Dende hai unhas semanas os obreiros do Concello están a deixar as cunetas de Xaviña perfectas. O desbroce dos camiños é moi importante durante o verán. Retirar as molestas herbas é crucial. E pasado o verán un perfilado e vaciado das cunetas demostra ser a mellor intervención para evitar que as augas do inverno desfagan as nosas rúas. Ver así as cunetas da gusto pero tamén nos amosa a falta de renovar que teñen moitas das nosas pistas. Por ese motivo arranxamos a Rúa Nova e aprobamos un proxecto para pavimentar as rúas da Gándara, Pedrouzo e a zona da Torre. Gustaríanos facer máis e ese será o noso obxectivo. Quero agradecer a labor destes obreiros que están a facer as cunetas. É o seu traballo e estano a facer moi eficientemente. Foi un duro verán para un grupo reducido de obreiros municipais que estaban para todo (desbrozar camiños, limpar praias, montar palcos, asar, limpar despois das festas, subsanar atascos, e moito máis). Por iso ver como seguen a traballar ca mesma ansia agora nos inicios do inverno fai que este grupo municipal socialista se sinta agradecido e orgulloso.