A deputada do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira advirte que xa se ten cumprido o prazo dado ao Goberno para que realizase o estudo e catalogación do conxunto da obra deste artista sen que, ate o de agora, teñamos noticia algunha do cumprimento deste mandato da Cámara de soberanía do pobo galego

 

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira quere coñecer, entre outros asuntos, cantos recursos dedica a Xunta de Galicia á persecución, detección e prevención do furtivismo? cantos deles van directamente ás confrarías e ás agrupacións de mariscadores?

 

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira asegurou que a consellería do Mar “é a expresión máxima dun modelo de facer política que se caracteriza pola improvisación, pola carencia de proxecto e de modelo,  pola volta a fórmulas de fai décadas e pola salmodia dun mantra  permanente: “a culpa é do bipartito” ou do goberno central”

Dixo tamén que hai unha “falla total de liderazgo e de peso político da conselleira, a supeditación das políticas da consellería aos intereses orgánicos do Partido Popular”

Denuncia que as principais confrarías afectadas por amplas zonas de zona “C” están radicalmente en contra; as empresas acuícolas están en contra, o PP da Mariña está en contra, as confrarías da Mariña están en contra. E por riba o Presidente da Xunta di que se está avaliando se Morás é o lugar idóneo


A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira pediu hoxe, en rolda de prensa, o cese da Conselleira do Mar, Rosa Quintana. A deputada socialista cualificou a xestión da Conselleira da reinstalación do marisco procedente de zonas C como “absolutamente patética”. Anunciou ademais que rexistrou unha batería de 14 iniciativas parlamentarias (4 preguntas en Comisión, 2 Proposicións, 3 interpelacións, 2 comparecencias e 3 preguntas en Pleno) nas que reclama explicacións sobre ese asunto.

Mais polo miúdo a portavoz de Pesca criticou a política pesqueira do Goberno de Feijoo. Asegurou que a consellería do Mar “é a expresión máxima dun modelo de facer política que se caracteriza pola improvisación, pola carencia de proxecto e de modelo,  pola volta a fórmulas de fai décadas e pola salmodia dun mantra  permanente: “a culpa é do bipartito” ou do goberno central”. Ademais criticou a política de nomeamentos da Xunta “onde primaron mais as afinidades persoais que a capacidade das persoas”, expuxo.

Dixo tamén que hai unha “falla total de liderazgo e de peso político da conselleira, a supeditación das políticas da consellería aos intereses orgánicos do Partido Popular”, e tamén “dependencia de Rosa Quintana de determinados poderes sectoriais, empresariais e sociais que fai que nos atopemos cun patético cadro que tivo a súa máxima expresión no tour que ten feito unha batea, nestes días, pola mariña de Lugo”. E incluso comparou este tour como o filme de paseando a Miss Daisy.

Os fitos pesqueiros do Goberno de Feijoo

Soneira tamén enumerou “os fitos” da política pesqueira de Feijoo. Na súa intervención aludiu a supresión da base de salvamento marítimo, prevista polo Goberno Touriño en Lires (Cee), e tamén a compra dun helicóptero de salvamento para a mesma cando xa estaba licitada a adquisición. Ademais lembrou que nestes intres “é o Goberno de Zapatero o que está executando as obras en na Costa da Morte e é quen ten licitado a adquisición dun helicóptero de altas prestacións”.

Criticou ademais que continuou modificando a Lei de Pesca, realizada na pasada lexislatura, que, entre outras cousas, permitía as concesións administrativas para que as mariscadoras puidesen dar o salto cualitativo que lles permitiría pasar a constituír cooperativas e xestionar os seus recursos dende un enfoque empresarial moderno e innovador.

Denunciou que emprendeu unha cruzada contra o furtivismo que, ate hoxe, solo acadou un maior número de incautacións de aparellos.

Suprimiu o Seguro Colectivo de Accidentes deixando tiradas a 30.000 persoas durante os meses de outono e inverno da pasada campaña. A solución estrela foi dar subvencións de entre 8 e 20 euros para contratar seguros individuais, polo que custa mais o trámite administrativo que a subvención concedida.

Asegurou tamén que a súa política “de procura de “amigos” en Europa para que defendesen as nosas posicións en materias tan diversas como o método analítico para a detección das biotoxinas, ou a reforma da Política Común de Pesca, “acabaron no mais estrepitosos dos fracasos e con consecuencias aínda non cuantificadas”. Ademais revela que este asunto “ten especial importancia, polo que ten acontecido estes días, teñen as xestións que pretendían unha moratoria da UE para a liberación das zonas “C” de producción de bivalvos, e vimos que o asunto acabou en esperpento e sainete”, ironizou.

Tamén lembrou a famosa Goleta que pasou de ser “estratéxica” para Galicia a suprimirse sen mais explicación.

E por último lembrou o episodio do cese do Presidente do Ente Público Portos de Galicia, onde á Conselleira Rosa Quintana colocaronlle a unha persoa do círculos de confianza e de amizades perigosas que ten Rafael Louzán.

Ademais aludiu as dúas medidas estrela anunciadas pola Conselleira do Mar este mesmo mes “unha Orde, para o acceso o permex das mariscadoras a pé, que -segundo ela- é todo un compendio de virtudes en favor das mulleres mariscadoras, xunto con  dúas Ordes polas que crea novas zonas de producción de moluscos bivalvos”. Soneira cualificou a primeira medida como “o maior atentado contra a igualdade da muller no traballo que se ten producido por un goberno”.

Planta de Morás (Xove)
Sobre o caso do reasentamento de bivalvos en Morás dixo que esta xestión “esta dentro do surrealismo”. Argumenta que primeiro márcase unha zona, cualificada como “A” en Morás (Xove) a onde se deberán trasladar 450 toneladas de bivalvos para que alí, durante dous meses, se liberen das bacterias e outros microorganismos nocivos para a saúde e poidan ser comercializados en fresco. Sinala que no proceso inicial hai unha mortandade, nos primeiros cinco días, do 40% da ameixa fina trasladada. Os biólogos consultados aseguran que, ao longo dos distintos traslados e do período de reasentamento, os niveis nesta especie poden chegar o 60-70%. Denuncia que as principais confrarías afectadas por amplas zonas de zona “C” están radicalmente en contra; as empresas acuícolas están en contra, o PP da mariña está en contra, as confrarías da Mariña están en contra. E por riba o Presidente da Xunta di que se está avaliando se Morás é o lugar idóneo.

Replica ademais que durante todo un día “un barco do servicio de Gardacostas estivo paseando de aquí para alí unha batea, onde, teoricamente había que depositar os bivalvos procedentes de zonas “C” de toda Galicia que acabou en Lorbé”, e denuncia que mentres os furtivos tiveron barra libre en moitos lugares da Costa, xa que os medios encargados da súa persecución estaban “paseando a Miss Batea”.

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE O 40% DA AMEIXA FINA QUE SE TRASLADOU AO NOVO ASENTAMENTO DE MORÁS (XOVE) MORRE NOS PRIMEIROS 5 DIAS
-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira cualificou esta decisión “de auténtico despropósito”, e de “ocorrencia”
- Dixo “que si as principais confrarías afectadas non están de acordo, si as empresas acuícolas da zona tampouco, si os depuradores non acaban de ver a bondade de semellante ocorrencia, que intereses moven a Xunta de Galicia a meterse neste rocambolesco asunto”
- A deputada emprazou ao Goberno de Feijoo “a abordar dunha vez por todas os graves problemas de contaminación que sofren as nosas rías”

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou que rexistrou unha petición de comparecencia parlamentaria da Conselleira do Mar para que de explicacións sobre as razóns polas que tomou a decisión de reinstalar os moluscos procedentes de zonas "C" en Morás (Xove), e en que mellora esta medida a saúde medioambiental das nosas rías afectadas por contaminación, a creación de emprego e a renda das mariscadoras e dos mariscadores.

Soneira cualificou esta decisión “de auténtico despropósito”, e de “ocorrencia”.
Advirte que o Grupo Parlamentario Socialista Político dispón de información, na que se pode constatar “que o 40% da ameixa fina     que se trasladou o novo asentamento de Xove morre nos primeiros cinco días”.
E preguntouse “en que quedaron as roldas de prensa e os anuncios medíaticos dos Conselleiros Rosa Quintana e de Agustín Hernández comprometéndose a sanear integralmente as rías galegas?”, replicou. E insistiu nas súas criticas “que foi das xestións que ía facer diante da Comisaria Damanaki para que a UE autorizase a comercialización dos bivalvos de zona C, previa a súa depuración”, proclamou a deputada.

A portavoz de Pesca dixo “que si as principais confrarías afectadas non están de acordo, si as empresas acuícolas da zona tampouco, si os depuradores non acaban de ver a bondade de semellante ocorrencia, que intereses moven a Xunta de Galicia a meterse neste rocambolesco asunto”, espetou.


Plan de saneamento integral
A deputada emprazou ao Goberno de Feijoo “a abordar dunha vez por todas os graves problemas de contaminación que sofren as nosas rías, xa que non teñen capacidade algunha de iniciativa”. E pediulle que rescate “o Plan de Saneamento Integral das rías deseñado por Pachi Vázquez na pasada lexislatura” .
E resumiu “ou solucionan este problema, agora que aínda temos fondos europeos, ou corremos o risco de que as zonas “C” non solo non se reduzan se non que vaian en aumento”.

Iniciativas Parlamentarias
Por ultimo lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista xa presentou diversas iniciativas no Parlamento para que a Conselleira dea explicacións sobre esta “ocorrencia”, e para que explique as razóns que a levaron a por en práctica esta iniciativa que non vai a contribuír a solucionar os problemas de contaminación das rías nin a mellorar as condicións de traballo dos mariscadores.

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira quere coñecer entre outros asuntos, “si a reinstalación anunciada vai a realizarse nun espacio natural?. E tamén “en que condicións biolóxicas, medioambientais e legais?

 

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou que rexistrara unha iniciativa na Cámara Autonómica para reclamar explicacións sobre o sistema de reinstalación de moluscos procedentes de zonas C
Sinala que segundo as novas publicadas “este sistema vai a permitir poñer no mercado 450 toneladas de molusco óptimos para o consumo mediante un sistema de reinstalación que contempla tódolos pasos dende a recollida dos moluscos na lonxa das confrarías de orixe ate o seu retorno”.
Advirte que diante destas novas e vista a contestación e contradiccións entre o que transmite a propia Consellería do Mar e algunhas das confrarías mais afectadas, Soneira quere coñecer entre outros asuntos;

  • Onde se fai a reinstalación anunciada, nun espacio natural? En instalacións en terra? En que condicións biolóxicas, medioambientais e legais?
  • O proceso anunciado, canto dura? Quen traslada os moluscos dende o punto de venda ate o reasentamento, e viceversa?
  • Os moluscos “reasentados” a que mercado irían destinados logo do seu tratamento?
  • De quen é a propiedade dos moluscos en cuestión, dos mariscadores ou dos compradores en lonxa?
  • Cal foi o resultado obtido pola Sra. Conselleira das xestións feitas diante da UE para autorizar unha depuración intensiva destes productos e permitir a súa comercialización en fresco?

 

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira di que a baixa deste volume de crédito é a certificación do fracaso, da incapacidade e da falta de liderado social
Subliña que entre a propaganda oficial e a realidade existe toda unha marxe de ineficiencia,  e de irresponsabilidade gravísima na actual conxuntura económica e laboral
O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu hoxe ao presidente da Xunta “que dea a cara” e que aprace as súas vacacións de Nadal porque “hai máis galegos que nunca no paro”. Así o dixo logo de constatar que Feijóo está “de vacacións” mentres en Galicia aumenta o paro “escandalosamente” e os galegos teñen menos medicamentos á súa disposición.

 

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal replica que segundo se reflicte dos pregos de condicións, a documentación que se entrega e os proxectos de execución deste vial son os mesmos que deixou feitos no seus día o Goberno Socialista.
Cualifica como “sorprende o establecemento dun prazo de execución de dous anos e tres meses para ter rematado este vial e a súa posta a disposición dos habitantes da Costa da Morte, Bergantiños e de Galicia enteira”.
Lembra que Feijoo aínda non explicou a frustración dunha adxudicación interrompida pola cheirume dun sobrecuste de 300 millóns de euros

 

OS SOCIALISTAS DE GALICIA PRESENTAN UNHA EMENDA OS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA 2011, DEMANDANDO O SANEAMENTO INTEGRAL DA PARROQUIA DE XAVIÑA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS.
Os socialistas califican de “INDECENCIA POLÍTICA” a retirada do Seguro Colectivo de accidentes no mar. Marisol Soneira critica que anuncien a subvención do seguro de responsabilidade civil “para os armadores” cando “non dispoñen de fondos ata 2011”
Páxina 4 de 5