OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE O PP REXEITE UN PLAN DE MELLORA DA PRODUCIÓN DE BIVALVOS IMPEDINDO O GRAN SALTO CUALITATIVO DO MARISQUEO


Marisol Soneira sinala que aplicar medidas para reducir a mortalidade de crías entre un 5 e un 15 por cento duplicaría a produción de berberecho e ameixa

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 10. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, lamentou hoxe o voto en contra do PP a unha iniciativa socialista para que a Xunta deseñe un programa de desenvolvemento, explotación e mellora da actividade marisqueira. O PP desbotou na Comisión de Pesca aplicar medidas para “dar o gran salto cualitativo na produción marisqueira”.

O Seguro Colectivo de Accidentes no Mar foi promovido, nos anos noventa, polo Conselleiro Enrique López Veiga e mellorado substancialmente pola Conselleira Carmen Gallego durante o período de Goberno Bipartito.
Páxina 5 de 5