A Comisión Institucional do Parlamento aprobou  unha Proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedir a reforma da Lei de Réxime Electoral co obxectivo de garantir un dereito constitucional e establecer as máximas garantías no voto dos emigrantes galegos no exterior. Soneira lembrou que logo das “trabas administrativas” aplicadas nos últimos procesos electorais fan do dereito ao voto unha “misión imposible”, e como mostra sinalou que o índice de participación pasou en poucos anos de superar o 30 por cento a situarse por debaixo do 5 por cento. Estas reformas, engadiu, “introduciron obstáculos administrativos de carácter insuperable na maioría dos casos”.

A parlamentaria Camariñá Marisol Soneira interveu no debate da toma en consideración de unha Proposición de Lei para modificar a LOREG celebrado no Congreso dos DEPUTADOS. O PSOE considera imprescindible unha modificación urxente da LOREG para garantir a participación electoral dos emigrantes españois. O PSOE votou favorablemente para posibilitar o voto en urna dos cidadáns españois residentes no exterior.