Esta frase de Pablo  Iglesias, o fundador do PSOE, define perfectamente á Sra. Maruja que hoxe acaba de deixarnos para seguir sementando socialismo alí por onde se atope. Os socialistas  tratámonos de compañeiros e de ti,  pero a Maruja da Cotarra sempre lle chamamos Sra. Maruja e xa ninguén tiña dúbidas de a quen nos referíamos. Porque Maruja era unha SEÑORA con maiúsculas.

Maruja da Cotarra como todo o mundo a coñece en Camariñas,e unha muller loitadora que traballou toda a sua vida para sacar adiante a sua familia. Muller de carácter e socialista ata a medula,Señora Maruja levou unha gran alegria cando o Domingo o rematar o mitin Pachi Vazquez,candidato do PSOE a visitou na sua casa. Cando imos a facerlle a entrevista na sua casa,xa casi non fai falta nin facerlle preguntas, ela empezanos a falar da sua vida, con unha memoria envidiable...