A deputada socialista Marisol Soneira presentou no Parlamento a situación dos traballadores e traballadoras das antigas caixas de aforro galegas que se viron afectados na Costa da Morte polos ERE aos que se acolleron as entidades.

Boas novas que recoñecen o gran traballo que desde Camariñas está a realizar a agrupación socialista do noso concello. O concelleiro camariñán Juan Carlos Canosa Marcote foi incluído, como suplente, na lista dos socialistas coruñeses ao Senado, aprobada hoxe no Comité Federal do Partido Socialista Obrero Español. Xunto con Juan Carlos Canos a concelleira de Vimianzo, Paula Mouzo Maceiras, figura igualmente como suplente á lista do Congreso.

Marisol Soneira critica que a Xunta “só ofrece engano e manipulación, repago polos servizos públicos, suba de impostos e emigración como única saída laboral”

OS SOCIALISTAS ACUSAN A FEIJÓO DE “MENTIR E ENGANAR” Á COSTA DA MORTE AO PARALIZAR AS OBRAS DA AUTOVÍA. Marisol Soneira salienta que “logo de reiniciar a licitación por 205 millóns de euros mais e 5 anos menos de concesión” hoxe “non hai financiamento nin actividade”.

Marisol Soneira acusou hoxe a Feijóo de “mentir e enganar” aos veciños e alcaldes da Costa da Morte ao ter paralizadas as obras da autovía da Costa da Morte. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a paralización das obras desta infraestrutura, que foi presentada no Pleno do Parlamento de hoxe.

Soneira dixo que “non hai financiamento nin actividade e non se sabe cándo se retomarán as obras” dunha concesión que, logo de ter sido licitada polo goberno socialista, Feijóo decidiu paralizar e reiniciar “para concedérllela á mesma empresa por 205 millóns de euros mais e cinco anos menos de concesión”.

A parlamentaria socialista apuntou que, malia ao compromiso de ter finalizada a autovía no verán de 2013, a realidade é que “as máquinas están paradas” dende fai 6 meses poro unha suposta falla de financiamento da empresa. Subliñou que no seu lugar “están medrando os pinos, hai escorrentías e os veciños teñen anegados os cauces e os camiños, imposibilitando o acceso ás propiedades”.

Advertiu que o goberno galego “non da garantías de continuar coas obras, xa que recoñece que a empresa segue sen resolver os problemas de financiamento”. Logo do debate, dixo que a Xunta “recoñece que a decisión de rescindir a primeira concesión foi sectaria e temeraria porque a empresa ten agora os mesmos problemas de financiamento que antes”.

Ademais, anunciou que a empresa “ten a intención de renunciar a executar todo o tramo da autovía, xa que pretende priorizar o tramo Carballo – Baio, deixando o tramo Baio – Berdoias “para cando as circunstancias o permitan”.

1.666,66 euros é a inversión que vai facer a Xunta do PP, no Concello de Camariñas, tal como aparece na única partida dos Orzamentos para o 2013 a cal denominan “Desenvolvemento sostible zonas costeiras concello de Camariñas”.
Nace en Sta. Mariña,  Camariñas, en 1954 nunha familia de mariñeiros e labradores. Durante moitos anos convive coa súa avoa paterna que exerceu unha profunda influencia sobre ela, e que marca a súa visión do mundo en que vive e da sociedade en xeral.  Na súa familia a emigración deixa profundas marcas. Tres tíos paternos emigran e morren na Arxentina e o seu pai toma, tamén, o camiño do exilio económica cara Holanda primeiro, e posteriormente cara Suiza. Este período, a emigración do seu pai,  víveo interna no colexio Nuestra Señora dos Remedios de Santiago de Compostela, rexido por relixiosas de San Vicente de Paul onde adquire fortes conviccións morais pero que transforman o seu escaso bagaxe relixioso en puro agnosticismo.
A nosa Compañeira Marisol acaba de ser elixida Vicepresidenta 2ª da Mesa do Parlamento de Galicia. Este é un posto de gran importancia e responsabilidade dentro do funcionamento da institución máis importante de Galicia: O Parlamento. Esta mesa compartida por cinco deputados autonómicos (3 do PP e 2 do PSdeG-PSOE) está encabezada pola Presidenta do Parlamento á cal complementarán os catro deputados con un peso importantísimo nos seus respectivos grupos.

MITIN DE PACHI VAZQUEZ EN CAMARIÑAS

12 Outubro 2012
Publicado en Galicia
O domingo 14 de outubro ás 8 da tarde celebrarase o Mitin Central do PSdeG-PSOE da Costa da Morte na Casa de Pedra en Camariñas coa presencia destacada de Pachi Vázquez, candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia. Xa vimos como o actual Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo nos toma o pelo ós camariñáns sin concedernos nin siquera unha visita para explicar polo menos canto baixará as pensións dos nosos xubilados si gaña estas eleccións. Debe de ser que está máis preocupado por Andalucía ou por non salir na foto con algún representante do PP de Camariñas. Os socialistas traemos ó noso candidato a Presidente aquí para que explique o seu proxecto persoalmente ós nosos veciños. É este un recoñecemento dende o PSdeG a toda a agrupación socialista de Camariñas polo gran traballo que está a realizar en estes anos de crisis e recortes do PP tanto a nivel estatal como autonómico.

Os socialistas de Camariñas queren invitar a tódalas persoas do noso concello e da Costa da Morte a asistir a este importantísimo mitin onde Pachi Vázquez xunto os nosos compañeiros socialistas de Camariñas expoñerán as alternativas ós graves recortes sociais xa realizados por Feijoo e Rajoy e á baixada de pensións que impoñerán este ano o goberno do PP sempre e cando os cidadáns llo permitamos.

PEGADA DE CARTEIS

04 Outubro 2012
Publicado en Galicia
O venres 5 de Outubro realizaremos a tradicional pegada de carteis.

 

A nosa compañeira Marisol Soneira estará na candidatura do PSdG-PSOE nas próximas eleccións autonómicas no número 5 da lista

 


Aínda que na prensa estes días xa se daba por feito, nos somos respectuosos cos procesos orgánicos do noso Gran Partido, e informamos unha vez que no día de onte, o Comité Federal de Listas, aprobou definitivamente as listas das próximas eleccións autonómicas.

A lista na provincia de A Coruña, estará encabezada por Fran Caamaño, Marisol Soneira logo de realizar un excelente e abundante traballo no Parlamento de Galicia pasa do número 7 (posto no que concorreu nas últimas eleccións) ao número 5.

Coa presenza de Marisol nas listas, recoñecese o poder político da Costa de Morte. Poder gañado ano a ano coas vitorias electorais. En esta comarca, o PSdG-PSOE, ten 4 alcaldes e os seus concelleiros son decisivos en outro dous concellos. Ademais foi na Costa da Morte onde o PP sufriu o revés mais importante nas eleccións municipais.

Pois ben, moito que lle pese a algúns, unha vez máis, e xa van moitas, o Socialismo Camariñán e recoñecido, respectado e valorado en toda Galicia.

Estas elección son decisivas para Galicia e para España, o PP está gobernando en clave electoral, igual que fixo nas eleccións Andaluzas e Asturianas, deixa as decisión dolorosas para despois das eleccións.

Si gaña o PP, o que virá será moi duro, xa están falando de baixar as pensións e empeorar a sanidade quitando as mamografías e outras probas.

Si os galegos paramos a Feijóo, pararemos o goberno incompetente, inútil e insolidario de Rajoy.

 

Páxina 1 de 5