A OBRA DE MAN NO MUSEO REINA SOFÍA

24 Febreiro 2016
Publicado en Cultura

Mañá na 17ª Xornada de Conservación de Arte Contemporánea en Madrid, organizada polo Departamento de Conservación-Restauración do Museo Reina Sofía, Carmen Hermo falará sobre a recuperación e posta en valor da obra-legado de Man.

A Deputación de A Coruña, ven de conceder o Concello de Camariñas unha subvención nominativa para o financiamento da obra de Recuperación da Casa de Man de Camelle. A contía das obras será de 25.000 euros dos cales 20.000 son da Deputación e o Concello de Camariñas aporta os 5,000 restantes. 

La Fundación Man, se pone en comunicación con todos vosotros con motivo de los Premios Mestre Mateo.

 

O vindeiro martes, 28 de decembro data do pasamento de Manfred, estrearase en Camelle, na casa de cultura as 19:30, o documental "Man, home sen paz", producido e dirixido por Simón Vázquez e David Formoso. O film dura 72 minutos, e da unha triple visión de Man. Por unha banda o que opinan del os seus veciños e amigos, por outra o que pensan os entendidos en arte (Juan Creus, Antón Castro, Antón Sobral, Carmen Hermo ....) e por último o que opinaba o propio Man sobre determinados aspectos na sua vida.

Man, está na túa man

24 Novembro 2010
Publicado en Cultura

O Concello de Camariñas en colaboración ca Fundación Man de Camelle está a artellar un encontro para o vindeiro 18 de decembro no que se aproveitará para recordar o pasamento do Alemán de Camelle (oito anos dende a súa morte), reproducir un documental adicado a súa figura “Man, home sen paz” e facer un debate-mesa redonda sobre as actuacións no museo-casa do alemán, expoñer os datos e informar do acontecido estes derradeiros meses ca Fundación.