostrarase unha selección de moda pret porter de 8 deseñadores: José Castro, Cristóbal Vidal, Ana Cabranes, Franco Quintáns, Charo Carrillo, Oky Coky, Ángela Aguerri e Alberto Neves, tocados de Chic Marelli e Janet Schulz, con pezas exclusivas de enxoval doméstico e complementos de moda realizadas pola Asociación Profesional Rendas e diverso material informativo.

O venres 25 de xaneiro, vaise a celebrar un pleno no salón de sesións da Casa do Concello; será as 8 da tarde; coa seguinte orde do día:

1. Aprobación das actas anteriores.

2. Aprobación do acordo regulador do prezo público por servizos da Mostra do Encaixe.

3. Mocións de urxencia.

4. Decretos de alcaldía e comunicacións.

5. Rogos e preguntas.

Dende a Agrupación Socialista de Camariñas, animamos a tódolos veciños, a asistir a este pleno, para comprobar en primeira persoa, o traballo que se desenrola dende o Concello de Camariñas.

 

 

A Concellería do Encaixe de Camariñas, Turismo e Comunicación segue a traballar na promoción do Encaixe de Camariñas por toda a xeografía española. En este caso a promoción do Encaixe de Camariñas foi na Comunidade Catalá.

 


Esta pasada fin de semana, dende o venres, día 27 ao domingo día 30 de abril, unha delegación de encaixeiras de Camariñas formada por Beatriz Liñeiro, palilleira da Asociación Rendas e Beatriz Dios, profesora de palillo, estivo presente en Arenis de Mar coincidindo coa 25 Diada de Puntaires.

Ambas palilleiras coinciden que a promoción-venta do Encaixe de Camariñas así como a promoción turística do Concello foi todo un éxito.

O Encaixe de Camariñas aplicado na moda, tamén estará presente en Barcelona da man do deseñador Franco Quintáns o cal presentará a súa nova colección coincidindo con Gaudí Novias

 

Jessica Costas Alonso, coa colección “Ídem” recibiu o primeiro premio do concurso de noveis deseñadores.
A Mostra do Encaixe de Camariñas continúa sendo un éxito en afluencia de público en Semana Santa. Preto de 17.300 visitantes pasaron pola feira durante os últimos cincos días, cifras representativas da calidade de unha Mostra que segue marcando a diferenza e manténdose como referencia do Encaixe a nivel internacional.

 


“Aínda que foi a Mostra que contou coa metade de recursos económicos que o ano anterior, a creatividade e o bo facer das persoas comprometidas co noso Encaixe, fixeron que un ano máis as persoas escolleran a Mostra do Encaixe como visita obrigada na Semana Santa da Costa da Morte.” Explica a concelleira delegada da Mostra do Encaixe, Sandra Ínsua, que se amosou visiblemente contenta cos resultados.
Durante o último día da feira, continuaron as demostracións en vivo da Escola infantil de palillo, da Escola municipal de Deseño e das palilleiras consagradas que fixeron de Camariñas, a capital do Encaixe. As 12 do mediodía procedeuse a entrega de agasallos “Coats” ás palilleiras máis novas do concello, as que continuarán cunha tradición centenaria, aportando modernidade e promovendo unha cultura única a través do traballo artesán. O alcalde camariñán, Manuel Valeriano Alonso, convidou aos pais e nais a motivar ás súas fillas a aprender a palillar, xa que segundo el, o Encaixe de Camariñas “non só é tradición, senón tamén economía e supervivencia.”

PREMIOS DO CONCURSO DE XOVES DESEÑADORES
Por a tarde coñecíase o nome dos gañadores do XIX concurso de Deseñadores Noveis. Os tres primeiros premios resultaron do fallo dun xurado profesional formado polas deseñadoras e deseñadores, Charo Carrillo, Ana Cabranes, Jose Matteos, Cristóbal Vidal e  Franco Quintáns.
A viguesa Jessica Costas Alonso, gañou o primeiro premio valorado en 2.104€ coa colección “Ídem”, un traballo pensando en clave de Encaixe e inspirado en pezas tan galegas como os orixinais e elegantes chuvasqueiros transparentes que combinaban con prendas brancas e rosadas.
En segundo lugar quedaron as deseñadoras Raquel Sousa, Olalla Varela e Alba Vázquez, tres novos talentos de Ourense (grupo A) que presentaron “Vingt ans”, unha pasarela contemporánea, baseada en vestidos negros longos de raso, de corte ancho e de  impresionantes escotes de costas, resaltados con Encaixe de Camariñas. O valor do segundo premio é de 1.202 euros aportados por Frigoríficos de Camariñas S.L
E o terceiro posto foi para Lola Contreras Moreno, de Granada (grupo B) polo seu traballo “Los Caprichos de Atenea”, unha creatividade pensada en branco e baseada no romanticismo e o lado máis suxerinte da muller. O premio foi de 601€ co patrocinio da  Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.
O recoñecemento do público tamén foi para o granadino, Rafael Núñez Rodríguez, cun premio financiado polo Grupo Correo Gallego.

DELEGACIÓNS INTERNACIONAIS
A nova edición da Mostra foi unha das máis internacionais dos últimos anos, contando con presenza de 12 delegacións procedentes de Rusia, Inglaterra, Francia, Suiza, Portugal, Italia, Bélxica, Bulgaria e Polonia. A través do seu traballo os visitantes puideron coñecer  as distintas maneiras de palillar e as peculiaridades dos diferentes encaixes do mundo. Unha das que máis chamou a atención foi a delegación de Moscú (Rusia), integrada por cinco palilleiras que fixeron demostracións vestidas cos seus traxes típicos.

ACTO DE CLAUSURA
Sandra foi a encargada de clausurar a XXII Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que fai un balance moi positivo da feira e quen, no seu discurso, pediu o apoio das administracións autonómicas para continuar promovendo un dos principais activos económicos de Camariñas. Referiuse aos 22 anos da Mostra facendo unha analoxía coa idade de un adulto recente. “ Sabemos que a adultez xóven, as veces é incomprendida, é unha etapa de re descubrimento, de aprendizaxe que debe estar acompañada de todos aqueles que confían nun, de tódalas persas que poden orientar e que se comprometen para que os proxectos saian adiante”. Con esta comparación fixo unha chamada de atención para que o goberno autonómico e estatal non continúe reducindo o orzamento destinado á Mostra. “ Non se pode criar un fillo e deixalo cando chega a maioría de idade. Por moi difícil que se presente o porvir, un sempre se mantén ao carón do que quere, apostando polo seu futuro e axudándolle para que siga polo bo camiño.”
A Delegada da Mostra rematou a súa intervención agradecendo a tódalas persoas, institucións e organizacións que fixeron que a nova edición obtivera o éxito acadado. Tamén se comprometeu a defender o traballo conseguido polos seus predecesores Marisol, Alonso e Sergio, e asegurou que “por moi torcidos que se presenten os camiños, loitarei para que a Mostra do Encaixe de Camariñas non desapareza”.


 

Señor Subdelegado do Goberno de España, Señora Presidenta da Fundación de Artesanía da Xunta de Galicia, Señoras Deputadas, Señores Deputados, Alcaldes, Alcaldesas, Concelleiros, Concelleiras, Autoridades, Delegacións estranxeiras, Expositores, Señoras e Señores, benvidos a XXII MOSTRA INTERNACIONAL DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS, benvidos a Camariñas.
A XXII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas comezará hoxe a partires das 15:00 cando abra as súas portas ao público, aínda que o acto oficial de inauguración está previsto para as 17:00 horas.
Bo día teñades todos e todas, meus. Nótase ambientiño pola vila. O tempo soleado, que non bo, e a próxima Semana Santa animan a xente a vir a Camariñas a vivir a Festa do Encaixe. Si señor, e xa van ... vintadúas edicións!! Quen llo ía a contar á Soneira cando empezou con ela!!.
O artista galego Antón Sobral participará na mesa redonda que se realizará na xuntanza do voluntariado galego o vindeiro 5 de abril na Mostra do Encaixe de Camariñas. Unha nova edición da feira que estará dedicada á Marea Branca, con motivo do décimo aniversario do afundimento do Prestige.

Unha empresa galega podería presentar o produto na Zona de Ocio e degustación gastronómica da Mostra Camariñas 24 de marzo de 2012:

Unha das grandes novidades da XXII Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará do 4 ó 8 de abril será a Zona de Ocio destinada a degustación gastronómica e obradoiros infantís. Un espazo que contará con preto de 255 m² onde se poderá degustar distintos tipos de pan e derivados, filloas, embutidos nacionais e de porco celta. Tamén haberá licores e un espazo para a repostería onde se poderá atopar dende ‘torta de Santiago’  ata biscoitos con forma de Encaixe de Camariñas.
Rusia, Suiza e Brasil darán a coñecer por primeira vez o seu traballo na Capital do Encaixe. A XXII Mostra do Encaixe de Camariñas que se celebrará do 4 ó 8 de abril contará coa presenza de 14 delegacións internacionais chegadas dende puntos tan dispares como Rusia ou Brasil. A concelleira delegada da Mostra, Sandra Insua refírese ao “Encontro Internacional do Encaixe” por ser un espazo no que se dan cita artesáns e institucións de diversas partes do mundo que traballan para por en valor unha artesanía tan antiga como o é o encaixe de ‘bolillos’.
Páxina 1 de 2