×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 89
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira quere coñecer entre outros asuntos, “si a reinstalación anunciada vai a realizarse nun espacio natural?. E tamén “en que condicións biolóxicas, medioambientais e legais?

 

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou que rexistrara unha iniciativa na Cámara Autonómica para reclamar explicacións sobre o sistema de reinstalación de moluscos procedentes de zonas C
Sinala que segundo as novas publicadas “este sistema vai a permitir poñer no mercado 450 toneladas de molusco óptimos para o consumo mediante un sistema de reinstalación que contempla tódolos pasos dende a recollida dos moluscos na lonxa das confrarías de orixe ate o seu retorno”.
Advirte que diante destas novas e vista a contestación e contradiccións entre o que transmite a propia Consellería do Mar e algunhas das confrarías mais afectadas, Soneira quere coñecer entre outros asuntos;

  • Onde se fai a reinstalación anunciada, nun espacio natural? En instalacións en terra? En que condicións biolóxicas, medioambientais e legais?
  • O proceso anunciado, canto dura? Quen traslada os moluscos dende o punto de venda ate o reasentamento, e viceversa?
  • Os moluscos “reasentados” a que mercado irían destinados logo do seu tratamento?
  • De quen é a propiedade dos moluscos en cuestión, dos mariscadores ou dos compradores en lonxa?
  • Cal foi o resultado obtido pola Sra. Conselleira das xestións feitas diante da UE para autorizar unha depuración intensiva destes productos e permitir a súa comercialización en fresco?

 

O pasado día 16 lin na Voz de Galicia un artigo no que se falaba do bo prezo que se estaba obtendo polo polbo. A razón deste bo prezo afirmaban que era polo esgotamento dos caladoiros de fóra de Galicia. Esta circunstancia, allea as políticas da Consellería do Mar, fixo que os mariñeiros que o ano pasado subsistían ca pesca do polbo, este ano podan vivir dignamente del.
Quen é mais igual Señora Conselleira as mariscadoras de mais de 65 anos que non teñen dereito a esta axuda, ou os medios de comunicación que cobraron da súa Consellería perto de 3 millóns de euros na organización de campañas informativas?”

 

OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE O PP REXEITE UN PLAN DE MELLORA DA PRODUCIÓN DE BIVALVOS IMPEDINDO O GRAN SALTO CUALITATIVO DO MARISQUEO


Marisol Soneira sinala que aplicar medidas para reducir a mortalidade de crías entre un 5 e un 15 por cento duplicaría a produción de berberecho e ameixa

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 10. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, lamentou hoxe o voto en contra do PP a unha iniciativa socialista para que a Xunta deseñe un programa de desenvolvemento, explotación e mellora da actividade marisqueira. O PP desbotou na Comisión de Pesca aplicar medidas para “dar o gran salto cualitativo na produción marisqueira”.

Páxina 2 de 2