A OBRA DE MAN NO MUSEO REINA SOFÍA

24 Febreiro 2016
Publicado en Cultura

Mañá na 17ª Xornada de Conservación de Arte Contemporánea en Madrid, organizada polo Departamento de Conservación-Restauración do Museo Reina Sofía, Carmen Hermo falará sobre a recuperación e posta en valor da obra-legado de Man.

Mentras o Presidente da Xunta de Galicia, esto é de tódolos galegos e galegas desprecia e humilla a todolos veciños dun concello como o de Camariñas e a toda a Costa da Morte dende os socialistas de Camariñas seguimos a traballar en favor da nosa terra e a prol de conservar o patrimonio de todos os nosos concidadáns. Así este sábado 25 de xaneiro a Asociación SOS-Monuments (www.sos-monuments.org), que ten como finalidade a defensa e protección do patrimonio, entre a súas actividades, outorgou un recoñecemento á Fundación Man de Camelle pola súa laboura na conservación do legado do Alemán de Camelle. Esta asociación conta coa concesión anual duns recoñecementos simbólicos que denominan “Admiraciones”.  Estas “Admiraciones” son concedidas pola labor destacada na conservación do patrimonio, (Admiración Positiva), ou ben a mala defensa do patrimonio, (Admiración negativa).